Os bispos galegos veñen de sumarse á campaña da Conferencia Episcopal contra a materia de “Educación para a Cidadanía”. A cruzada contra o laicismo por parte desta Igrexa retrógrada e integrista non ten límites e, mesmo, nin sentido, porque nin esa materia educativa vai contra a relixión ni é expresamente laicista. Están a conseguir, iso si, que moitos cidadáns miren o laicismo como unha fiestra de liberdade.
No decurso da pasada campaña electoral avivouse a polémica ó redor da confesionalidade relixiosa ou non do Estado, e o concepto de laicismo saltou ó primeiro plano da actualidade entrando con forza no pensamento da sociedade e de individuos que, en moitos dos casos, nunca sentiran ningún tipo de preocupación por esta cuestión.
Se partimos da definición clásica e básica de que “o laicismo é unha doutrina que defende a independencia do home ou da sociedade, e máis particularmente do Estado, de toda influencia eclesiástica ou relixión”, como determina o propio dicionario da RAE -cunha clara dependencia conceptual dos canons relixiosos-, veremos que a confusión en torno ó concepto é ampla e antiga. En primeiro lugar hai que ter en conta que o laicismo non se pode considerar unha doutrina, é unha elemental actitude individual ou colectiva ante as prácticas relixiosas de toda confesión.
Desde esta perspectiva, é bo que consideremos o laicismo como unha opción pura de liberdade de conciencia, que non necesariamente representa unha actitude antirrelixiosa. Considerar que a organización da sociedade, sexa a que sexa a súa orientación administrativa ou política, debe ser laica supón un avance no territorio da tolerancia. Quizais por iso o laicismo pasou a ser unha bandeira progresista nos tempos modernos. Porén, a polémica está xerando confusións neste sentido e propiciando posicións encontradas entre os laicistas e aqueles que ou ben defenden o Estado confesional extremo, ou ben defenden as prácticas relixiosas públicas simplemente. Algo de todo punto anacrónico e desmesurado.
Opción individual
O laicismo como opción individual non admite discusión. O laicismo como definición do Estado si pode admitila, tanto por razóns históricas como por estratexias de poder. Aí a liberdade de opinión é libre. Pero se partimos da base de que o Estado debe ser neutral fronte ás prácticas relixiosas, a laicidade é a posición institucional máis adecuada para evitar nepotismos e desigualdades. Ó mesmo tempo, un Estado laico non implica a configuración dun Estado antirrelixioso, polo contrario a súa independencia debe garantir a igualdade de trato a todas as confesións que convivan no seu territorio, do mesmo modo que o fai con outro tipo de organizacións políticas, sindicais, culturais, etc. Polo tanto, resulta difícil aceptar un Estado confesional nestes tempos, facendo a valoración desde o dereito á liberdade de conciencia de todos os individuos.
Debemos entender que o laicismo non é sinónimo de exclusión. Todo o contrario, é símbolo de tolerancia e convivencia. Se nos achegamos á polémica xerada en España, veremos que non son precisamente os laicistas os máis belixerantes, senón aqueles que durante séculos detentaron e abusaron do poder confesional baixo o paraugas do Estado confesional. Coa Lei Orgánica de Liberdade Relixiosa de 1980 na man, veremos que no seu artigo 16 consagra a liberdade de conciencia para todos os españois. Porén, esta lei é probable que quedase obsoleta en moitos aspectos e resulte necesario, case tres décadas despois de ser promulgada, unha revisión acorde cos novos tempos e as novas realidades que, especialmente por causa da inmigración, veñen xerándose no noso territorio en materia relixiosa.
Fronte ós que esgrimen dereitos arraigados na tradición, hoxe non é aceptable que o Estado español manteña un Concordato coa Igrexa católica de Roma, que consagra privilexios extemporáneos para os católicos en detrimento doutras confesións. É probable que xa non sexa equitativo que a Igrexa católica española reciba máis de catro mil millóns de euros do Estado fronte ós menos de cinco mil que se distribúen ó resto das crenzas. Non é socialmente xusto que en España só a Igrexa católica estea exenta de impostos e manteña unha absoluta opacidade administrativa. Cuestións como estas son as bases sobre as que se xerou o debate político e social, que ten o laicismo como principal abandeirado. Paradoxalmente, é bo que así sexa, porque do contrario estariamos a un paso de caer no anticlericalismo, de tan nefastas consecuencias.
En definitiva, a sociedade debe ser política e administrativamente laica para que os individuos poidan ser realmente libres en materia de conciencia e crenzas. E, ademais, que a convivencia se cimente sobre a tolerancia que o laicismo debe propugnar como antídoto contra os integrismos e as administracións públicas confesionais encubertas.
Non, Perozo, non é así...
Para empezar, xogamos coas palabras. Porque laicismo (e eu considérome tal) ten como modelo o de estados coma o francés, que limitan todo fenómeno relixioso á íntima privacidade das prácticas persoais. Eiquí, o estado, a constitución (sí, esa que aprobou o teu partido) recoñécense como aconfesionais, o cal non é o mesmo: a relixión católica recibe recoñecemento e apoio financieiro, e (tamén segundo a constitución) ten dereito a esixir que a moral na educación sexa algo no que non decida o estado, senón as familias.
Educación para a cidadanía está lonxe de ser o mal terríbel que pinta a estrema dereita, pero é dende longo, 'formación do espíritu nacional (demócrata-liberal)', algo que por outro lado xa se ven facendo cos chamados 'temas transversais' na educación. Porque todos eses 'valores' non por seren consensuados e maioritarios (ou non- a igrexa non concorda no das opinións sobre o matrimonio ou no laicismo) deixan de ser -e de qué maneira!- ideolóxicos.
Eu defendo o laicismo, mais non enganemos. Laicismo significa que a Igrexa se vexa expulsada das esferas públicas. Laicismo é o de Turquía, que acaba de voltar a proibir o velo nas escolas (non digamos, logo, as clases de relixión). O PSOE que se deixe de caralladas e de xogar a dúas bandas, e que cumpra as súas veladas promesas electorais de reforma dos acordos da Igrexa e o Estado.
O instrutor relixioso máis grande do mundo, Xesús de Galilea (A Galiza de Israel daqueles tempos), foi en verdade un laico. E non se levaba moi ben cos sacerdotes e non porque fosen xudeus. Xa que el era un laico xudeu.
Con toda probabilidade se vivise no noso tempo, tamén sería un laico e non levaríase moi ben coa xerarquía da igrexa por razóns obvias, para o que lea os evanxeos e compare co que fan e din O Papa, os bispos e moitos cregos, que se inventaron unha nova relixión, principalmente de culto, máis a eles mesmos que a Deus.
O Jesús de Galilea é um invento, como todo o Novo Testamento, como grande parte do Antigo. O cristianismo "fabricou-se" em Roma e em Grécia e Anatólia amalgamando crenças e religiôes da época, possívelmente com a intençâo de criar uma religiâo-ideologia estatal unificadora dos povos do Império.
¿El laicismo una ventana de libertad cuando la apoyan los totalitarios nacionalistas? Adoctrinamiento para la Ciudadanía lo único que pretende es hacernos a todos "progres", de forma que los artículos de José Antonio Perozo nos resulten digeribles.
Pero va a ser que no...
Imos ver, Perozo, pero non foi don Alfonso Guerra, cando gobernaba, quen nos meteu neste lío?.
Quén e qué partido asinou o Concordato co representante de Deus na terra, Perozo?.
E, de verdade, este home cobra por pendurar textículos de este tipo?
A ver:
Imaginemos que uma senhora nos diz que h+a uma Deusa única, que criou o mundo, ora, é uma e triple, porque é Nai da sua Filha (que é ela própria), mas também há outra Pessoa, a Santa Avó (que também, oh misterio, é Ela própria). A tal Deusa deu-nos 12 mandamentos, "não matar, não roubar, não comer carne de cabra...". Existe uma Papisa, que deve ser sempre mulher, claro, e que por definição, tem sempre a razão. A doutrina desta Igreja inclue a obrigatoriedade de utilizar preservativos de cor fucsia em todas a relaçoes sexuais. Existe um Povo Eleito, que é o de Betanços. Em tempos antigos, o Povo Eleito lutou contra outros povos (os Fenícios, por exemplo) e houve batalhas espantosas, nas que Caralhaab, o profeta dos betanceiros, matou ele só a 50.000 fenícios, mulheres e nenos incluídos, com uma bexiga de vaca cheai de pedras, por ordem da Deusa. Depois a Filha encarnou-se, e nasceu, e fez muitos milagres, como resucitar um porco que já estava convertido em chouriços, e dar de comer a 20.000 pessoas com dous repolos (de Betanços) e tres sardinhas. Os romanos prenderom-na e mataram-na, mas resucitou ao quarto dia.
Bom, se alguem pretendesse que isto fosse uma matéria, mesmo optativa, na escola, ou que a tal Igreja recebesse dinheiro do estado, mandá-lo-iamos ao caralho, não sim???
Os bispos son como o can do hortelán. Nin foden nin deixan foder. E senón mirad esta noticia.
http://www.lavozdegalicia.es/s...
Naceu en Llerena (Estremadura) en 1951. Escritor e xornalista, publicou máis de trinta libros entre ensaios, obras de teatro e narrativa, tanto para adultos como para nenos. A súa última novela, Espérame, publicouse en Xerais en 2006.