Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Campo de Marte

Memoria

12:36 22/10/2007

Eu non entendo por que o PSdeG-PSOE e o BNG perden o tempo nesa cousa da investigación da Cidade da Cultura. Se movesen a memoria lembrarían aquela famosa comparecencia de Nicolás Franco, o irmán do ditador, naquel xuízo do caso REACE.

Declarou que non lembraba nada, que non sabía onde fora parar o aceite desaparecido, nin quen levara os cartos, nin que facía el no asunto daquela corruptela franquista... A dereita adoita non ter memoria do pasado, non sabe historia e repítea por iso século tras século, para a nosa desgraza. A esquerda si ten memoria histórica de aí que eu non entenda que xente tan lúcida como Leiceaga e Aymerich perden tempo e enerxías en preguntar cuestións obvias a señores como Alfredo Díaz Grande.

Como vai o señor marido de Pilar Rojo lembrar canto cobrou polo seu traballo hai oito anos, como vai lembrar que tipo de contrato asinou co goberno de Fraga para coordinar o concurso internacional que decidiu encargar a Peter Eisenman o proxecto alucinante de Pérez Varela, do que Díaz era asesor. Esas cousas non son para lembrar, son segredos de familia. Ó mellor é que o arquitecto Díaz Grande nin estaba alí. Ou a súa conta corrente é tan abondosa que millón máis ou millón menos non dá mostras de cambio. Ó mellor é que este arquitecto é da escola de Nicolás Franco. O defunto era arquitecto o simplemente “hermanísimo”? Díaz Grande é “marido de” e “amigo de”, e os maridos e os amigos do PP non teñen por que ter memoria, chégalles con cantar o himno con letra de Pemán e xurar bandeira. Deberían sabelo no goberno de Pérez Touriño.

Tamén deberían saber que as esquerdas padecen gaiasfobia, neoloxismo inventado polo voceiro da oposición na comisión, o señor Ignacio López-Chaves. A gaiasfobia é unha enfermidade proveniente da Coruña que no lugar de producir gases no estómago produce desmemoria xornalística. Polo tanto, erra o señor López ó atribuír o padecemento ó goberno e faino pola mesma circunstancia que Díaz Grande padece amnesia transitoria, están pisando un terreo tan pantanoso que temen perder o tino en calquera momento. Se sabemos todo isto, para que gastar o tempo preguntando a desmemoriados? Porque van vir máis. Ou acaso non é certo que todo o proceso da Cidade da Cultura foi un asunto totalmente transparente, que non necesitaba reter na memoria datos, datas, nomes, orzamentos, propósitos e despropósitos? Está claro que nestes casos a memoria non é rendible, para que andar a recuperala?

4,13/5 (16 votos)


Comentarios (9)

Gaviotero #1 22/Outubro/2007 Gaviotero

La derecha no tiene memoria y la izquierda sí. Suelta semejante majadería este tipo y se queda tan ancho.

No me extraña que no lo lea prácticamente nadie. Ni siquiera en Vieiros.

Pero sepa, señor Perozo, que la derecha sí tiene memoria. Nos acordamos perfectamente de los más de 8.000 asesinados por la izquierda, muchos de ellos mujeres y niños, en Paracuellos.

Y nos acordamos de las alianzas entre el BNG y Batasuna.

También nos acordamos de los años de corrupción y crímenes de estado del socialismo español en plena democracia y en pleno siglo XX.

También nos acordamos del millón de euros que con cargo al Puerto de Vigo se gastó el señor Abel Caballero para su candidatura personal a la Alcaldía de Vigo, o del viajecito de una semana que Santi Domínguez y varios amiguetes más se hicieron a Bangkok, también con cargo al presupuesto, en plena temporada alta.

¿Usted no se acuerda de todo esto o acaso es que no se quiere acordar?

De lo que no nos acordamos, si he de serle sincero, es de haber leído nada suyo hasta haber llegado a este mismo artículo.

Que una vez leído, nos invita a seguir ignorándole en el futuro.

Sectario.

xacataca #2 22/Outubro/2007 xacataca

Velaí outro exemplo dos que ilustra Perozo:
http://iammisterbink.blogspot....

xacataca #3 22/Outubro/2007 xacataca

Por certo, excelente artigo Xosé Antonio. A súa prosa mellora cos anos.

Nin caso ao OVNI (Obxecto Voador Nada Intelixente) de aí enriba.

baltar69 #4 22/Outubro/2007 baltar69

dicen no estuario do plata cando se anda quente que se está alzado.
coido que a dereita, finalmente, se topa así: alzada. alzada como una perra en celo, expresión que utilizaba alguén fai uns anos e recollo para dibuxar o momento de este grupo político e social.
ca chegada da democracia esta que temos, os antigos inquisidores, os curas que mantiñan o rebaño en contacto ca gobernación militar e os vellos falanxistas que sinalaban co dedo os veciños máis molestos, moderaron os seus tics airados e deixaron a voz estentórea para tratos de portas adentro e, igual que nos tíos de sicilia de sciascia, os nosos retiraron gafas de sol, afeitaron bigotiños e tiraron á escurrucha ou ó tellado de enfrente as medallas da vella garda e as cruces de borgoña que levaban nas chaquetas.
pero, de pronto , volven a sentirse fortes, excitados polo viagra patrioteiro; volven a sentila chamada de la gran madre patria, en estos acíagos tiempos en que el desgobierno y el empuje de los nacionalismos erosiona la espina dorsal de nuestro pasado glorioso. e non falta razón a quen os ve nun estado preguerracivilista que, de non dar máis risa que outra cousa, podería ser preocupante.
no medio de esa fortaleza na que campan, aparece de novo a chulería, a altaneira conciencia de clase supina, o desafío das leises que recoñecen para o resto dos contribuíntes pero que sinten que a eles, descendentes de cristobal colón e dunha ruda estirpe de mariñeiros inclinados o roubo e o escalo en nome de deus noso señor, lles resbala.
alzados!!! alzados e envalentonados, coma cans os que o cheiro dunha cona pon tarumbas, listos e prestos para a gresca, para o chascarrillo. jeje!!
decir que non se acordan, que xa fai tantos anos de eso que non gardan na cabeza información sobre o feito, acostumados como están a levar día a día as riendas da gobernación de las españas, non é máis que unha chanza, unha ocurrencia para contar o fin de semana no círculo recreativo os compañeiros de partida ou mentras se pasan, con xesto desaprobatorio, as páxinas do abc. y viste lo que le dije al soplagaitas ese del bloque?
sábense intocables. de feito son intocables; sono por que ningún de nos se levanta e lles mete un moquete, un de esos que se lles pega os nenos para que modifiquen a conducta errática e volvan o chan. un sopapo de man aberta que estes non merecen puño pechado, a ver home, responda ó que lle preguntan, hostia, que son os representantes dos que vostede e outros cantos levan roubando lustro tras século. mecagoendios.

Gaviotero #5 22/Outubro/2007 Gaviotero

ay, baltar69, me gustaría verte a ti hace 40 años levantando el brazo ante el Caudillo.

Si es que los que habéis sido fachillas toda la vida ahora tenéis un gran problema con la necesidad que tenéis de limpiar vuestro pasado.

teixugo #6 23/Outubro/2007 teixugo

Ninhada de... RARTOS!!!!!!!!!!!

O_Castrexo #7 23/Outubro/2007 O_Castrexo

Que alguén lle peche a conta ao teixugo. Pero son normais os comentarios deste usuario? Adícase a perseguir a outros usuarios, a faltar ao respecto e a insultar. Non se pode comentar nada sen que estea este individuo a perseguir os últimos comentarios da xente que non opina coma el ou que non lle caia ben.

Non existe a posibilidade de banear este tipo de xente nestes foros? Debería existir un código de conduta e expulsar a todo aquel que se comporte coma teixugo.

Maeloc-do-Rouco #8 24/Outubro/2007 Maeloc-do-Rouco

O Castrexo, e posibel que tenhas razom no tocante ao teixugo...mais que fales tu que mais ou menos fas o mesmo -ou nom mui distinto- cheira umha miguinha a hipocrisia, nom e?...Pot/Kettle (sabes o dito ingles?)Por outra banda: Por favor...deixa de dizer quem tem que falar ou quem nom ("a calar"!!), a quem ha que deixar intervir e a quem nom ("e punto"!!), etc etc... que semelha que a tolerancia nom vai contigo...

papuxa70 #9 24/Outubro/2007 papuxa70

Tes razón som umha ninhada de ratas.Para Castrexo ,se queres tolerancia recoméndoche o foro de Galicia Bilingüe.Contra o esquecemento amnesil en doses de memotia histórica

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Perozo

Xosé Antonio Perozo

Naceu en Llerena (Estremadura) en 1951. Escritor e xornalista, publicou máis de trinta libros entre ensaios, obras de teatro e narrativa, tanto para adultos como para nenos. A súa última novela, Espérame, publicouse en Xerais en 2006.