A páxina de DeLi Linux xa está en galego. DeLi Linux é un Linux "de escritorio lixeiro" . É unha distribución de Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III. Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etcétera.
A páxina de DeLi Linux xa está en cinco linguas, unha delas o galego. Como tamén a traducín ao español, podese decir que desta vez o galego foi a terceira lingua, despois do inglés e o alemán. Por último chegou o francés, e logo vou enviar a traducción portuguesa. Asi, gran a gran, a galiña enche o papo.
DeLi Linux é un Linux "de escritorio lixeiro" . É unha distribución de Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III. Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etcétera. Unha instalación completa, incluíndo XOrg e ferramentas de desenvolvemento, non necesita máis de 350 MB de espazo no disco duro.
O truco é que DeLi Linux soamente usa aplicacións alternativas "lixeiras". A computadora de proba é unha 486 con 16 MB de RAM, e todas as aplicacións que veñen con DeLi Linux están funcionando sen problemas. Cecais se pregunte "porqué diaños facer un Linux para ese lixo vello?". Aínda hai moitas computadoras coa configuración mencionada arriba, sería unha vergoña desperdicialas. Moita xente simplemente non pode comprar unha máquina de 4 Ghz por 1000 € ou máis, pero pode comprar un Pentium I 133 por 50 € en ebay. Estudantes, ONGs, ou simplemente xente consciente de que é mellor ter un PC que ter lixo altamente contaminante son os usuarios potenciais aqui, xunto con aqueles dos paises do terceiro mundo.
Podedes acceder en galego a páxina, o wiki (en "obras") e o foro de axuda. O foro será retirado se non se usa, asi que xa sabedes o que hai que facer...
Parabéns e umha sugestom. Certamente em galego pode-se utilizar "lixeiro", mas a palavra tanto pode fazer referência a levidade como a lixo. É um escritório lixeiro porque precisa pouco espaço de disco? ou porque é possível utilizá-lo num "lixo velho"?. A sugestom portanto é utilizares "escritório leve" na vez de "escritório lixeiro".
Se escreverás coma mim nom havia problemas já que ligeiro <> lixeiro, mas esse é outro cantar.
Non coñecía o proxecto, pero graciñas, resólvesme un problema! se me vai ben tes un entregado defensor da causa máis.
Graciñas polo teu esforzo!que o seu tempo che debeu levar!
semoncho, concordo con o comentario da "levidade" e o "lixo", ainda que felizmente neste caso as duas interpretacións son válidas, xa que o DeLi Linux evita que as PCs vaian ao lixo.
RiQee, se todo vai ben podes contar a história en "Histórias de Éxitos" http://www.delilinux.org/wiki/...
e os problemas poden comentalos no Foro.
Agradecese tamén calquera esforzo que fagades para divulgalo onde poida ser útil.