Vieiros

Vieiros de meu Perfil


"Gznación é de Galiza"

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de "Gznación é de Galiza"

"Gznación é de Galiza"

A web Gznación envía esta carta aberta a todos os medios para desmentir que sexa "unha páxina da UPG", tal e como a define La Voz de Galicia nunha crónica sobre o BNG.

Enviada por redaccion redaccion o 20/03/2010 12:11

Comunicado enviado por Gznación:

Diante da análise publicada en La Voz de Galicia no día de hoxe, GZnación quere aclarar, antes de máis, que é un medio de comunicación e non a páxina de ningún partido político, tal e como se afirma na dita peza.

Sorprende ver con que facilidade se etiqueta neste país e o gusto que hai por facelo. Sirva este editorial para aclarar que as informacións e opinións publicadas no xornal dixital Gznación non están controladas por ninguén. Certamente, e coma calquera publicación, este medio ten unha liña editorial, se ben, non adscrita a ningún partido político e si próxima ao movemento nacionalista galego e aos colectivos afins a el.

Deste xeito, en Gznación caben todos os articulistas, desde o mencionado neste artigo -Francisco Rodríguez- até Maurício Castro ou os tantas veces convidados Carlos Aymerich ou Martiño Noriega, entre outros. Ademais, recóllense informacións de moi diversos colectivos e tense entrevistado a responsábeis de moitos partidos políticos, sexan da tendencia que foren.

Se algo tamén quere lembrar Gznación a respecto desta etiquetaxe como “a páxina da UPG” é que, por exemplo, o medio que recolle a análise referida, La Voz de Galicia, cobra sustanciosas subvencións da Xunta en ningún momento este xornal publicou ningunha información aludindo a que la Voz puidera orbitar arredor do Partido Popular.

Na dita análise lémbrase como exemplo desa afirmación un artigo asinado por Francisco Rodríguez que, serve, segundo se recolle nese texto, para “discrepar abertamente do defendido por outros militantes no consello nacional” do BNG. Ese “durísimo artigo” que na dita análise se cualifica como “contra Beiras” por oporse á fusión das dúas caixas galegas é un máis dos artigos de opinión que se publican no Gznación coa posibilidade de que calquera persoa poida comentar neles ou que o/a os/as aludidos/as poidan pronunciarse ao respecto.

Gznación é un medio comprometido co país que naceu e traballa para dar conta á cidadanía galega das novas que lle afectan en clave de país. Gznación é, polo tanto, unha das moitas voces de Galiza a nivel informativo. Comprometida e libre.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: