Vieiros

Vieiros de meu Perfil


E até os Teletubbies deixaron de falar galego na TVG

Primeiro as Galescolas e agora os Teletubbies... Feijoo manda falar inglés aos Teletubbies na TVG. A série, a única destinada à audiéncia pre-escolar e que viña emitindo o segundo canal da TVG, emite desde hai uns dias en inglés. EDITADO: Grupo parlamentar do BNG rexistra na cámara galega unha pergunta interesando-se e criticando este tema.

Enviada por kurumin kurumin o 24/09/2009 09:17

Feijoo tirou-lles a voz en galego aos Teletubbies... Si, mudou-lles a voz e ordeou que na Televisión Galega, falaran en inglés. Non, xa non din aquilo de unha aperta, unha aperta!!
O pequecho da casa, as primeiras veces, golpexaba coas palmas das mans o televisor en sinal de desaprobación, todo enrabechado. Logo de vários dias, a fase de doma e castración vai tendo éxito e xa repite algo semellante a bye, bye....
Pasaron vários dias do exorcismo lingüistico dos Teletubbies e non atopo por ningures comentários ao respecto desta amputación cultural. E é que aínda podemos perder batallas eólicas e batallas acuícolas ...pero que os Teletubbies deixen de falar galego, esa é unha batalla que non podemos perder.
A estas alturas que teriamos que estar reivindicando un canal exclusivo en galego para os nenos/as na TVG, un canal estilo ClanTV, onde os Pocoyos, Vila Sésamo, Caillou e todas as personaxes infantis chegasen a todos os currunchos agarimando as orellas de todos os pequechos do noso País, a estas alturas digo, xa só nos conformamos con que non nos quiten o galego das bocas de goma dos Teletubbies. Pouco pedir porque estamos na defensa, nas trincheiras, acobillados, sitiados e asubiando maino cantigas para tempos mellores.
NOTA: Nesta ligazón un minuto coa proba do delicto: http://www.youtube.com/watch?v=Sw3v5hJK0Hk
A TVG non explica na sua web esta mudanza, nen advirte que vai agora en versión orixinal con lexendas. Si, lexenda para que as lean nenos e nenas de un ano, ano e meio...(vaia pedagogos!

EDITO: O GRUPO PARLAMENTAR DO BNG no parlamento de Galiza ven de rexistrar unha pergunta à cámara interesando-se e criticando este tema. Podedes ver o contido da mesma mais abaixo, en documentos.


Documentos

4,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



E até os Teletubbies deixaron de falar galego na TVG