Eu teño o convencemento de que os discípulos de Antistenes están inmersos no tecido da historia da nosa civilización dun xeito tan arraigado que a sociedade non só os tolera senón que mesmo os admira e aplaude. Do contrario resultaría imposible que o PP tivese o máis mínimo crédito político a estas alturas.
Tras o nacemento, fulgor e morte da UCD, moitos pensamos que neste país era posible contar cunha dereita de altura, democrática e tolerante. Unha dereita que renunciase ás obras e pompas da fenecida ditadura franquista, da que gran parte dela era herdeira e beneficiaria directa. Tiñamos a esperanza de que as dúas Españas machadianas se borrasen do mapa para falar dunha España federal, tolerante, capaz de facer convivir nacionalismos con centralismos nun momento no que a construción da nova Europa pedía unha concepción moderna da convivencia. Trinta e cinco anos despois seguimos aturando unha dereita decimonónica, obscenamente intolerante e facendo gala permanentemente de pertencer á vella escola grega de Antitenes.
Cando, por exemplo, escoitamos falar a Núñez Feijóo de baixar os impostos municipais, como fixo hai uns días para abrir a campaña electoral das Xerais, e comprobamos que volven coas mesmas propostas das Municipais que non cumpriron nin pensan cumprir os seus alcaldes, os cidadáns preguntámonos se esta dereita do PP considera a cidadanía falta de raciocinio ou falta de memoria.
Cando, por exemplo, vemos a Zaplana presentar un libro sobre a súa excelsa figura, que subtitula “el brazo incorrupto del PP”, preguntámonos se a dobre linguaxe deste señor é só produto da súa personalidade ou é algo máis fondo, máis da esencia do partido que dirixe.
Cando, por exemplo, vemos as patéticas expresións de Ángel Acebes acusando de mentireiros os membros do Goberno non podemos apartar de nós a súa imaxe nos días que seguiron á traxedia do 11-M e dubidamos entre pensar que perdeu a razón ou que a súa razón nada ten que ver co sentido común.
Cando, por exemplo, volvemos escoitar a Mariano Raxoi, un líder débil, incapaz de poñer orde na súa tropa, dicir que estes case que catro anos de oposición serviron para amosar que está preparado para gobernar, temos a certeza de que a autocrítica é un concepto inexistente na dereita que representa.
Cando, por exemplo,... .... non sigo.
Diante destes e outros miles de exemplos relacionados co xeito de tratar os asuntos públicos por parte dunha gran maioría de membros cualificados do PP, xa sexan de economía, terrorismo, cultura, educación ou simplemente do posible problema dunha beirarrúa, non hai dúbida de que estudaron os fundamentos da escola de Antistenes e actúan como os seus discípulos máis avanzados: predicando todo o contrario do que fan, acusando os demais dos seus propios defectos, mentindo sen pudor, fachendeando do que non teñen... Nun xogo de dobre moral que pode semellar relixioso pero que en realidade non é outra cousa que cinismo. Estou seguro de que mestres desta escola, como Maquiavelo ou o cardeal Mazarinos, estarían encantados de vivir neste tempo e militar no PP. O lamentable é que non avancemos na procura dunha dereita necesaria, equilibradora, tolerante, democrática... Unha dereita moderna que contribúa a facer autonomía, país, Estado, Europa...
1. Antístenes foi un filósofo grego que é considerado xunto con Dióxenes «o can» o fundador da escola cínica. Precisamente deste, pois cínico provén de «kyon» can en grego, recibiron estes filósofos tanta as súas características esenciais como o seu nome.
Non consta que os cínicos actuaran “predicando todo o contrario do que fan, acusando os demais dos seus propios defectos, mentindo sen pudor, fachendeando do que non teñen...”.
Máis ben o contrario. Antístenes tomou de Sócrates os trazos fundamentais da súa ética e ascética: antepoñer a todo o demais o coidado da alma, o menosprezo dos bens da fortuna, o afán de diálogo, a crítica aos políticos e aos demagogos, etc. Defendeu que a ensinanza da virtude se facía máis cos feitos e o exemplo que con argumentos e erudición, e basta por si mesma para acadar a felicidade.
É posible que levantara as iras dos nacionalistas, porque tamén defendía a igualdade de dereitos para todos e dise que atacou a «todos os demagogos de Atenas».
(Cf. Guthrie, W.K.C., Historia de la filosofía griega, III, páxs. 295 e ss; García Gual, C, La secta del perro, páxs. 29 e ss).
2. En canto a Maquiavelo, a pesar da lenda negra que rodea o seu nome, foi un pensador que nada ten que ver co que se di no artigo. Por exemplo: Spinoza, no seu Tratado Político (cap. 5, secc. 7) considérao un amigo da liberdade que deu excelentes consellos para conservala. Marx considera os Discursos unha «obra mestra xenuína». Gramsci, o fundador do Partido Comunista italiano, ve nel un «demócrata», limitado a súa época, que busca o consenso activo das masas populares, que se propuxo educar ao pobo porque expuxo cómo gobernan os príncipes, destruíndo os mitos do poder e do prestixio da autoridade e que apuntaba a un fin que era a unidade política de Italia.
Pero a valoración máis atinada é a de Jean-Jacques Rousseau, no Contrato social (libro II, cap. 6), quen consideraba que El Príncipe é un libro dos republicanos: «...finxindo ensinar o dar leccións aos reis, deullas e moi grandes, aos pobos».
Buen artículo para Educación para la ciudadanía: rigor, imparcialidad, erudición.
Efectivamente Aschram, Antístestes e o seu máis sonado discípulo Dióxenes non tiñan nada que ver con Acebes e compañía. Antes ben, soían poñer en cuestión mediante a parresia a dobre moral da sociedade e da "xente de ben".
Dióxenes predicou o cosmopolitismo coma Manuel Antonio, criticou a hipocresía da Igrexia coma Curros, denunciou as desigualdades sociais e de dereitos coma unha grande parte da tradición nacionalista galega vén facendo ó longo da historia, desde Faraldo a Beiras, foi prendido por invalidar a moeda en curso legal como o foron os mozos que queimaron o retrato do rei, desprezaba ós aristócratas e tamén mandou retirarse dediante súa a Alexandre o Grande porque lle quitaba autonomía.
Por iso estou dacordo en que algunhas das acepcións actuais de cínico e maquiavélico non se poden remitir a súa etimoloxía sen desvirtuar significados. Coma tampouco se pode falar do mesmo significado político cando falamos de nacionalismo español e de nacionalismo galego.
Timbalo non coñecía a Perozo articulista nen eu a Perozo medias verdades. Imos ver. Este señor pertece ao PSOE e vive desde hai un bo fato de anos de empregos subministrados por administracións ocupadas polo PSOE. Convén non esquecero dado.
O primeiro parágrafo contén tan grande número de medias verdades que permítome recomendar a esta web que o grave en bronce porque dentro de uns días haberá xente que non acredite tal.
Pero, este señor, que un día declarou que Cela non ía ser lembrado como novelista, sabe perfectamente que eses apóstolos aos que se refire no primeiro parágrafo son os que dixeron sobre a OTAN, cando estaban no goberno, todo o contrario do que largaron na oposición, e metéronnos na OTAN. E sabe Perozo, que debe escibir para persoas afectadas por episódicos ou permanentes estados de obnubilación, que persoas de gobernos socialistas montaron unha banda terroristas con sede no Ministerio do Interior. E que as leises para "armonizar" o proceso autoómico non seguiron precisamente o rego que leva cara unha España federal.
Claro, para os mediocres analistas políticos que embelecen estas terras, o máis doado e fácil é argumentar en contrario: miren a Mariano e aos amigos de Mariano, comparen e se atopan algo mellor, vótenos a nós. Ambición, que non falte.
E tras o fracaso das súas análises antes das pasadas elecións municipais, días aqueles en que pronosticaba, anónimamente, iso sí, unha maioría absoluta para Sánchez Bugallo, comprenderá, Perozo, que dubide moi moito da súa capacidade como "observador" da vida social e política e confirme as súas amplas tragadeiras en pro dun modo de vida que, sen grandes luxos, permite unha vida muelle con seguridade social e Inserso.
Algunhas persoas, non moitas, pensabamos que un sistema democrático debería estar cimentado sobre un piar: a total transparencia das contas dos partidos políticos e, pola contra, a opacidade brila neste eido como a enerxía obscura esa que hai no universo, según miras pa riba, mán dereita, sen que desde dentro dos partidos se erga unha voz contra tamaño insulto á cidadanía. Pero como paga o inglés, como o inglés paga os salarios non só de políticos profesionais senón tamén os emolumentos dos asesores nas máis peregrinas disciplinas, contra iso non piamos, sobre ese tema non opinamos.
Iso sí, polo de agora, facemos méritos para gañar un premio modesto, dous ou tres millóns das antigas pesetas, promocionado por unha autonomía, deputación, concello, universidade, escola taller, organismo autónomo, academis, museo, fundación, controlada polo PSOE.
Estou totalmente de acordo con Xabi1. Baste con dicir que Perezo é un "periodista".
Naceu en Llerena (Estremadura) en 1951. Escritor e xornalista, publicou máis de trinta libros entre ensaios, obras de teatro e narrativa, tanto para adultos como para nenos. A súa última novela, Espérame, publicouse en Xerais en 2006.