O nacemento das industrias non obedece só á vontade da man invisíbel de Adam Smith senón a acontecementos casuais que moitas veces pouco teñen que ver co mercado. Ás veces é a propia acción colectiva a que impulsa a creación de sectores enteiros, un dos casos é o da industria eólica en Dinamarca.
Cando a finais dos anos 70 a sociedade dinamarquesa, preocupada pola crise do petroleo e altamente concienciada dende o punto de vista medioambiental, lle da o mandato aos seus governos de que impulse a xeración de enerxías limpas, e en concreto a eólica, é posíbel que non tiveran como obxectivo lograr que o seu sector eólico sexa hoxe líder a nivel mundial. Sen embargo, ser os primeiros ou estar nas fases iniciais do nacemento dunha industria constitúe unha vantaxe esencial para acumular competencias técnicas, humanas e empresariais. As máquinas son doadas de exportar e mesmo de copiar, pero o coñecemento acumulado ao longo do tempo non o é, por iso países con custes laborais elevados poden liderar os índices de produtividade e ser os máis competitivos nos mercados internacionais.
Galiza: A oportunidade desaproveitada
Cando só vinte anos despois, a principios dos 90, as grandes empresas eléctricas españolas se comezan a interesar polo negocio do sector eólico, Galiza convértese nun dos caramelos máis codiciados polos seu enorme potencial. Iníciase o proceso de posta en marcha de numeros parques eólicos no pais que a situan á cabeza do Estado en canto a potencia instalada. O resultado, a día de hoxe, é que o control da xeracíon está practicamente na súa totalidade en mans de empresas non galegas e que non naceu ningunha firma no país que teña unha certa relevancia no sector a nivel sequera do Estado. Se ben é certo que algunha destas empresas instalaron fábricas de compoñentes e que houbo algunhas firmas galegas que se inciaron no sector, ben como auxiliares ben como produtores tamén de compoñentes, a realidade é que Galiza, o seu tecido empresarial, non aproveitou as oportunidades que lle brindaba o noso potencial nun momento aínda incipiente da propia industria a nivel internacional. Mercamos a tecnoloxía porque non desevolvememos apenas coñecementos propios, entre outra mercamos tecnoloxía dinamarquesa.
De pouco sirve aquí botar balóns fóra e culpar ao capital trasnacional do que aconteceu. Á diferenza do que ocorrera co sector hidroeléctrico os galegos desta volta tiñamos a ferramenta para evitar a expoliación dos nosos recursos: tiñamos un goberno con enormes competencias no sector. Que non se impulsaran empresas, centros tecnolóxicos e todo o entramado necesario para crear un sector competitivo é responsabilidade propia. Que o proceso de concesión das licenzas de explotación fora como foi e se posibilitara a revenda das licenzas sen nen sequera ter iniciado a construción dos viraventos, tal e como enfatiza agora algún medio, é responsabilidade colectiva. (Por certo, neste pais onde se crean comisións de investigación para ver se uns tubos son de cemento ou se son galvanizados, estaría ben que soubéramos quen foron os destinatarios desas licenzas e que uso se fixo das mesmas).
Recuperar o tempo perdido
O proceso de ampliación da potencia instalada que o goberno actual acaba de iniciar, ademáis de correxir prácticas dubidosas, debe servir xustamente para recuperar o precioso tempo perdido de cara a consolidar un sector punteiro a nivel mundial. Para iso é necesario apoiar aqueles proxectos que aposten pola creación de competencias integrais, que inclúan estratexias claras de cara á creación de coñecemento e a innovación no sector eólico. Será necesario contar coas institucións do sistema público de I+D+i, nomeadamente coas universidades e cos centros tecnolóxicos. Non sería descabelado impulsar a creación dun centro tecnolóxico ou semellante onde participen activamente as empresas ligadas ao sector, non só as vinculadas á xeración enerxética xa asociadas na Asociación Eólica de Galicia, senón tamén o entramado de empresas de compoñentes e de servizos especializados (enxeñerías, consultorías diversas, etc). Existen recursos para iso, tanto públicos como sobre todo privados, dada a alta rendabilidade da xeración de enerxía eólica. Só resta usalos intelixentemente.
Planificação, racionalização, investigação, legislação? em qualquer país civilizado é o que se faz.
Nas colónias terceiro-mundistas submetidas a um poder neoliberal, onde os novos vice-reis vendidos (...e baratos, caralho!) contam o tempo por espaços entre campanhas eleitorais e mariscadas com a máfia empresarial, difícil.
É o tempo passado perdido, presente perdido e futuro perdido.
Uma perdição total, que está a destruir de forma irreversível o nosso País.
Si fora verdade que hai xeneradores que multiplican realmente a capacidade por 13 -pon qué NON DIVIDIR POR 13 O SEU NÚMERO?-, e con proxectos comunitarios sobre a zona afectada -TODA, non só os propietarios do monte-: participación DECISORIA VECIÑAL, consideración VINCULANTE do seu impacto ambental (cuidado da paisaxe como ben, desde lonxe e perto, estacións históricoculturais, mámoas, protección técnica das vexetacións de interese, etc. etc.), con condicionamentos e restriccións obvias e consensuadas (en especial cos grupos ecoloxistas e centíficos universitarios, etc.), etc...
Vinculación empresarial co medio social i ecolóxico ambental, etc.
Eliminación directa de intermediarios e outros mangantes: a familia do "Papa" da Coruña transterrado no Vaticano SA seica ten, non só polo cemento, unha querencia eólica qaue nin o deus do vento debe aguantar, canto máis nós. Que as empresas qsueden ben AMARRADAS Ó MONTE QUE DETERIORAN!
Ou embeléceno?!!
Estudo de impacto ambiental dum parque eólico na Galiza:
http://www.siam-cma.org/lexisl...
Estudo de impacto ambiental dum parque eólico em Portugal:
http://www2.apambiente.pt/IPAM...
Bom, há outra diferença: O da Galiza é ILEGAL está na Rede Natura 2000, os concelhos afectados não têm Planemamento Urbanístico (A área do parque eólico estaria protegida também).
Igual que este na serra do Iribio (Oribio em castelhano), há aprovados 50 ( C I N Q U E N T A )na Rede Natura 2000.
Falando da Rede Natura, a parte dos "buracos" na sua delimitação no Courel, é ridícula e raquítica. A Galiza é a Comunidade Autónoma que menor proporção do seu território propuso para a Rede Natura 2000: 388.000 hectáreas, apenas o 12,1% do território. Isto contrasta com o 40% proposto por Madrid, o 38% por Canarias, o 35% pola Rioxa ou o 22,4% estatal: a Galiza fica tam só por acima de Melilha.
Há também que lembrar que a UE têm orçamentos a invertir na Rede Natura, daí que a Espe e o Gallardón meteram o 40% de Madrid, com evidentemente menos valores ambientais que a Galiza.
Aqui os caciques-políticos andam porta a porta no Courel dizendo-lhe aos vizinhos que a Rede Natura é a sua ruina. As canteiras o futuro.
Bom, e os eólicos.
Manuel González López, ti que naceches en Outes, deberíache caer a cara de vergoña por defender a implantación masiva de aeroxeneradores despois de ver como deixaron os montes de Outes e Muros.
¿Tes ración do pelotazo eólico?, se non é así, non te entendo.
Vouche dar un consello. Colle o artigo que acabas de escribir, sube ao monte Tremuzo no Freixo (sabes donde queda, ¿verdade?) e volve a lelo mentras ollas a monumental desfeita eólica perpetrada. E despois mercas un hábito de monxe clariso e dedícaste a facer licores e milindros.
Denantes de crear o famoso centro tecnolóxico, habería que facer moitas mais cousas, unha delas moito mais importante que calquera tecnoloxía de I+D+I é obrigar as concesionarias de enerxía eólica a soterrar as liñas eléctricas dende os campos eólicos ata as subestacións eléctricas.
