Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Voto emigrante, non!

19:31 23/04/2007

Querido irmán Manuel:

A propósito da túa última carta, na que manifestas o teu desexo de votar nas vindeiras eleccións municipais, quero que reflexiones sobre o que vou a dicirche.¿Como podes decidir ti quén vai administrar os meus cartos os vindeiros catro anos? Fai 22 anos que marchaches, tan só viñeches cinco veces neses anos - de vacacións -. ¿Como podes saber ti como se está xestionando o noso municipio a través das palabras interesadas de un ou doutro político? Non Manuel, no caso das eleccións municipais debemos ser os que estamos eiqui traballando, botando adiante aos nosos fillos, convivindo cos nosos veciños, os que debemos decidir. Ti xa estás votando para o teu alcalde aí. Se me queres e me respetas debes deixarme a min decidir eiqui, o futuro do teu afillado e demais sobriños ben poidese estar en xogo. Sabes a diferencia que hai dunhas persoas a outras no xeito de gobernar. Hai que coñecelas para poder elexir con certo criterio.

Ti decidiches buscar outro medio de vida, deixaches a terra dos nosos pais buscando outro traballo, e penso que é xusto que eu tome as decisións do que se debe prantar nela. Levo anos facéndoo e sei cales son as prantas que lle veñen mellor, e ti tamén sabes da importancia da rotación nos cultivos para mellorar a producción. Manuel, non te preocupes que a terra segue sendo dos dous.

Os homes fan a terra na que viven. Ti dis que tes dereito a opinar, e iso é verdade., pero non a decidir. Son eu o que sacha, o que pranta e o que recolle nesta terra.

Disme que debe gañar o partido que che gusta a ti, que é o mellor. A túa opinión é respetable, pero sígoche decindo o mesmo: decidir – ou sexa , votar - non debes; non estás eiquí, non vives o día a día, non o sentes en carne propia, non tes eiquí os teus fillos. Moitos dos teus compañeiros, e incluso ti, non tedes os voso futuro nesta terra. Cando voltes para quedar (se queres voltar) e vexas e poidas xulgar a realidade que te rodea, entón sí terá sentido o teu voto.

Sen máis, Manuel, con esta súplica apelo á túa dignidade como ser humano, e sobre todo, ó teu cariño como irmán... como bo irmán.

Quérote. Toño.

P.D. Se apelo á túa dignidade humana debo amosar eu a miña. VOTO INMIGRANTE, SI !! Como fas ti aí en Arxentina.

4,53/5 (17 votos)


Comentarios (17)

karolo #1 23/Abril/2007 karolo

Eu son da Estrada, e actualmente vivo en Inglaterra, levo aqui sete anos e medio, e estou totalmente de acordo co artigo. Que sentido ten que os votos de xente coma min, que non temos que "sufrir" os resultados das eleicions tenhamos suficientes votos como para determinar o resultado?

Um saudo a todos.

Aurelio #2 23/Abril/2007 Aurelio

Querido Tonito>

Le he pedido a meu fillo que te escriba y me ha pedido hacerlo en espanol pues le resulta mas facil. Espero que no ofenda tu nacionalismo, tu sabes como son os fillos.
Para que no le corrija estas letras, sabes lo dificil que me es escribir una carta, le he dicho.. Adelante hazlo en espanol!.

