Dous gobernos que na teoría son un. Dúas forzas políticas que non acadaron os votos suficientes nas urnas e que tiveron que xuntar os de ambos impedindo gobernar ó partido máis votado. Facendo trampas.
Cada un deses gobernos, ou cada unha das partes dese goberno, ten unha ideoloxía distinta, unhas prioridades distintas, diferentes formas de analizar e solucionar os problemas.
Uns a favor das galescolas e outros pensando que estas non son máis que centros de adoutrinamento.
Uns criticando ó goberno e outros apoiándoo.
Uns a favor de educación para a cidadanía e outros en contra.
Uns a favor do ensino íntegramente en galego e outros non.
Uns a favor de potenciar a cultura galega e outros apostando pola española.
Uns apostando pola reserva de chan para a construción de vivendas protexidas e outros en contra.
Uns apostando pola billarda e outros tirando cara o fútbol.
Non se poñen dacordo nin nas reunións do máximo órgano de dirección de goberno.
Pero eles intentan aparentar normalidade.
Un desastre, vaia. Esto non é o que elixiron os cidadáns, di o terceiro en discordia, o partido máis votado pero ó que non lle deixaron gobernar.
Existen dous gobernos, din moitos.
E que di o Sr. Feijoo?
Perlas coma esta: “El pacto en Santiago(o do PSdeG-PSOE e o BNG para facilitar que nos concellos goberne a forza máis votada das dúas opcións) va contra la autonomía local de los concejales electos”
Existen dous gobernos en Muros Sr. Feijoo?
Os concelleiros do PP de Muros a quen atenden ordes, ó alcalde nacionalista Domingos Dosil ou ó portavoz popular J.Antonio Siaba?
É un goberno de coalición malo para Galicia pero bo para Muros?
Son os do BNG cos que goberna o PP en Muros os mesmos que apoian o Plan Ibarretxe, os que segundo vostede queren impoñer o galego negando a liberdade de elección, os mesmos que apoian o modelo de financiamento que propón Cataluña? Son os mesmos ou é que os do BNG de Muros son diferentes?
Loli hai que traballar algo mais os temas. Mira que facer do que acontece en Murosa algo trascendental, iso si dandolle sempre caña ao bloque.
A coherencia e a valentía do sr Domingos foi e é exemplar.Saúdos sra Loli.
E eu inxenuo de min, coidaba que xa nos libraramos da falabarato esta, da mediocridade sociata e da demagoxia barata e estúpida (lembremos a lealdade do PSOE desta señorita en moitos concellos onde goberna o BNG ou en coalición, manda truco), hai que ter caradura para poñer o de Muros. Lembramos o de VIGO, A Porqueira, Foz, LUGO, etc., etc.
Neniña, podes ter a mellor intención do mundo, pero os parvos que non nos enteiramos do que acontece na municipalidade luminosa de Muros (centro do universo, polo demáis) non nos enterainos tampouco destes comentarios. A culpa é nosa, supoño. Bicos universais, en espera de comentarios máis concretos.
debe pensar que con artigos coma éstes vai gañar algo da dirección do psoe. Vai apañada. Estes señores despois de ofreceren unha candidatura a alcaldía pregúntanche: E ti, tés más sensibilidade de dereitas ou de esquerdas?
Loli, non comparto para nada o que escribes, pero tampouco che me gustan nadiña algúns comentarios que teñen un certo cheiro misóxino...
Unha exposición moi mediocre, eu diría que mala e inconexa.
Así que os do PP non están lexitimados para criticar porque eles tamén fan o mesmo! O propio argumento acúsavos, Loli, ter que igualarse ao PP para xustificar o pacto co BNG...
Ten razón, dous governos: por un lado o suposto governo (desgoverno) das áreas do psoe (ineficaces, inexistentes, irrelevantes...) que a día de hoxe poden propoñer frente á sociedade 0 cambios, e despois o governo das áreas do BNG que con acertos ou desacertos, cando menos funciona e traballan.
Quedeime co tirular. O texto do artigo é dunha mediocridade pasmosa. A esquizofrenia política que sofre a xente do pp e psoe é tremenda: a súa actitude é a mesmiña que a das crianzas caprichosas no patio do cole:" e ti máis".
A onde se pode ir con esta xente???
Nota: lonxe de que a crítica sexa partidista, é esperpentico ter que ler os artigos desta persoa en Vieiros. Son dunha mediocridade pasmosa, máis alá dos reiterados insultos agochados no discurso que nos dirixe á xente nacionalista. Dende logo está lonxe da calidade dos artigos de outras persoas colaboradoras deste xornal. Non entendo porqué hai que contar cunha persoa deste tipo.
¿E logo vostede de quen ven sendo?.
Mire, as palabras coma as cereixas, unhas noutras se enguedellan. ¿Enténdeo verdade?.
Estes artigos paifocos ajudam ao PSOE na mesma medida em que os orneios de Gaviotero ajudam ao PP. Negativamente. Vergonha alheia.
Estes son comentarios de rúa, non de análise crítica de opinión como se espera deste espazo de Vieiros. Se eu fose afín ou afiliad@ ao PSdeG, estaría tremendo cada vez que esta compañeira socialista escribise, porque a verdade é que deixa quedar bastante mal ao seu partido con análises tan simplistas e sen argumentos convincentes e razoados.
Que desgracia que unha pequena minoría que sigue Vieiros faga comentarios coma os que acabo de ler.
É que non é certo que o PP goberna co BNG en Muros? É que non é certo que é o mesmo PP que critica ó BNG por secundar o plan ibarretxe, o modelo de financiación de Cataluña, o Estatut, etc ...
Hai algunha falsedade no artigo de Loli Rodríguez?
Parece que non.
Nembergantes, o que sí hai é por unha banda unha intolerancia absoluta a todo aquelo que non sexa adorar o nacionalismo pataqueiro dalgúns. O que sí hai é intolerancia total fronte a opinións ou artigos que se saian da ortodoxia duns poucos, o que si hai é chamamentos ó veto por parte de Vieiros.
Será que tamén a dirección de Vieiros é mediocre e por iso deixa que se publiquen estos artigos?
Que peniña!!! Moito mirar para os demais, e pouco vos mirades para vós mesmos.
Galicia Nación, pero sin imposicións.
"É que non é certo que o PP goberna co BNG en Muros? É que non é certo que é o mesmo PP que critica ó BNG por secundar o plan ibarretxe, o modelo de financiación de Cataluña, o Estatut, etc ..."
Yoda, é que o que dis tería sentido se Loli criticase ao BNG por pactar co PP, pero non é así, o artigo o que plantexa en primeiro termo é pouca lexitimidade da crítica que lle fai o PP ao PSOE por pactar co BNG, tendo en conta o que acontece en Muros. E non desminte a crítica do PP, senón que, en conclusión, se consola no "mal de moitos..."
Con independencia do seu contido, este artigo é malo de solemnidade. Un alumno aplicado de segundo de bacharelato o faría moito mellor. Vieiros debería esixir un pouco máis a algúns dos seus colaboradores.
Vieiros ten a Celso coas sesudas análises, Rego, Cuinha xa referente para moitos, o divertidísimo Sucasas, Marcelino, pero cre Vieiros que esta señora ten o nivel mínimo para opinar en algures?
Evidentemente que deixa moito que desexar. E dígoo independentemente dos seus contidos. Un toque de atención non estaría nada mal. O artigo é un dos peores dos últimos tempos, malo de solemnidade.
Pois eu si coñezo o caso de Muros, señorita Loli, e se hai pacto BNG-PP é polo simple feito de que encabezou o PSOE unha crida, rancia, recalcitrante e impresentábel chamada Caridad González, ao que o seu -voso- partido aínda «premiou» cun carguiño na Deputación.
Porque iso mesmo foi o único que lle preocupou no tempo que ocupou a alcaldía, deixar ben acomodado o seu cu e os de familiares e amigos, e ademais de xeito bastante ruidoso. Pola contra seica co señor Siaba aínda se pode falar.
Só me queda recomendarlle o mesmo que fixeron moitos antes, debería documentarse antes de desbarrar sobre o que descoñece porque pode ser que a pedrada acabe rompendo o seu propio tellado.
E tamén concordo con outra reflexión de varios usuarios: entristéceme que alguén que segue a demostrar tan pobre discurso político (por chamarlle algo) e con tal falta de autocontención dialéctica siga véndose tan autorizada para publicar en Vieiros o primeiro dislate que se lle pase polos miolos. Dacordo con que é un simple comentario de opinión, pero como se adoita dicir «ata para xuntar letras hai que saber», e as achegas desta persoa supoñen pouco máis que unha rebaixa do nivel dialéctico xeral.
Loliña:
Non fagas caso: ti sigue escribindo. Deixas ben ás claras a pobreza intelectual dos progres do país: encantados de ser simples altofalantes dependentes. Encántasme.
Um tal Vimbio, que me precede, pretende elogiar nem sei) e sai-lhe uma crítica bastante dura à "socialista" (o PSOE tem de "scialista" algo mais do que o "S" da sua sigla? Duvido-o) autora deste textinho, porque parece que lhe diz que, escrevendo como escreve, evidencia "a pobreza intelectual dos progres do país": A autora não é facha (ou não pretende sê-lo), é do país (é "espaÑola") e é capaz de escrever... Realmente é encantadora! (deixa pampos aos leitores não advertidos, como parece ser o Vimbio). "Pofale"!
Lendo a primeira parte do artigo pensei que Loli era do PP, da segunda parte paso, a excepción e o caso particular non me interesa.
Loli ten moito que aprender, ánimo, penso que está nun entorno ben cheo de mediocres, algúns con mellor cargo que ela, seguro que consigue superar a media, se se esforza.
Há uma discução muito estúpida se o nosso idioma nativo se deve chamar Galego ou Português.
Esta estupidez tem afastado muitas elites portuguesas da causa galega.
Não estamos em tempo de dividir esforços....
Que o idioma é o mesmo ninguém tem dúvidas.
Deixem o GALEGO entrar na lusofonia que em todo o mundo todos os povos saberão que o galego existe e é o pai do português.
Agora quem conhece que há um idioma galego? Para além de nós?
Temos de ser inteligentes e ver o curto, médio e longo prazo......
Só escrevendo o nosso idioma nativo sem castelhanices na norma universal temos futuro como galegos..
Gustaríame saber se a autora redactara este mesmo artigo sen sabermos o resto, os lectores de vieiros, a súa procedencia política se habería tantas criticas asasinas.
Non comparto todo o que di, o artigo tería que estar mais traballado, pero tampouco entendo tanta crítica. Misoxínia como dixo lourentia?
Refuxiarse en dicir que é misoxinia o que é MEDIOCRIDADE non vale.
Eu xa non entro nos contidos. Refírome á forma: pesimamente redactado, cunha estrutura simplista, vocabulario pobre, ideas escasas... Nin misoxinia nin farrapos de gaita. Mediocridade pura e dura.
Ao paso que imos non se vai poder criticar nada se é escrito por unha muller. O mediocre é mediocre escriba quen escriba.
Por certo, claro que hai dous gobernos. Un que fixo algo aínda que sexa pouco(coa oposición de todos) e outro que non fixo absolutamente nada. A sociedade guste ou non aos sociatas percibe que non fixeron nada. Un
Sigo: un que cre en Galiza e outro que simplemente é unha sucursal dun goberno dun país do Terceiro Mundo como a España de Madrid.
Artigo verdadeiramente desafortunado. Falar e não dizer nada. Se calhar, a agudeza intelectual é tão sublime que os mortais não pudemos descifrar o que quis dizer.
Este tipo de socialistos são os reis dos sofismos.
Pódese ser socialista, saber escribir e ter profundidade. Non é este o caso. Pero non por ser socialista, senón por non ter nada que dicir. E o mesmo se pode dicir dos nacionalistas: hainos que saben escribir e teñen profundida, e hainos que non teñen nada que dicir.
Ser dunha ou doutra ideoloxía nin dá nin quita intelixencia ou capacidade: iso depende exclusivamente da persoa.
Eu preguntei se parte das críticas eran por misoxinia, non asegurei nada, se hai xente que pensa que está aludido non é problema meu.
Claro que o artigo é pobre, algo evidente, pero tamén penso que moitas das críticas vanlle por ser do PSdG, coido que é algo nididamente apreciabel...
Non se trata de que sexa muller ou home, que sexa socialista ou nacionalista. Simplemente, o texto de Loli Rodríguez é mediocre, falto de ideas, practicante do insulto ós que pensan diferente, exemplo de preguiza intelectual e canto á indolencia mental. Lembra o exemplo lamentable e patético de Sarah Palin na escena norteamericana: mediocridade tinxida de contundencia e baleiro acusador difuminado por un verbo encendido. Claro que a Palin obviamente ten máis cancha, mentres Ms. Rodríguez lamentablemente para ela e afortunadamente para a intelixencia humana queda restrinxida a estas páxinas. Polo ben de Vieiros, espero que pronto apareza outro artigo que faga pasar este ó arquivo. Quizais é que non hai máis (im)país que este.
Loli Rodríguez, enfatiza con ironía o que pensa a dereita, pro como as xuventudes da UPG non tedes senso do humor, e po lo que sin facer analise do escribido, arremetedes como facía Don Quixote fronte os moiños de vento.
Por outra banda terei que dicervos que grazas a xestión de Touriño a fronte da Xunta, por que si non a desfeita sería moito maior, lenbrade que si o BNG quer medrar terá que ir deixando amarras do seu independentismo, do contrario seguiredes sendo unha forza testemuñal.
Saude e sentidiño.
Creador.
Loli Rodríguez Amoroso naceu en Lugo en 1978. Meteuse de cheo no mundo asociativo na súa etapa universitaria, cando estudiaba Dereito na Universidade da Coruña, chegando a ser representante de estudantes na súa Facultade, no Claustro Universitario e no Consello de Goberno. Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005, accedeu á Presidencia do Consello da Xuventude de Galicia en 2004. Tamén podes ler o seu blog.