Despois podemos falar de I+D+I, todo o que vostede queira. As cousas vense de un xeito no papel, as verdadeiras desfeitas da enerxía eólica vense cando un vai os campos eólicos e ve o verdadeiro impacto que teñen e como liñas eléctricas de quilómetros e quilómetros que van as subestacións destrúen o noso medio xa que van o aire e todo o que pillan a 15 metros o flanco da liña vaise o inferno.
O verdadeiro problema é que non ten o mesmo custo soterrar as liñas que levalas o aire, xa que falamos de unha enerxía limpa ou cando menos un pouco mais limpa que outras, que as concesionarias teñan a obriga de soterrar as liñas dende os campos ata as subestacións.
Teremos que plantexarnos se Galicia debe ser exportadora de enerxía, e en qué beneficia isto ós galegos de a pé, os que non temos intereses nos beneficios das empresas. ¿cantos cartos nos quedan despois de desfacer o país? Cales son os efectos de arrastre reais de destrozar o país con centrais hidraulicas, térmicas, minicentrais, eólicas. ¿Producir tanta enerxía para ser unha das rexións españolas con menor renda per cápita? As máns invisibles de Smith, e as casualidades evolutivas, haberá que engadirlle as mans perfectamente visibles dos empresarios e dos políticos corruptos ¿non si?
Bom artigo, e ademais dá pé a um debate interessante.
No Tremuzo?... quedan estupendos, o da paisaxe é cuestión de opinión e de acostumarnos... a cuestión fundamental é como se fai o proceso, e con que obxectivos, nada que ver cos anteriores.
Queremos enerxias renovabeis e base industrial para o País...os muiños haerá que poñelos nalgures, non si?
Recomendovos subir ao Tremuzo correndo ou en bici desde o Freixo unha vez á semana, un exercicio estupendo e se che vai todo o infantilismo progre... e non contaminas...
Olá, carlosroca.
De que "País" falas? Porque se o "País" é Espanha, para a sua base industrial podem-se pôr na serra madrilenha.
Se falas do nosso País, a nossa base industrial está bem coberta (excelente o teu humor galego, viva a retranca). Um país com apenas indústria e energia excedentária roubada pelos COMPATRIOTAS?????? necessita produzir mais energia?
Nada, carlos, deixa o Tremuzo. Colhe a bicicleta e vai dar-lhes de comer aos animalinhos selvagens que têm os de Endesa ao pé da central das Pontes. Imagina que es um progre maduro fazendo um safari. Se atopas algo "raro" de 356 metros a onde se vão os olhos naquela vila, é questão de treiná-los. Imagina que é o pescoço duma girafa.
Podes ir também a Ponte-Vedra, que lá seica há uma obra de arte pintada por um famoso pintor. Se notas um fedor extranho, imagina que é Channel Nº5 no pescoço da Nicole Kidman.
Claro, carlosroca, todo é cuestión de acostumarse. Eu teño un amigo que hai tempo adicábase a baldeirar pozos negros e dicíame que coas fosas sépticas que levaba limpado xa non lle cheiraba a merda.
Tamén che informo que á hora de poñer un parque eólico non só hai que ter en conta o impacto visual, senón tamén a deforestación que provocan, o impacto acústico, as estradas que hai que facer para comunicar os muiños, o impacto nas aves... ¿Pero todo iso xa o sabías, verdade carlosroca? Pero que listiño me eres.
¿Queremos enerxías renovables? Por suposto, pero con sentidiño. Non pode ser que en Galiza poñan tantos muiños coma en toda Francia, tendo en conta que somos excedentarios de electricidade.
Se os madrileños necesitan corrente eléctrica que monten unha central nuclear en Génova 13, ou aeroxeneradores en Navacerrada ou no Valle dos Caídos, que tan boas lembranzas che trae.
Saúdos dun progre como ti despectivamente te refires.
Saudos para os progres de WGolf! como trabades, canta enerxia!
O problema da enerxia eólica non é o impacto visual, e como e para que e a quen beneficia. Os do Tremuzo van pola vella, a do PP, para beneficio de quen sabe quen, pero seguriño que dos seus amigüiños. Estas, as do BNG, coas restriccións legais e o poder limitado, non vedes que tivo que recuar por problemas legais da cuota que tiñan que deixar para a administración obrigatoria, que se converteu en voluntaria, ainda que será fundamental na concesión.
Digo, as do BNG, van ligadas a proxectos industriais beneficiosos para o País.
Ala a andar, correr ou en bici, deixade o cochaso na casa....
Da gusto ver como algún contertulio que nun post anterior dicía que a desfeita eólica que se ve desde o Tremuzo era “estupenda” agora recoñece que non é tan boa. Imos mellorando.
Resulta conmovedor tamén ver como se xustifica un dos maiores atentados ecolóxicos (o impacto dos parques eólicos non é só visual, por se alguén o esquece) que van a perpetrar en Galicia coa implantación masiva de aeroxeneradores baseándose nunha hipotética creación de postos de traballo. Mismiño, mismiño argumento que está a empregar Lula da Silva para deforestar o Amazonas. Mismiño argumento que algúns están a empregar en EEUU para aprobar as extraccións de petróleo nas reservas de Alaska. Mismiño argumento que empregaron nas selvas do sudeste asiático para esnaquizalas.
Paréceme que ese argumento de destruir de forma masiva o medio natural a cambio duns supostos beneficios económicos xa está moi inventado. E despois, claro, unha vez esnaquizado o medio natural vese que eses supostos beneficios económicos para a sociedade non eran tantos como dicían, non hai máis que ver os postos de traballo que dicían que ían crear as piscifactorías, e agora ver realmente cantos traballadores ten cada unha. Pero para entón, os montes e costas xa están irremediablemente desfeitos.
Veña, que xa che falta pouco para a celebración do 20 de novembro.
Amigo carlos, eu não tenho carro, mas seica no BNG há muito que sonha com levar o autocolante com a bandeira galega (a da estrela vermelha) no seu Audi de não-sei-quantos-cavalos.
Voto a fazer a pergunta de antes. O "País" do que falas por acaso é Galiza?
Outra mais, os que vão pola "nova", a quem benefíciam?
«...Estas, as do BNG, coas restriccións legais e o poder limitado, non vedes que tivo que recuar por problemas legais da cuota que tiñan que deixar para a administración obrigatoria, que se converteu en voluntaria, ainda que será fundamental na concesión»
Caralho que bem te explicas!!!!
Podes chegar até a seres conselheiro de Indústria...
Creio que no teu trava-língua queres dizer que o pobre BNG não é responsável, que é culpa do fraguismo e dos contubernios judeomoasónicos de Madrid. Comovedora história. Baixam-me as bágoas a fio...
Até seria de crer, se não fosse que a Conselharia de Indústria conta actualmente absolutamente com todas as competências quanto a Eólicos.
PS: Sobre os teus insultos aos "progres", deverias saber que vem de "progresso", aliás ser a autodenominação dos meninhos socialdemócratas reconvertidos a neoliberais. Neste caso, voltando ao significado originário da palavra, tu es o PROGRESISTA, e nós os CONSERVADORES.
hai que pasar da consigna á realidade e da enerxia suxa á limpa...
Limpa, limpa é a serra.
Cando os que servides ao poder descartedes algunha das actuais "fontes de enerxía suxa" poderedes comezar a falar de alternativas.
Hoxendía o voso rollo enerxético é acumulativo. Si, acumulando cagadas (Encoros, Reganosa, muiños, offshores, nucleares...)para alimentar os negocios privados e a maquinaria de destrución industrial.
E agora pode saír o "galleguito liberal" con mamonadas que non veñen a conto para encubrir unha política nefasta, submisa aos intereses privados e foraneos.
Desfacendo o país é ao que estades a facer por cartos.
eu querería ir en tren a Muros pero seguro que aos da consigna lle pareceria mal... menos impacto ten que a estrada nova e precisa de enerxía eléctrica (se fose moderno levaria a santa catenaria)... mira ti que malos somos os que queremos fuxir da enerxias fósiles...
ala, a moverse sen contaminar...
Que liberal sona: a mellor política medioambiental é que non haxa política industrial... hai moit@s consigneir@s que gostarian da desaparición da Consellaria de Industria... fixate ti e analisa porque... será que avanza e resolve?
Eólicas si, pero non soamente: hai que facer fronte ao cénit do petróleo cun plano de acción a todos os niveis: http://casdeiro.info/textos/?p...
Hai un dito que di, "fala da merda o que máis merda ten", isto poderiamos aplicarcho a ti, estimado carlosroca, cuxo único argumento é intentar descalificar aos demáis chamándolles "progres" e dicindo que só din "consignas", e que diga isto algué coma ti que se adica a inundar o foro de mensaxes de unha e dúa liñas con menos profundidade que unha piscina para nenos, ten coña.
Dis nun post anterior que hai que pasar da "enerxía suxa a enerxía limpa", ¿pódesme dicir se con este novo plan eólico masivo van a cerrar algunha térmica en Galiza ou van cerrar algunha outra central convencional?, non, ¿verdade?, ¿entón de que substitución estás a falar? Porque aclaremos que Galiza é excedentaria de electricidade e do que se está a falar aquí é de desfacer os nósos montes para alumear a Gran Vía madrileña e a estes non hai electricidade que lles chegue. Iso si, nos seus montes non poñen tantos muiños, prefieren que jodamos nos os de aquí.
Falas de política indistrial, se me falas da dos polígonos industriales ben organizados, eu son o primeiro en apuntarme,pero ¿a cal te refires ti?, ¿ao das piscifactorías, algunhas das cales ocupan 300.000 metros de costa para 15 postos de traballo?, ¿ou a dos parques eólicos que xeran menos traballo fixo aínda? Carliños, carliños...
Carlosroca, vale que teñas interese persoal neste pelotazo eólico que nos están a colar ou no peor dos casos que sexas un estómago agradecido, deses de cota. Pero alo menos esfórzate un pouco máis nos teus post. Xa sabes, non te quedes na consigna.
O PIOR impacto que causan as torretas pra vento son a ROTURACIÓN do terreo, o cuadriculado eléctrico que excavan entre as torretas, ca malla ou rede de conducción electrificada que comunican ca estación acumuladora e conductora/transformadora para a rede xeneral da compañía.
Non menor debe considerarse os accesos e o IMPACTO VISUAL (en curta e media distancia, e segundo sexa o territorio e os outros valores das proximidades).
Moito ocioso há con moito tempo para deitar enxurradas de simpliñas consignas progre-eco-paci e descalificacións persoais. Eu non podo nin quero mais que falar de política, xa chega. Saúde, patria política industrial e enerxías limpas.
O primeiriño que debía facer a consellería de industria e promover unha factura enerxética propia para Galiza, que os custos territoriais e naturais de ser unha potencia enerxética teñan compensación económica. A torta enerxética debería ser revisada para que os enormes beneficios das compañías explotadoras revertisen activamnte no tecido social e produtivo de Galiza.
Regalemoslle a nosa enerxía a Alemaña a cambio dun estado independente galego. Igual de explotados pero con Estado propio.
Cando se fala hai que ter en conta que as decisións se toman nun marco lexislativo e competencial determinado.
Os "consignatarios" non o teñen en conta e así poden "parir" calquera caste de proposta imposíbel de levar adiante.
Que se poñan a traballar en política e sustanciar as alternativas nalgo útil e deixen de deitar liñas e liñas na Rede que non serven máis que para facernos perder o tempo.
Caro amigo Carlinhosroca, como não tenho marco competencial nem legal, nem capacidade de decissão tenho que ficar a deitar linhas e linhas a por a parir aos da desfeita, enquanto tu pões a parir aos comentaristas.
Eu e os demais comentaristas não estamos na conselharia, como SIM o está o teu Fernandinho Blanco.
Assim que alguma "consigna" mais:
Desde há já tempo, a Conselharia de Indústria deveria de ter um PLANO ESTRATÉGICO DE ENERGIA EÓLICA "sério" onde se analise, defina e legisle o seguinte:
1.- Lugares aptos, tendo em conta a rede de transporte da energia, subestações e outras infraestruturas. Com toda a documentação técnica geral necessária e a coordinação de equipas multidisciplinares além do estrictamente técnico e económico. Deveria de poder representar-se graficamente num mapa, e a uma escala territorial, tal como se traçam os planos de outras infraestruturas. É a administração a quem lhe compete localizar e dimensionar, aliás se entreguem depois concessões a particulares.
2. - Localizações incompatíveis, por motivos técnicos, sociais ou ambientais, ou por entrarem em confito com outras actividades produtivas. O nosso património natural e cultural tem UM VALOR não quantificável em euros a ter em conta.
3. - Programação no tempo, dimensionamento e definição da rede de parques eólicos, a sua rede de distribuição de energia e acessos, a sua manutenção, assim como a previsão duma possível desmontagem em caso de ficarem obsoletos.
4. - Gestão dos mesmos, lembrando que é uma questão ESTRATÉGICA e procurando o BENEFÍCIO PÚBLICO diante do privado. Intervencionismo sem complexos da administração pública.
5. - Sustentabilidade e vissão GLOBAL a meio e longo prazo, evitando as inversões "pelotazo" de encher a bilheteira e fugir.
6. - Garantir com uma dura regulamentação que os lucros produzidos ficam na Galiza (onde pagam os impostos as empresas concessiorárias actuais?).
7. - Garantir a preferéncia das empresas, cooperativas, associações de vizinhos GALEGAS quanto a concessões ou nas actividades económicas derivadas, defendendo os pequenos inversores directos dos grandes monopólios.
8. - Blindar o controlo perante agentes económicos ou políticos externos.
Para fazer isto, a Conselharia de Indústria tem hoje todas as competências legais necessárias. Só resta a vontade.
Se isto não se faz, a destruição patrimonial e as dinâmicas socio-económicas parasitárias criadas, são...
.... I R R E V E R S Í V E I S ! ! !
Non aburrades con tanto escreber e demostrade na práctica política con ducias de miles de persoas apoiando unha teses ideais. Así demostrariades razón e de verdade que tod@s estariamos infinitamente agradecidos.
Mentres ficamos co posíbel e factíbel...eché o que hai.
Claro que é o que há. Ladrões e os seus siadeiros.
O possível fica impossível quando os que têm o poder o fazem impossível.
Claro, carliños. Tes que desculpar que o resto da xente siga cos soños dogmáticos da autodeterminación e o socialismo, alén da sustentabilidade ecolóxica. Non coma os bloqueiros traidores e vendidos, lambemoquetas, que agora desque chuchan na teta do poder descubriron o que os sociatas xa descubriran en Suresnes, xa van alá moitos anos.
Porque se queremos política real e factíbel (léase entre liñas: tragar con todo o que hai e reducir toda mudanza a cosmética e recambio de élites dirixentes), nen sequera caeríamos en apoiar a inútiles, traidores e vendidos. Para qué imitacións? Para a progresía de boquilla e neoliberalismo real temos ao PSOE e Zapatero. Fano mellor que vós, 'realistas'.
Cando os muiños servan para pechar térmicas, para liberar vales, para demoler Reganosa... Cando se modere a voracidade dos capitalistas, os intereses dos políticos e da prensa que os apoia... Cando a enerxía que se produce no serva para a destrución industrial do planeta...
entón as consignas políticomerdentas a prol da acumulación de fontes enerxéticas, as campañas publicitarias de Endesa, Fenosa, Gas Natural e de Greenpeace non farán mella na dignidade das persoas que sufren a condena de ver ao medio natural sucumbir pola canalla progre-liberal bouquet do 68.
(Censura, que algo queda)
Nado en Outes (1975). Doutorouse en Economía Aplicada na USC logo de ampliar estudos na Universidade de Manchester e na Copenhagen Business School. Na actualidade é profesor no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.