Pues Tonito, tu bien sabes que cuando me fui no solo ha sido por buscar otro medio de vida como dices tan livianamente.. en fin mejor no recordarlo, pero siempre he estado muy pendiente de la casa donde naci y que como recordaras en la particion os he cedido a vosotros, para que no vivais tan incomodos.
Me han dicho tambien que algunas sociedades de aqui han construido alguna escuelas donde ha podido estudiar teu fillo Antonio que debe escribir mejor que tu y obviamente mejor que yo.
No quiero extenderme mucho en esta carta, pero te recuerdo que el voto sigue siendo voluntario y hay que estar muy interesado para realizar todo el procedimiento para votar, aunque en las ultimas elecciones todo el elenco de politicos que han venido a esta tierra a solicitar el voto, entre ellos tu hijo (mi sobrino) Antonio que quiere presentarse como alcalde, intentan facilitarlo.
Tu me has contado en las continuas cartas que me escribes en respuesta de las mias, como andan las cosas por alli y a quien conviene votar, es mas prefiero que me lo sigas contando tu y no los politicos que pululan por aqui de uno u otro partido.
Querido Tonito, tengo moitas mas cousas para decirte, pero el espacio es tirano.
Igualmente espero que sigamos conservando nuestro trato a pesar de esta carta tan ingrata que me diriges.
Prometo enviarte una mas extensa por correo, ya que tengo muchas razones para contarte, lamentablemente el problema de votar en su tierra no se le presento a ese hombre que murio lejos de su lar, creo que se llamaba Castelao, el otro dia a Lola la internaron cerca de la habitacion donde Castelao morreu, y me trataba de imaginar que te hubiera contestado el, que era un poco mejor escritor que tu.

Con el afecto de siempre,

Aurelio

PD> Saludos a tu hijo Antonio, por si no lo puedo ver en la Gira electoral que emprende.

fuco-lois #3 23/Abril/2007 fuco-lois

Totalmente de acordo!. Pareceme unha verdadeira vergoña que xente que leva sen pisar o País moitos anos, teña o dereito (eles, o valor) de votar.

Aurelio #4 23/Abril/2007 Aurelio

Perdon Tonito soy Aurelio como lei en tu curriculum que traballas en el Concello, te envio la Carta con mis razones del voto emigrante a traves del contrincante de teu fillo Antonio (meu sobrino)que esta de gira por BOS AIRES. Un abrazo.

ELECCIONES MUNICIPALES 2007 - VISITAS DE ALCALDES Y/O CANDIDATOS DE AYUNTAMIENTOS DE GALICIA

El próximo Domingo 22, a las 13,00 horas, mantendrá un encuentro con sus paisanos el Alcalde de Silleda, José Fernández Vieitez, en el recreo social del Centro Lalín, Golada y Silleda en San Isidro (B).

RiQee #5 23/Abril/2007 RiQee

gústame este debate q n cada convocatoria electoral se lanza.
Eu plantéxome outras dúbidas, xq sta persoa ten dereito a votar aqí(ainda q tamén vota alí...)e unha persoa q por traballo(supoño q igual q el) marchou a Barcelona, a Euskadi ou a Canarias(ainda q faga 1 par de anos q se marchara...)non pode votar se está empadroado alí
A caso o seu VOTO non sería máis lexítimo q o del(?)
Qizais habería q limitar a sua participación como propón o PSdG AGORA.
Non vexo porque debe votar un neto dun home q marchou, para levantar o país, ou por represión,ou polo q sexa, que se lle agradece ou se lle condena segundo corresponda...pro sinceiramente...q carallo saberá el,
non?

nelbrandam #6 24/Abril/2007 nelbrandam

Mal querido Toño Gonzalez Abal, enemigo do Povo Galego, emigrei hai 30, non por gusto, por que me botaron, negandome un traballo para manter a miña familia, funme, eu como moitos, non por aventura como decía o "franquismo" por NECESIDADE, deixando espazo libre para que ti teñas un emprego. Mandei cada centimo que aforrei para que as entidades financieiras financiaran as tuas actividades culturais, invertin en comprar uns solares, para facer unha casiña e pagei e pago os impostos para que o concello che page o soldo cos meus aportes.
Pero resulta que durante estes anos, os que alcaldes que elexistes os que vos interesades pola "leira", xa ves que consecuencias acarreou, o feismo, a especulación,... cantas barbaridades fixestedes coa nosa Terra, canta destrución do medio ambiente, coa complicidade das autoridades que vos poñedes.
Na outra leira que comprei, anda afectada por un expropiación para facer non sei que negocio un amigo dalgun alcalde, o concelleiro, ou que carallo sei, e sabes teño moito interes en que nos nos sigan gobernando os memos vos elixistes, si eses mesmos que veñen pola emigración para facer trapalladas cos votos.
Daste conta Toño, como eres un enemigo do Povo Galego, daste conta como se a algen non ten dereito a votar eres ti.
Usas argumentos dos fascistas, negandote a recoñecer que a emigración e producto da condición colonial da Galiza, tentas establecer discriminación entre o Povo Galego, dividindoi, ves como eres un fascista enemigo do Povo Galego.

