Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O peor de todo...

Edición xestionada por ti
RSS de O peor de todo...

O peor de todo...

Ante a grave situación económica que está a sofrir o primeiro mundo eú preguntome, e os galegos que pintamos nisto? e a única resposta que podo atopar é outra vez, non pintamos nada, pero até cando?

Crise tras crise e goberno tras goberno, Galiza perde unha nova oportunidade de saír do seu escondite e dicirlle ao mundo aquí estamos os galegos, ofrecémoslle esto ao mundo queremos recibir aquilo, pero NON!
Seguimos pensando en ir da man dos que nos teñen metidos nun cuarto escuro,seguimos pensando que somos inferiores e que seríamos incapaces de seren ninguén nun contexto internacional, seguimos tendo AUTOODIO..

Pero pensade, como imos ser un país de segunda se temos unha situación xeoestratéxica privilexiada, como imos ser un país de segunda se somos potencia mundial enerxética, como imos ser un país de segunda se os galegos somos un pobo moi traballador, como somos tan parvos para non ver iso?

Parece agora que co do galego a sociedade está espertando e dándose de conta que o da imposición foi un invento eleitoralista pero a qué horas meu deus!! até cando esta empanadilla mental?? até cando imos ter que vivir nun país que vive atrapado no seu propio autoodio?
Cando ímonos levantar unha mañá e dicir:

Grazas Deus por me faceren GALEGO!!


P.D: Inicio este debate a modo de repulsa contra a actual situación e para compartir opinións con moitos de vós que coma mín están fartos de vivir nun sono que parece infinito, pero que ogallá moi pronto chegue ao seu fin.

Enviada por volvebreogan volvebreogan o 10/12/2009 18:26

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: