Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Partido ou país

Edición xestionada por ti
RSS de Partido ou país

Partido ou país

Sen sociedade e economía galegas non hai partidos políticos galegos.

Malcolm X está hoxe de actualidade.

Malcolm X, o 1-M, ou “De non comezar a casa polo tellado”

Revisando a rede na busca de escape fronte á contínua continxencia bombardeada por Madrid, na fronte de guerra eleitoral que viña a salvar España, atopei, xunto ao feroz berro de Howard Beale –xornalista que ameaza con se suicidar en direto no filme Network, que narra o seu ascenso e asasinato-, unha proclama extraordinariamente reveladora e de sorprendente paralelismo. Exconvicto, marxinal, drogadicto, musulmán converso de Nebraska e negro. Pero estrañamente galego. The Ballot or the Bullet (O Voto ou a Bala), escrito por Malcolm para se dirixir aos líderes negros contemporizadores (King, Powell, e o resto dos que crían –así acabaron- na boa vontade do Partido Demócrata), mostra en moitos dos seus parágrafos as feblezas que impiden que o nacionalismo galego sexa incapaz de aumentar os seus eleitores, movéndose nunha falsa dinámica de progreso que resulta en realidade ser un mero bucle, unha trampa masturbatoria. Para quen queira revisalo, está nesta ligazón: http://www.americanrhetoric.com/speeches/malcolmxballotorbullet.htm .
Poñéndonos en situación, brevemente, diremos que había, en EUA, durante os conflitos polos dereitos civís, dúas guerras abertas: aquela que enfrontaba a integracionistas e nacionalistas negros, e a que loitaban (cos republicanos, encantados de crear caos) e demócratas liberais de ambas costas. Para non alongalo demasiado, diremos que a segunda das frontes era máis un pulso de poder no interior dun partido en torno á declaración de dereitos civís en vinganza pola alianza que dende Truman a Kennedy unía a conservadores demócratas con republicanos en canto a asuntos de raza e moralidade. O conflito que nos interesa é o de Malcolm e King. O Dr. King cría que a liberación dos negros viría da súa integración na sociedade, acadar os mesmos dereitos que os brancos a través da loita contra a discriminación. Malcolm X, a pesar de que valoraba a belixerancia de King e aprezaba a súa boa vontade, defendía que as posicións do ministro baptista agochaban unha terrible realidade: a integración é produto do auto-odio; a integración impón un conceito de normalidade esóxeno que tan só pretende transformar aos negros en brancos. A liberación, porén, pode tan só vir da autoconciéncia, de crear uns valores próprios, un Volksgeist negro.
'Cause if you're black you should be thinking black, and if you are black and you not thinking black at this late date, well I’m sorry for you.
Porque se es negro debería pensar en negro (como negro), e se es negro e aínda non pensas en negro (como negro), pois síntoo por ti.
Black is beautiful coma a base do black power: a conquista dos corazóns e dos petos antes da conquista dos votos. Un poder político negro non pode ser sostido sen un poder social e económico negros. A outra grande diferencia entre ambos líderes negros é estratéxica: sexa cal sexa o obxectivo final de ambos, Malcolm e Martin Luther sepáranse en canto ao modo de acadalo. O ministro baptista cre na redención a través do Estado, a igualdade a través da lei. O musulmán denuncia que as leis e o poder político son brancos, e que, por tanto, non levarían máis que a ficción de igualdade que no mundo real non existe. A liberación pola soberanía. A liberación pola autonomía. Unha raza libre pode só partir de individuos donos de sí. Sen iniciativa individual os negros son tan só unha masa manipulábel, xa que un colectivo é moito máis sinxelo de manexar que unha miríada de mónadas políticamente concienciadas. Velaquí un exemplo (o discurso é unha disertación pública, logo hai algúns xiros verbais presentes na fala dos afro-americanos, agardo que se entenda):
The economic philosophy of Black Nationalism only means that we should own and operate and control the economy of our community. You would never -- You can’t open up a black store in a white community. White men won’t even patronize you. And he’s not wrong. He’s got sense enough to look out for himself. You the one who don’t have sense enough to look out for yourself. The white man -- The white man is too intelligent to let someone else come and gain control of the economy of his community. But you will let anybody come in and take control of the economy of your community, control the housing, control the education, control the jobs, control the businesses, under the pretext that you want to integrate. No, you're out of your mind.
The economic philosophy of Black Nationalism only means that we have to become involved in a program of reeducation to educate our people into the importance of knowing that when you spend your dollar out of the community in which you live, the community in which you spend your money becomes richer and richer; the community out which you take your money becomes poorer and poorer. And because these negroes, who have been mislead, misguided, are breaking their necks to take their money and spend it with The Man, The Man is becoming richer and richer, and you’re becoming poorer and poorer. And then what happens? The community in which you live becomes a slum. It becomes a ghetto. The conditions become run down. And then you have the audacity to -- to complain about poor housing in a run-down community. Why you run it down yourself when you take your dollar out.
(…)
The economic philosophy of Black Nationalism shows our people the importance of setting up these little stores and developing them and expanding them into larger operations. Woolworth didn’t start out big like they are today. They started out with a dime store and expanded and expanded and then expanded until today
(…)
The political philosophy of Black Nationalism only means that the black man should control the politics and the politicians in his own community. The -- The time -- The time when white people can come in our community and get us to vote for them so that they can be our political leaders and tell us what to do and what not to do is long gone. By the same token, the time when that same white man, knowing that your eyes are too far open, can send another negro into the community and get you and me to support him so he can use him to lead us astray -- those days are long gone too.
O mesmo Malcolm aplica a súa própria filosofía. Expulsado por discrepancias con Elijah Muhammad (basicamente, Muhammad buscaba controlar a relixión dos afroamericanos e islamizalos, mentres que para Malcolm os aspeitos rituais e normativos da relixión eran accesorios e primaba a forza do islam para crear unha conciencia negra), fundou Muslim Mosque, Incorporated , que sediou no Teresa Hotel, no corazón do convulso Harlem dos 60, o cinto negro da cidade de Nova Iorque (nas súas próprias palabras). Non agardou a que surxira dunha normativa, nin pediu a aplicación de plans estratéxicos. Chegou, pediu os fondos aos cidadáns que quixesen escoitalo, e fíxoo. E fíxoo así por dúas razóns: a nosa xente non só ten que ser reeducada na importancia de apoiar os negocios negros, senón que cada negro ten que ser consciente da importancia de entrar nos negocios e, tamén, porque cantades (os líderes pacifistas negros) de máis, hoxe é chegado o tempo de parar de cantar (singing) e comezar a picar (swinging); non conseguiredes liberdade cantando, pero sí podedes conseguir algo de liberdade picando. E decir: 1.Soberanía, 2.Loita. As garantías legais para exercitar os dereitos lingüísticos no ámbito privado son un espellismo que nos aparta da verdadeira liberdade: o que precisamos é ser proprietarios das empresas de Galiza, e tamén unha potente asociación de consumidores galegos (galegos para sí, non meras delegacións unicamente xeradas por divisións administrativas). Eis outro exemplo:
Once you and I go into business, we own and operate at least the businesses in our community. What we will be doing is developing a situation wherein we will actually be able to create employment for the people in the community. And once you can create some -- some employment in the community where you live it will eliminate the necessity of you and me having to act ignorantly and disgracefully, boycotting and picketing some "cracker" some place else trying to beg him for a job.
Noutras palabras: precisamos URXENTEMENTE un Grupo Mondragón. Miles de cooperativas e asociacións militantes. Pensade nunha campaña ben organizada que lle diga a Fenosa que, ou volve a sede social a Galiza e crea unha división da empresa exclusivamente galega, ou 100.000 galegos esquecerán de pagar a factura. Nós tiñamos unha Iberdrola, coma os vascos, pero deixamos que escapara. Eles, malia ser un país minúsculo, plantan cara a EDF-Sarkozy e dinlle que como non peche a boca ainda vai saír a hostias como o parvo do Roland o da chanson. Que vaia colonizar ós belgas (francófonos, ós vlaamsie admíroos), que para iso son unha nación de diglósicos.
Máis urxente aínda: precisamos crear unha organización de escolas e institutos privados galegos en galego e controlados por galegos, fundadas a través de cooperativas, a semellanza das ikastolas. De pouco serve educar aos nosos fillos en galego cando se ven obrigados a unirse a unha maioría hispanofalante. E dígoo por experiéncia própria. Eu nacín no 82, polo que formo parte da primeira xeración educada (nunha relativa porcentaxe) en galego. A miña familia era (e é) exclusivamente galegofalante e políticamente militante, activamente nacionalista. Na miña escola, sita na área suburbana de Compostela, o 99% dos rapaces estaban educados en castrapo (eles chamábano español). Había, comigo, 5 galegofalantes declarados. O resultado: un rapaz que entra con 5 anos nunha institución alientante –como todo sistema educativo que extirpa a responsabilidade e dignidade persoal- e ten que se comunicar cos seus compañeiros de presidio, non tendo desenvolto defensas de autoconsciencia (o que sería imposíbel nesa idade), considera a adaptación como algo normal, e