casdeiro #7 24/Abril/2007 casdeiro

[quote]"Non Manuel, no caso das eleccións municipais debemos ser os que estamos eiqui traballando, botando adiante aos nosos fillos, convivindo cos nosos veciños, os que debemos decidir."[/quote] (a ver cando carallo permitides o etiquetado dos comentarios, xentiña de Vieiros!)
...
Daquela entendo que acepta o autor o voto noutros comicios. Se é así o titular do artigo é bastante lamentable.

baltar69 #8 24/Abril/2007 baltar69

é un debate interesante e non resulta doado sustraerse do que opinan uns e outros. quizás todos teñan razón e o problema non esté nos electores, sexan dun lado ou do outro, e si nos electos. e como os electos están aquí os trescentos e pico días do ano e a cousa vai como vai, cecais o que deberíamos facer é non ir votar. que voten eles, que se voten eles.

DeboraCampos #9 24/Abril/2007 DeboraCampos

Se o que propón o autor é un voto cualificado (que voten so os que saben, coñecen, e dende logo será el ou outro coma el quen faga os examenes aos cidadáns galegos para avaliar ese "coñecemento"), pois que tampouco voten os velliños que non siguen os telexornais nin os xornais alá na terra, que votan a don Manuel porque di as cousas que eles pensan, e que nin se enteran cando son as eleccións. Dende logo, que tampouco voten as xentes do rural que son levadas como gando, de xeitos non tan diferentes aos que se empregan sen vergonza ningunha na emigración. Que voten so os listos, os ricos (grazas á diáspora, claro) e os que traballan nos concellos. Qué pouco coñecedes aos galegos que non viven en Galicia!!

Antonio-Gonzalez #10 24/Abril/2007 Antonio-Gonzalez

Respetable Sr. Aurelio, os meus fillos teñen 5 e 7 anos. Malamente poden estar na política. Non se permite o voto nestas idades. A miña foto e o meu nome real xa o veu en Vieiros, ¿podería eu coñecer o seu nome e a súa cara auténtica?
Sempre admirarei aos emigrantes, e o que é máis importante, sempre respectarei a súa dignidade humana. Por certo, que eu tamén son admirador de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. De feito o vindeiro dia 17 de maio, imos a inaugurar en Silleda un mural de cerámica que eu elaborei desinteresadamente, en homenaxe ó legado que nos deixou cos seus debuxos e textos.
No voto emigrante non pensamos todos igual, nin temos porque pensar. Eu respeto as opinións de todos. A miña penso que quedou clara.

Aurelio #11 24/Abril/2007 Aurelio

Estimado Antonio:

Mi carta ha tenido un sentido "metaforico", usted que es escritor comprendera, nosotros tampoco conocemos la cara ni el nombre de su supuesto hermano Manuel, pero si quiere una foto mia no hay ningun problema se la envio, aunque quizas aparezca "metaforicamente" en algun medio que retrate la visita del Sr. Alcalde de Silleda efectuo este Domingo en Buenos Aires a los emigrantes(en clara oposicion a su articulo), soy uno de los tantos gallegos a quienes los politicos que Uds. votaron prometen el oro y el moro.

Su articulo ha generado bastante indignacion aqui en Bos Aires y supongo que en todos los paises donde hay emigrantes, creo que una de las respuestas a su articulo aqui volcadas (nelbrandam )superan ampliamente mi "metaforica" carta.
Sinceramente Sr. Gonzalez por el tono de su carta no creo que Uds. admire y menos aun respete la dignidad humana de los emigrantes, como afirma en su respuesta, sino no se hubiera manifestado con el tono ironico y despectivo que posee su articulo.

Sr. Gonzalez espero que siga elaborando murales y le sugiero que tambien elabore mejores argumentos para su posicion de limitar el voto de los emigrantes (que por cierto sigue siendo voluntario y rogado), ya que es un derecho amparado constitucionalmente.

Atentamente, desde Bos Aires

A2b2 #12 24/Abril/2007 A2b2

O home, como o boi, é de donde pace, non de donde nace. Voto emigrante NON!.- Voto inmigrante SI!.

i_muinos #13 25/Abril/2007 i_muinos

Son emigrante no Reino Unido. Eu non creo que teña sentido que votemos nas locais. Por que había de votar eu na Coruña e non en Santiago, por exemplo? Peor aínda: os compañeiros que tiveron que ir vivir para as aforas da Coruña porque non podían mercar un piso na cidade xa non poden votar na Coruña, aínda que traballan aí e pasan máis tempo na Coruña que en calquera outro concello. Pero eu como marchei a 1000 quilómetros si que podo.

Nas autonómicas e nas estatais estaría ben que escollésemos a un número reducido de deputados ou senadores, sempre e cando fixeran algo máis polos emigrados que vir de visita antes das elección e organizar ceas para os Agag e demáis representantes das elites nacionais.

Pedrel #14 25/Abril/2007 Pedrel

La mayoría de vosotros, comentaristas, manifestáis un claro sentimiento xenófobo. Test para comprobarlo ¿Sabéis que los marroquies, colombianos, ecuatorianos, rumanos, etc. que tienen permiso de residencia y trabajo al cabo de un tiempo tienen derecho a la nacionalidad española y votan en las municipales?
Estáis de acuerdo? si no lo estáis, xenófobos
Si lo estáis, contradictorios, escasos de mente, fanáticos españolistas.
Los inmigrantes o emigrantes necesitan de la incorporación a la cultura, vida y relación de su comunidad. Pero parece que las elecciones han reavivado el espíritu de los cuarenta del siglo pasado. Buscar culpables de la corrupción que llena el Estado y que no es menor que en los países que criticáis.
Corrupción tapada o abierta en los municipios. ¿Quien los vota? Vosotros, los corruptos que vivís en ellos y preferís callar. A hablar ahora de los alcaldes y funcionarios corruptos.
NO DE LOS EMIGRANTES

dumiense #15 25/Abril/2007 dumiense

Eu penso que os emigrantes non debemos votar nas municipais. Nas autonómicas ou nas do estado... habería que debatilo, quizais os que levan fóra menos dun certo tempo, non sei

Roquinho #16 25/Abril/2007 Roquinho

Nas municipais so deberían votar as persoas que esten censadas nese concello. Os emigrantes deberían votar nunha circunscripcion electoral que os represente en función do seu numero coma calquera outra, deste xeito poderían estar representados no congreso de diputados coma calquera autonomía e así poder defender os seus dereitos. Calquer cidadan galego que emigra a calquer comunidade autonoma do estado español non pode votar nas municipais galegas senon na do concello no que está censado, pola mesma razón os emigrantes, que están regularizados no país que os acolle, so deben votar nas municipais do pais que os acolle, os que non están regularizados e non poden votar no país que os acolle terían que votar no seu concello de orixen.

Barcelos #17 25/Abril/2007 Barcelos

Estar en contra do voto emigrante non é ser xenófobo é cuestión de xustiza. Eu teño familiares en USA e os meus curmáns non teñen nada que ver con Galiza. Son americanos. Só saben falar inglés. Sería inxusto que votasen, pero son ben recibidos cando veñen por aquí.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



González Abal

Toño González Abal

Naceu en Silleda un 27 de maio de 1957. Destaca polo seu continuo activismo cultural polas terras de Trasdeza. Traballou como técnico de cultura no consistorio silledense.