Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Recortes da Xunta no transporte sanitario

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Recortes da Xunta no transporte sanitario

Recortes da Xunta no transporte sanitario

María del Carmen Hermo envíanos esta carta onde denuncia a supresión do servizo de transporte que, como usuaria de cadeira de rodas, usaba até o de agora.

Enviada por redaccion redaccion o 05/10/2009 10:57

Non está no meu ánimo aburrilos a  vostedes con iso de que estamos en crise, unha crise económica que no país no que vivimos coma sempre lle pega ben duro ó emprego, tampouco pretendo que vostedes pensen todo o  día en iso de que ó final as contas sempre as pagan os mesmos; por que vostedes están ate as narices de oír falar do mesmo todo o tempo e iso de que a cousa vai mellorando pasará coma sempre preguntaránse ¿para quen?.

 

Estou certa de que moitos dos nosos ministros do governo deberián aprender dos proletarios que fan maxia para chegar a fin de mes con ou sen crise pero desdichadamente tócame falarlles da crise e das medidas de austeridade do noso benquerido Presidente da Xunta de Galicia e da súa fervente colaboradora a Conselleira de Sanidade Galega, preguntáranse que terá que ver a austeridade económica coa sanidade e poñánse tranquilos non lles vou falar da gripe A, o certo é que a Sra. Dna. Pilar Farjas Conselleira de Sanidade Galega probablemente estea moi ocupada coa famosa pandemia e non  se decatou das fantásticas ideas da Dirección Xeral do SERGAS para botarlle unha man coas contas, que non dubido que faga falla revisar pero como de costume os damnificados son os de sempre, eu entre elas, ben, pois ocorreuselles reducir gastos no servicio de transporte sanitario programado, é dicir, o traslado en ambulancia de persoas que por enfermidade ou accidente requiren deste tipo de servicio para acudir ás súas citas hospitalarias e tratamentos; exacto a decisión que tomaron e denegar as solicitudes de  traslado a persoas que coma min o necesitan (son usuaria de cadeira de rodas eléctrica por hemiplexia e paraplexia derivados dunha enfermidade dexenerativa que ademais me provoca problemas visuais e outros problemas de saúde); ata o de agora eu recibía ese servicio coas incidencias propias dun servicio de tal magnitude, ás veces mellor e outras non tanto , todo nesta vida é mellorable; pero a partires de agora non mo van conceder, sen que medie xustificación médica para tal cambio e sen que dende a Dirección Provincial do SERGAS da provincia de A Coruña me notificasen tal cambio, sen explicación.

 

Hoxe día 4 de Outubro por avartares da vida enterome de que non teño o servicio autorizado para o día 5 de outubro (día no que teño consulta no Hospital Clínico de Santiago ás 09:30h da mañá) xa poden imaxinar a miña sorpresa e indiganción e para o caso eu enterome hoxe ¿e aquelas persoas que non teñen esa “sorte” e mañá se quedarán na súa casa preguntandose que pasou? ¿e aquelas que perderan citas, revisións, probas e tratamentos vitais?.

 

Estou certa de que isto é unha medida que reducirá notablemente os gastos do SERGAS tanto que moi probablemente non se tome ningunha outra, xa non será necesario, porque xa pagan os de sempre.

 

En resumidas contas cando o Excmo.Sr. Feijoó Presidente da Xunta de Galicia anunciou a reducción e racionalización do gasto referiase ó de sempre, reducción de servicios e non calquera servicio senon o destinado a persoas dependentes, con risco de exclusión social, enfermos e minusválidos. Sen dúbida algunha estou convencida de que a venda dos coches de luxo e esta racionalización servirán para que Galicia saia da crise, por se lles quedaba algunha dúbida a ambulancia non é de luxo nin eu e os demais usuarios que se poidan ver afectados somos altos cargos da Xunta de Galicia aínda que poida que para a Conselleira de Sanidade e o Presidente da Xunta sexamos o equivalente máis próximo, así eles seguirán usando vehículo oficial (utilitario ou non) para cubrir a súas axetreadas axendas e os altos cargos non verán peligrar os seus simbólicos salarios, iso sí eles terían un preaviso de 15 días, nos non merecemos nin iso.

María del Carmen Hermo Torrado


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: