Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Ferrol: á UPG atrangantóuselle

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Ferrol: á UPG atrangantóuselle

Ferrol: á UPG atrangantóuselle

O secreterario comarcal da CIG é a maior preocupacion da UPG, forzar a súa dimisión é unha obsesión persoal do "Coronel" que polo seu talante impetuoso, non asume que Pintos montaralle un órdago que deixa en evidencia a súa presumida autoridade. O nervosismo reinante nas filas upegallas pon ao descuberto a verdadeira identidade desta formación, a democracia de linea branca coa que disfrazan as súas formas nesta ocasión deixou ao decubierto ao ferreo stalinismo que lles inspira

Enviada por ontoria1 ontoria1 o 23/05/2009 18:17
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Dedúcese, é algo palpable, que a UPG, é dicir ,a corrente marxista do BNG non perdoe a Pintos a súa decisión de concorrer ás eleccións do sindicato enfrentadose á candidatura apadriñada por esta corrente que encabezaba Emilio Cagiao.

O incombustible “Coronel” afeito a impor a súa autoridade aos seus dóciles camaradas, non soportou que no seu Ferrol natal, un sindicalista díscolo puxéselle en evidencia desatendendo as súas ordenes, e asi, o día despois de que Pintos acadara democraticamente a Secretaria do sindicato, en cónclave de urxencia a UPG emitiu fumata branca - habemus dimisión- ,........ se tiña desatado a caza de bruxas;..... a purga a Pintos escomezara.!

Os “comisarios” Cagiao e Grandal , era os encargados de pór en movemento a maquinaria de acoso e derribo - pero para entender o seu papel de manipuladores, hai que buscar as razóns, e con só pasar revista ao seu historial, atopámonos coa sorpresa. Estos dous señores á parte de acólitos da UPG, son liberados, é dicir, representantes que levan 20 anos sen vestir o mono de traballo, que perciben o seu salario dunha empresa pública.... e dicir, dúas xoias que defenden contra vento e marea a súa situacion de privilexio, é dicir o seu impresentable -status- de vividores a conta do alleo.

Estos dous sindicalistas de Navantia, un deles membro da seccion sindical, manteñen á CIG neste estaleiro como a forza minoritaria do comité de empresa, é dicir, o seu traballo sindical é nulo e a súa influencia negativa, e en contraste a executiva liderada por Pintos, logrou no resto dos sectores, imporse na comarca como primeira forza sindical, obviamente isto indica quen en verdade debese presentar a dimisión.

Tanto o “ Coronel” como estes dous gregarios, deben saber que un sindicato é unha ferramenta para defender os intereses dos seus afiliados, E EU QUE O SON, non vou admitir mangoneos de vagos e maleantes e moito menos duns iluminados que manteñen a malefica intencion de confundir aos traballadores con marionetas.

Pintos e o seu equipo foron elixidos pola mayoria dos afiliados e por tanto son os representantes lexitimos, ,,,,,,,os outros metodos para alcanzar o control, mellor rexeiten a intención de utilizalos non sexa que lles rebente o explosivo nas mans.........E abofé que se e necesario eu tiro da expoleta             Vaia  tropa


4,14/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: