Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A desnormalización lingüistica

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de A desnormalización lingüistica

A desnormalización lingüistica

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;} Galicia leva máis de trinta anos de “normalización lingüística”. Daquela, cal estigma de Caín,  a lingua galega arrastraba a marca ignominiosa de ser rural e inculta en certos ambientes, e por tanto algo a “prescindir” se un quería subir na escada social.  

Enviada por GonzaloAmoedo GonzaloAmoedo o 05/06/2009 22:07

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;} Galicia leva máis de trinta anos de “normalización lingüística”. Daquela, cal estigma de Caín,  a lingua galega arrastraba a marca ignominiosa de ser rural e inculta en certos ambientes, e por tanto algo a “prescindir” se un quería subir na escada social.   A medida que a lingua era cantada, louvada e sentida por toda unha xeración na que agromaron os filólogos coma os fungos, que máis parecía aquilo unha praga que unha solución lingüística, e se enfrontaban os uns cos outros en liortas entre reintegracionistas e os que non o eran, ou se aquela ou esta palabra debería de rematar en tal ou cal sufixo, ou se a partícula copulativa –e- debería dicirse –i- ou non, a lingua esmorecía –e aínda esmorece- nos ambientes nos que fora acubillada nos pasados séculos, provocándose de paso, con estas actitudes, que os que non eran adeptos a se galeguizar tivesen unha desculpa para non facelo.   A lingua, conforme crecía como vehículo de expresión nos actos da liturxia política e das vangardas culturais, pero mallada de mala maneira nesa caste de regueifas que a facían odiosa á clase social que a falou sempre, deixaba de ser a lingua proletaria que cantara Celso Emilio Ferreiro, para converterse, case en exclusiva, nun lugar onde tiñan asento uns que, moi posiblemente, non a quixesen tanto como proclamaban a voz en grito.   Outra das razóns para que a lingua deixase de ser percibida coma un instrumento amable ao servizo do pobo, foi, sen lugar a dúbidas, a capitalización excesiva por parte dos que, queréndoa moito, conseguiron que este seu cariño derivase nunha sorte de nova e perversa versión da frase: “la maté por que era mía”. E a tal punto se deu esa circunstancia, que gran parte da comunidade que non pertencía a esa forza política acabou por crear unha igualdade matemática: falas galego, pois es de tal ideoloxía política, igualdade que, dándolle a volta, ben puidera enunciarse como: se non es de tal ideoloxía política, has de falar castelán. Coido que algúns, aínda sen pretendelo, fixeron moito mal á causa da lingua.   Conforme foi medrando unha clase media asentada nas vilas e nas cidades, unha clase media nacida tralo paso da aldea á vila, durante o transcorrer do “desarrollismo”, deuse o efecto perverso de que os recen mudados de habitat concluíran que no novo xa non era preciso falar o galego, en todo caso lingua dos seus pais, que quedaran na aldea; unha lingua, non o esquezamos, que era motivo de burla por parte de moitos dos que agora din defendela, e que para acadar un novo asento social que lles permitía ter un Mercedes Benz no garaxe, un barquiño de tres estralos na ría, roupa de marca no roupeiro ou, xa entre os máis podentes, un chalé en Baiona ou Sanxenxo, era preciso, aínda que fose con acento de Chandrexa da Queixa, emular aos ricos de vello e falar coma eles, esquecendo a lingua dos pais e os avós. A partir de aí, veu a desfeita: os recen chegados ás vilas deixaron de transmitirlle a lingua aos seus fillos, por culpa dunha ecuación que identificaba o galego coa aldea, pobreza e marxinación social, e o vilego castelán co éxito.   Pero non toda a  culpa foi deles e do seu afán por desfacerse da lingua, a arquitectura popular, a paisaxe,  os produtos da terra, a antropoloxía e a etnografía propia, senón tamén en moitos casos da percepción dunha certa falsidade dentro das diversas elites sociais, ao se decatar as denominadas clases populares que había unha fronteira ben fonda entre o que se di e o que se fai por parte de moitos dos lideres sociais deste país. Cantos de nós non nos teremos estrañado ao revirar a vista e contemplar que tal ou cal individuo, moi radical nos seus postulados políticos ou lingüísticos lle falaba aos seus fillos ou a súa parella noutra lingua distinta, ou falaba o galego da mesma forma que os indios das películas?   Se levamos máis de mil anos falando esta lingua, é grazas a que as nais e os pais, pero sobre todo as nais, a transmitían, e de paso transmitían con ela a cultura deste pobo descrido.   Por iso se fai preciso mudar certo tipo de políticas e premiar, alentar, ou cooperar cos que, dende a empresa non teñen problema en vender o viño galego en galego, dende a avogacía defenden aos seus clientes na súa lingua,  dende as comisarias de policía defenden os dereitos dos cidadáns na súa lingua, ou dende os púlpitos se acercan a deus na lingua do seu pobo...   Nun país onde gran parte da poboación non lee, xa non en galego, senón tampouco en castelán, é preciso mudar de rexistro. Todos os que temos afecto pola nosa lingua deberamos de alentar aos que queren facer do galego o vehículo cotián de todos, pero especialmente dos grupos sociais que sempre foron refractarios ao idioma, porque eles, non o esquezamos, son os referentes sociais válidos para esta clase media desnortada nalgúns casos e carente de azos co seu pasado, pois razoan que o pasado só é algo do que non hai que lembrarse, por mísero, e os seus actos crean escola, tanta, cando non máis, que outros. Pois entón, deixémonos de liortas filolóxicas, de pretender que en todos os galegos aniñe un novelista ou un poeta, de mudar cada tres por catro as normas ortográficas, de enfrontar a uns contra dos outros por culpa de inexistentes pelexas lingüísticas e volvámonos un pouco máis prosaicos, se realmente queremos evitar que a lingua esmoreza primeiro e morra despois. As linguas deben de ser percibidas pola xente do común como necesarias, e o galego procurará a normalidade cando os xuíces, os policías, os funcionarios, pero tamén os empresarios ou os curas a empreguen con normalidade, en todos os procesos escritos e orais nos que deba de estar, dende o nacemento de calquera cidadán ata a fin dos seus días, sen facer política de partido con ela, senón, en todo caso, política de país orgulloso de selo.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: