Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Façamos propaganda ao Presidente da RAG

Edición xestionada por ti
RSS de Façamos propaganda ao Presidente da RAG

Façamos propaganda ao Presidente da RAG

Hoje em Xornal de Galicia aparece uma longa entrevista ao Presidente ou Diretor da RAG:
http://www.xornal.com/artigo/2010/02/06/unknown/radical-goberno-da-xunta-demostrouno-co-decreto-do-galego/2010020600185200113.html

Saliento algumas perguntas e respostas:

PERGUNTA: «Como facemos que a lingua deixe de verse como eterna fonte de conflitos?»

RESPOSTA: «Hai un discurso, por aí, que di “o que lle interesa á xente...”, porque hai moito experto en dicir o que lle interesa á xente. O que lle interesa á xente, din en Madrid, “son los garbanzos”. Ben, pero como a xente non son cans que só queren comer, como o pobo son individuos que teñen identidade, ademais lles interesan moito outras cousas, entre elas a lingua. Vese moi claramente en Bélxica. Claro que a lingua é conflitiva, e cada vez que defendamos o noso idioma, acusarannos de ser cerrados e extemporáneos. Que o fagan na prensa de Madrid vai por descontado, pero o que é patético son os columnistas galegos que teñen unha visión da lingua a través de Madrid.»
...

PERGUNTA: «Para cando unha gramática galega feita na Academia?»

RESPOSTA: «Esa foi una das cousas que a Academia non fixo en cen anos. Propúxose o primeiro día que se constituíu e aí a tes, sen facer. Haberá dificultades, pero espero que nestes catro anos estea lista, porque hai persoas moi capacitadas para facela.»
...

PERGUNTA: «Que opina de establecer acordos coas academias portuguesa e brasileira?»

RESPOSTA [Vejam que BOA informação tem o senhor!!!]: «O problema é que en Brasil hai dúas academias [????: há muitas mais, mas apenas uma é a tida por ACADEMIA, a ACADEMIA BRASILEIRA DE LETRAS], hai que escoller, e en Portugal non hai academia ninguha [???? Será tão inoperante como a RAG, mas existe a ACADEMIA DAS CIÊNCIAS DE LISBOA, que é a OFICIAL]. Ademais, tratar con Portugal é bater nunha porta. Eu paseime a miña vida tratando de conseguilo, e non vin ningún achegamento. Saramago [!!! hoje é um "espaÑol" "por derecho de consorte"... Mais nada e mais ninguém] falando o castelán ese horrible que fala, cando ven a Ferrol ou á Coruña é a imaxe do problema. O galego, aos portugueses, recórdalles a un avó pobre do que hai que avergoñarse. Hai un complexo moi raro que non teñen os brasileiros. [ESTE HOMEM, Ferrín, ANDA NAS VERÇAS: A ACADEMIA GALEGA DA LÍNGUA PORTUGUESA conseguiu num ano o que os "santóns" "oficialistas" não conseguiram em... 100 anos?, 50 anos...?, com Francisco Franco Bahamonte como académico de honra...]
...

PERGUNTA: «Unha solución podería ser achegar a ortografía galega á portuguesa?»

RESPOSTA: «Non penso que a Academia vaia dar ningún paso para achegarse ao portugués, en todo caso, agardaremos a que os portugueses dean algún paso de cara a nos, cousa que me parece utópica. (FERRÍN CONTINUA EM PORTUGUÊS) Eu "podo" [?] continuar a conversa en portugués, "pero" [?] non "hai" [?] "ningún" [?] escritor portugués que saiba falar en galego.»

[Este homem, formado intelectualmente na Hispanofonia, coma mim, Professor de "Lengua Española", agora "Castellana", por anos e anos, é incapaz de aplicar ao galego-e-português-e-brsileiro-e-angolano-e... o que sim vê normal no castelhano-e-andaluz-e-argertino-e-cubano... Pergunto: Precisam os argentinos deixar de falar "argentino" e passar a falar "madrileno" para demonstrar que falam a língua comum da Hispanofonia?... Ah, já sei. É que o senhor parte do princípio e fundamento de todo o "galeguismo" isolacionista: "O galego non é portugués" ou, como dizia Torrente Ballester, admirado por Ferrín, "Entre gallego y portugués hay tanta diferencia como entre gallego y chino..."]
:::

PERGUNTA: «Non é partidario de tender lazos?»

RESPOSTA: «Si, pero teñen que ser recíprocos. Hai unha corrente de opinión tremenda en Portugal, que lle chaman iberista, pero é españolista. O que os galegos temos que facer, dada a semellanza do noso idioma, é promover o ensino do portugués nas escolas e institutos, porque nos é útil [ESTAMOS TOTALMENTE DE ACORDO!!!]. Agora ben, O GALEGO XA NON É O PORTUGUÉS, e iso ocorre dende finais da Idade Media. Calquera reintegracionismo é un forzamento da Historia, e como dicía Tony Negri calquera forzamento da realidade é terrorístico.»

[Bom, pois sejamos desse jeito "terrorísticos"... Ou não?]
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Que opinam os opinantes?

Enviada por AGIL AGIL o 06/02/2010 12:00

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: