O xermolo de xenofobia institucional que está a vivir Italia tras o triunfo de Berlusconi é preocupante. Moito máis que as mesmas circunstancias en Centroeuropa porque a península italiana é, como España, unha mestura de etnias, unha terra diversa e plural que só a sementeira do fascismo a pode converter en xenófoba.
Por desgraza non todos os italianos e italianas leron a Norberto Bobio, unha figura senlleira da socioloxía e da filosofía do seu país no século XX. Bobio preveu as veleidades fascistas de Silvio Berlusconi. Foi un dos seus detractores máis dinámicos e irrefutables pero o empresario político venceu o pensador, non hai dúbida, tirando de elementos propios dos populistas, tras dos que se agocha unha filosofía totalitaria, excluínte e, naturalmente, xenófoba. Se a meirande parte dos cidadáns de Italia escoitasen e comprendesen a Bobio, Berlusconi estaría hoxe en calquera cadea cumprindo penas por corrupción ou prevaricación ou apropiación indebida ou calquera outra acusación das que se fai acredor.
Esta terceira volta do cavalieri á presidencia de Italia esperta moitos temores nun momento no que a febleza das economías internacionais fai tremer os cidadáns dos países democráticos. Semella que é o momento dos oportunistas e dos prestidixitadores. O momento dos personaxes mediáticos dispostos a vender fume, como é o caso de Sarkozy en Francia. Personaxes con aparente escaso calado político, con certo carisma, pero cunha dobre faciana. A da hipocrisía mediática dun lado e a da dureza dunha dereita ditatorial do outro. Individuos que utilizan sen pudor os mecanismos democráticos para establecer normas antidemocráticas e, se cadra, inhumanas.
O que está a acontecer en Italia cos xitanos e os polacos inmigrantes ergue sons e ecos dun tempo pasado que xa criamos reducidos ás páxinas de Historia. Lembra aquela xenofobia europea contra os xudeus marcados como reses cunha estrela amarela. Os ventos e as teorías contra os inmigrantes que escoitamos acotío, a nova normativa comunitaria da que moito se fala e pouco coñece a cidadanía en xeral, o sentimento crecente de que en Europa non cabemos todos, é moi preocupante pola proxección que está a acadar na cidadanía en xeral. Pero non o é menos pola falla de voces de pensadores, intelectuais, escritores, científicos, articulistas e demais que semellan xordos e mudos. A eles cómpre lembrarlles que, en circunstancias como estas, o silencio sempre é cómplice. E, a moitos deles, ó mellor é necesario recomendarlles algúns dos ensaios de Norberto Bobio, para espertarlles a conciencia que, por desgraza, non enchoupou ese pobo italiano plural e multirracial que un día aclamou a Mussolini e que outro o arrastrou polas rúas antes de penduralo boca abaixo para sempre.
Comentario típico de los progres en estos días que no saben ni lo que ha hecho Berlusconi, pero que juntan Berlusconi e inmigración en una frase y el cuerpo les pide añadir la palabra xenofobia como sea para completar su discursito progre.
Veamos, caballero, algunas aclaraciones:
1. Gobiernos de izquierda como el de Zapatero, en boca de su ministro de Interior, Rubalcaba, están proponiendo en estos días la expulsión de inmigrantes ilegales a sus países de origen y han protagonizado episodios de transporte de ilegales sedados, aparte de otras muchas tropelías.
¿POR QUÉ ENTONCES CALLAN? ¿NO SERÁ QUE MIRAN A LOS PROTAGONISTAS DE LA NOTICIA EN VEZ DE MIRAR LA NOTICIA EN SÍ MISMA?
2. El propio BNG en Pontevedra protagonizó un episodio mucho más grave de "xenofobia" y "racismo" según su propia categorización de los hechos, al expulsar, cortarles la luz e impedir habitar sus hogares a una serie de familias gitanas porque PRESUNTAMENTE trapicheaban con droga y a los vecinos no les gustaban.
¿DÓNDE ESTABA USTED ENTONCES PARA DENUNCIARLO? ¿ES ESO XENOFOBIA O RACISMO O COMO EN ESTE CASO SON SUS AMIGUETES SE TRATA DE POLÍTICAS DE INTEGRACIÓN SOCIAL SEGÚN LA PALABRERÍA Y EL DOBLE RASERO PROGRE?
3. Por último, Berlusconi no sólo tiene nada contra los inmigrantes, entre los que cuenta con un gran apoyo al ser estos inmigrantes LEGALES los que menos desean la presencia de los ilegales, sino que se ha limitado a preparar la expulsión ANUNCIADA en el programa electoral de los inmigrantes ilegales que agrupados en guetos están causando graves problemas a la población italiana que, aunque le pese, ha apoyado mayoritariamente a Berlusconi frente a la palabrería de la izquierda. Palabrería, por cierto, muy similar a la suya.
Así que lo siento, pero su discurso progre no cuela.
Onde hai galiñas sempre haberá racismo.
Moitas verdades xuntas e moitos oídos xordos. Parabéns.
Leituras que recomendo (a crise e fonda, de valores e economica, mais reflicte um baleiro de opcons que existe em moitos estados do mundo, condicionados polas politicas economicas neo-liberais coa unica nuance do discurso mais ou menos populista ou "progre" no que atinge a emigrazom e direitos humans...som realmente tam distintas as opcons PPSOE?? Som os laboristas esencialmente distinto dos Conservativos?? E realmente remotamente honesta e genuina a "democracia" em oferta?? Ninguem ousou "usar" a palavra "esquerda" nas eleizons italianas?? Ha quem fala do centro politico dum jeito "elogiosso", mais a que nos referimos pra falar da suposta virtuosidade de esa espazo?? Que e o que o define?? Ha certas coussas nas que o intervinte anterior esta realmente no certo...Berlusconi e um desastre como governante (nom falo como empresario que aproveitou umha oportunidade pra fazerse milhonario), mais e o que elegiram os italianos e isso e o que realmente pre-ocupa, como os discursos baleiros populistas vam ganhando terreo em Italia ao discurso acomplexado da ex-esquerda que como no Estado Espanhol (PSOE)nom passa mais ca dum eslogan pra se diferenciar do PP (uns teorizam mais encol dos direitos humanos e da sua necesaria implementazom, mais nom passa de retorica na maioria dos casos)...O bipartidismo italiano, espanhol, britanico simplifica tudo e minimiza as verdadeiras posibilidades de mudanzas significativas..O paradigma neoliberal e o que marca a agenda e a pauta...E no meio detas crises de valores a xenofobia e o discurso doado do populismo e da ignorancia prende coma nada...mais o problema nom e Berlusconi, nem Aznar, nem Mussollini, nem Franco nem Otegi..O problema e o fascismo, a intolerancia e tamem na impotencia ou o funambulismo hipocrita da suposta esquerda oficialista que no Estado espanhol se chama por exemplo PSOE
Leituras recomendaveis:
http://www.guardian.co.uk/comm...
http://www.pinknews.co.uk/news...
http://www.independent.co.uk/o...
O Berlusconi tem um grande capacidade de pôr em ridículo a ptretensa superioridade moral da civilizaçom europeia.
Nom esqueçamos que muitos italianos, sao europeios nom?, o consideram como uma sorte de Maradonna da política, capaz de devolver-lhe a glória passada ao pais. É essa sinceridade dos grandes líderes, essa desvergonha, a que o faz odioso para muitos políticos da direita, olhai o semanário The Economist:
Sen que serva de precedente, hai algunha afirmación de Gaviotero que resulta aquelada. O autor do artigo, Perozo, dispara letras e frases modeladas pola peneira "progre", altemente desprestixiada, sobre todo se veñen da man dunha persoa que foi asesora do alcalde Sánchez Bugallo, ou sexa, parte dunha política, altofalante dun xeito de actuar.
As ideas verquidas no textículo de Perozo son lugares comúns que, de ser aplicabeis nesta terra e á política desenvolvida por gobernos municipais progresistas ou socialistas amosarían que, tamén, eles, os nosos sociatas, aplican semellantes ideas ás propagadas polo Siñore italiano. Un paseillo por Pena Moa, cecáis, abriria-lle a mente e os ollos a Perozo; tamén, se ten memoria, extremo que dubido, lembrará Perozo a actuación municipal compostelá en Aríns; e para qué decir-lle que o Vice Kim propuxo un modelo de asentamento cigano con policías na porta de entrada... tal e como os ten implantados o Siñore italiano.
Mais, caro Gaviotero, non entendo a túa postura. Concordas con Berlusconi mais non cos sociatas galegos que aplican a mesma política en Galiza? Claridade, un pouco de claridade.
E parabéns a Perozo. Os seus artigos son cada día piores e máis pintorescos.
No, Xabi1, concuerdo con las políticas denominadas "duras" por los progresistas para la inmigración ilegal, pero con lo que estoy en desacuerdo es con el TRATAMIENTO que se les da a esas mismas políticas según quien las protagonice y sobre todo, con el hecho de que los mismos que las protagonizan aquí, las critiquen allí.
Por eso afirmo en mi comentario que las políticas del BNG en Pontevedra serían episodios de "xenofobia" o "racismo" según la propia vara de medir progre.
Se podrá estar o no de acuerdo con lo que digo, pero creo que el discurso es coherente.
Caro Gaviotero:
Unha política "dura" é sempre iso, aplicada por uns ou outros. O dilema está en saber se unha política dura, líquida ou escorrentada é útil para algo ou para o fin que busca. E a política do Siñore non semella ser máis ca iso, "dura", mais sen futuro, porque mentres veñan a moreas seres humanos fuxindo da fame e da guerra, chico, non hai nada que facer.
Claro que a "moral" progre é, as veces, cuspidiña a outra, á retrógrada ou neo-retógrada, e boa mostra do que digo é o artigo que comentamos, o artigo de Perozo, que ve vigas, camións e portavións no ollo alleo sen se decatar de que no próximo hai o mesmo envolto en celofán.
A túa opinión sobre unha e outra política é contraditoria: ou é boa e correta a política de Berlusconi e, eis, a política de aquí, con independencia do tratamento xornalístico que se lle dea nunha ou noutra península, ou ambalasdúas son nefastas con independencia de quen as leva adiante.
E a política do BNG en Pontevedra, e Poio, non é racista: simplemente é a política de quen non ten nen idea de cómo resolver un problema e meta a pata e acaba por transformar algo en algo con tintes xenófobos. De aí, da inexperiencia do BNG (manifesta) en temas de "étnicos"- eles, que son a etnia por excelencia- a unha política "racista" por parte do BNG, dista un mundo, penso.
Alguén dirá que hai compinchada entre ti, Gavioetero, e máis eu, porque concordo plenamente no que atingue ao argumento das dúas varas de medir; sí, efetivamente, hai dúas e máis varas de medir éste e outros asuntos da vida galega. E boa mostra é o artigo de Perozo. As veces estou por demandar da comandancia desta web que lle retiren a palabra clave para que poida pendurar as súas encíclicas, pero despois penso que non, que é mellor que encha un oco virtual e nos agasalle con tan tremendos pensamentos.
Cobrará?. Encima cobrará?.
Pero Xabi1, las políticas "blandas", o sea, progres, lo que hacen es alimentar el denominado efecto llamada por el cual cada vez más gente acude al lugar donde se legaliza al inmigrante ilegal con la esperanza de que tarde o temprano le tocará a él.
Yo soy partidario de políticas que faciliten la entrada ordenada de inmigrantes rechazando a los inmigrantes ilegales como una clara señal a sus países de origen y, sobre todo, siendo lo más severos posibles con aquellos inmigrantes que cometan delitos.
Adivina a qué país van a ir mayoritariamente los inmigrantes ilegales que hasta ahora iban a Italia...
Respecto al autor de este artículo, al que apenas conozco, no deja de ser un buen ejemplo del progresismo que nos invade...Pero que escriba y se explique todo lo que quiera, pues al fin y al cabo no hay nada como poder contrastar nuestros pareceres, ¿no? Mientras Vieiros nos siga brindando la oportunidad de hacerlo, ¡que siga la fiesta!
PD: No conozco a NINGÚN progre que haga algo sin cobrar...y normalmente por adelantado.
mas por qué nom passades do javio-hetero, ou é umha brincadeira do Vieiros ou realmente existe esse especime amarghado!!!?
Hola, te soy javi-hetero (sexual por supostíssssimo)y mi marido te se me ha perdido em Matogrande(lacuruññññia) ai!nom, perdâo, em Sotogrande (Cádiz, Españñññiiia) que te es más cuuul. Passai dele, que está amarghao!!!
Gaviotero, sinceiramente, as túas análises sobre as políticas de inmigración son bastante cutres, un pouco de cafetería. Se pretendes continuar con esta aureola de persoa cunha capacidade intelectual sen precendentes metida nun mundo hostil como é o vieiros recoméndoche que te informes un pouco máis neste caso concreto. Teño a fortuna de ter escoitado a moitos expertos en inmigración (sen considerar a súa ideoloxía política) e que cos teus comentarios te consideres un experto na materia prodúceme risa.
Naceu en Llerena (Estremadura) en 1951. Escritor e xornalista, publicou máis de trinta libros entre ensaios, obras de teatro e narrativa, tanto para adultos como para nenos. A súa última novela, Espérame, publicouse en Xerais en 2006.