o feito da dualidade de linguas (que non diglosia, porque non había autodesprezo) como algo natural. Podedes ter nesa escola a todos os profesores a ensinar nun galego prístino e impoluto; estade seguros que ese rapaz vivirá publicamente en castelán. Ademais todo isto ten que ter un senso. Non vale o galego polo galego. O galego, como todo produto, ten que ser vendido se queremos avanzar no mercado. Debemos promocionalo a través das súa utilidade e non tan só, como até agora, por mera estética. Porque da estética non se come. Se o galego serve para comer, veredes como todos rematan por se dar unha pátina de galeguismo e a situación torna. Ou non vos lembrades de como Vidal-Quadras se presentaba como Aleix cando o nome que presenta nas listas eleitorais (o oficial) é Alejo? Ou mesmo o parvo útil do Maneiro que atopou a benedict arnold da Rosa Díez para ir berrar ao parlamento de Gasteiz, que ten que se disfrazar de Gorka. Até para lle tocar os collóns aos euskaldúns hai que estar pintado de vasco. Outro exemplo: en Bruxelas hai que saber nederlands até para ser camareiro. Bruxelas, non Vlaams – Flandres: Bruxelas é bilingüe, pero vae de quen tope con un consumidor neerlandés cabreado! E o galego sí pode servir para comer: a nível interno, canto máis estrutura económica se controle; a nível externo, é un excelente swahili entre portugués e español, amais dunha perfeita propedeútica para dominar as dúas linguas.
Primeiro sociedade e economía lingüísticas. Despois, política lingüística.
Terceiro, e para rematar, antes de recibir a choiva de hostias e insultos que me caerán da vosa parte por cuestionar a base económica do país (e a base política do bloque): o funcionariado. Mi madriña, iniciativa privada! As dúas palabras ás que hai que odiar! Unha cuestión fundamental: a unidade. Velaquí o que dixo Malcolm:
Son un ministro (sacerdote) musulmán. O mesmo que eles son ministros cristiáns, eu son musulmán. E non creo en loitar en cada fronte, senón en todas as frontes. De feito, son un “Nacionalista Negro Loitador pola Liberdade”. O islam é a miña relixión, pero creo que a miña relixión é un asunto persoal. Governa a miña vida persoal, a miña própria moral. E a miña filosofía relixiosa fica entre min e o Deus no que creo; o mesmo que filosofía relixiosa deles está entre eles e o Deus no que cren.
Podedes ser o que queirades: socialdemócratas, marxistas, marxistas-leninistas marxistas-leninistas pensamento Mao Tse Tung, ácratas, anarcosindicalistas, anarcocapitalistas, liberais, neoliberais, conservadores ou seguidores de Lyndon Larousse. Pouco importa. O primordial é que sexamos ante todo galegos. Dicides que estades desunidos, e usades a desunión como pretexto para as vosas derrotas. Eu digo que a variedade non é mala mentres se conserve unha unidade de base. E non o digo sen razón: coñecedes algún país máis políticamente polarizado que Israel? E coñecedes, ao tempo, un país cun maior senso patriótico? Os xudeus din deles mesmos que dous xudeus só están dacordo en dúas cousas: Deus e Israel. E mesmo a súa orixe non pode ser máis diversa: dende os laicos emigrantes económicos rusos, refuxiados etíopes ou iemenís, xudeus árabes, sefarditas, polacos e rusos ashkenazitas e colectivistas de kibutz, retornados de Francia, Arxentina ou EUA, orixinarios da mesma Palestina (hainos, senón de onde ven Netanyahu máis que de Netanya?), xudeus ortodoxos, hasidîm ou ultraortodoxos que viven como no XVII… Deixando aparte a consideración que cada un poida ter do conflito, quixera facer unha análise fría e non partidaria das diferencias na dinámica política de ambas comunidades. A unión xudea de moitos pequenos é ideolóxicamente máis forte que a magnificada umma transplantada en pobo palestino. Porque eles parten da base, da interiorización en cada individuo do seu own private Israel. Cada un deles defende á vez a sí e a todos, porque cada un deles sabe que participa e tira proveito da súa participación. Os palestinos, dirixidos por líderes corruptos e enfrontados en contínuas e violentas razzias, son incapaces de erixir un poder palestino. Dependen social e económicamente de israel. Ergo, dependen políticamente.
Non pido un partido político único porque 1.é contraproducente, non conduce máis que á loita interna, 2. non fai falla, xa que o que precisamos é máis votos, non unir o pouco que temos (os exemplos dunha Catalunya e Euskadi autogobernados durante máis de 30 anos a pesar da división dos seus partidos falan por sí mesmos). Pido que o primeiro sexa conseguir o poder da nosa nación, xa virán logo as discusións sobre como organizala. China, Indonesia e Birmania reaccionaron unidas contra o invasor, ainda que para iso houbera que secuestrar a Chan Kai Chek.
Última nota. A quen me diga que isto non é posíbel: Euskadi, Catalunya, Flandres, as Provincias Unidas Holandesas, Alemania, Eire, China, Indonesia, EUA, Israel, Suíza, India… e así podemos seguir até cando queirades.

Enviada por deportadoeconomico deportadoeconomico o 03/03/2009 14:11

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: