O cese das emisións do canal privado RCTV a partir da media noite do domingo 27 de maio non presenta dúbidas do punto de vista legal. O goberno está no seu dereito e pode exercelo nun sentido ou noutro: renovar ou non renovar. Ata é comprensible que Chávez adopte por botar o candado a este canal. Calquera que teña visitado Venezuela nos últimos tempos coincidirá en que os excesos deste e doutros medios de información rebasaron con folgura os límites de calquera procedemento informativo normal. En calquera país hai tempo que se adoptarían sancións para penalizar o maniqueísmo escandaloso de que fixo gala sen necesidade de agardar á fin da concesión. A reacción dos propietarios da cadea mesmo podería cualificarse de autentica chantaxe ao Estado e de ruptura das regras de xogo, conduta que moitos aceptan por vir embalada con esa defensa da liberdade de expresión que a reviste dun áurea democrática ben afastada do seu proceder. Pero está claro que o realmente inaudito é que este medio seguira emitindo despois de apoiar a intentona golpista. ¿Cantas críticas espertou no mundo democrático a ilegalización fulminante do PCUS a raíz da súa implicación no golpe de agosto de 1991 na URSS? E iso que a principal vítima, Gorbachov, seguía militando nel.
Pero ese non é o tema. A cuestión é se a decisión de Chávez é a máis intelixente e adecuada. É sabido que internacionalmente brinda un argumento máis para presentalo como un líder tendencialmente autocrático e autoritario. Planas e planas se dedican a este tema nas últimas semanas, e que contrastan, por exemplo, coa escasa atención prestada ao caso Posada Carriles e tantos outros (a crise da Ucraína, por exemplo) que o merecerían tanto ou máis. A liberdade de expresión en ningún caso é neutra e exercese polas empresas mediáticas en función dos seus respectivos intereses e adscrición ideolóxica e política que, obviamente, teñen.
Pero ese non é o tema, insisto. O que non se pode perder de vista neste e noutros casos é que o socialismo do século XXI que proclama Chávez ten que ampliar as marxes de liberdade e de pluralismo, fuxindo de calquera tentativa de ofrecer outra visión do pensamento único. Esa salvagarda, aínda que conflitiva, é importantísima, tanto para garantir a estabilidade e éxito do seu proxecto como para manter as simpatías internacionais pola súa franqueza e ambición. As versións pasadas dos intentos de construír unha sociedade alternativa desprezando a importancia deses factores acabou en desastre. Nin as presas nin os intentos de homologación con modelos próximos son condutas admisibles. Caracas debe fuxir de modelos, do pasado ou do presente, e crear un sistema innovador que asente nas propias raíces e que fortaleza a democracia a todos os niveis (política, económica, social, cultural). Fuxamos dos mimetismos.
Medios alternativos
A critica, dos amigos e aliados pero tamén dos rivais, pode axudar, mesmo cando é tan absurda como a servida pola RCTV. O desexable sería que pechara como resultado da simple aplicación de criterios de mercado, é dicir, como consecuencia das perdas ocasionadas pola falta de audiencia. Ese factor de competencia podería ser moi estimulante para outros medios alternativos.
O mesmo criterio cabe aplicar ás presas en asentar o PSUV. Indubidablemente, o chavismo precisa dun movemento socio-político sólido que respalde o seu programa, pero debe fuxir dos intentos de forzar procesos que tenden a traducirse en culto á personalidade e en rebaixa dos imperativos críticos que son substituídos polas esixencias e conveniencias do proceso. O pluralismo non é un mal menor, é unha necesidade imperiosa, como a liberdade de expresión, para que se poida establecer esa nova síntese de xustiza e liberdade que debe xurdir das cinzas do neoliberalismo e do socialismo burocrático.
Chámenlle socialismo ou non, en condicións nada fáciles, Chávez está realizando un esforzo inxente de modernización do Estado venezolano, construíndo redes políticas e de servizos sociais, procesos que levan tempo, un tempo que non debe volverse en contra por cuestións de ritmo ou de desapego ás propias circunstancias nacionais.
Moito máis sinxelo ainda: as concesións son patrimonio dos gobernos, e tan só expiróu unha concesión na rede aberta de tv, NON POR CABLE, onde a cadea segue e pode seguir.
O 80 % da tv. en Venezuela está en mans privadas (Stella Calloni), así que nada de atentados a ningunha libertade de expresión, e menos de unha empresa privada.
A tal tv. e outras como Globovisión, levan adiante unha clarísima línea DESINFORMATIVA e progolpista (poñen imaxes do atentado ó anterior "Papa" ó tempo que a de Chavez, chamamentos contra a democracia, etc. Nun país occidental, unha radio alternativa de tendencias populares, estaría ben fechada a cal e canto polas autoridades, en caso de emisións subvertedoras da orden económica ou política, como pasou no €$tado cas vascas ou cando as concesións de banda do primeiro "goberno" psoe, onde evitou a legalización das radios existentes que non estiveran respaldadas polas empresas do capital.
non creo que a cousa seña de tanto calado como se fai creer nos medios. todos mirándose o embigo: medios que miden o mundo por sí mesmos, políticos que miden a súa actividade tamén por sí mesmos. en cambio, os espectadores, os gobernados, sabemos ben que nin a cacareada libertade de prensa é tal nin a abafante clase política está tan ensarillada e ensimismada en solventalos problemas dos seus conxéneres nacionais ou locais como nos dín despois de cada reconto.
pero, que os alicerces mediáticos dun estado bastardo como españa, cun rei colocado por unha dictadura que acabou cun proceso democrático no ano 36, que tódolos anos merece a crítica e o suspenso do relator das nacións unidas contra a tortura, que ten miles de presos políticos nas cárceres ( e miles de delincuentes de luva branca dos diñeiros de todos paseándose por serrano ), que sí pecha periódicos e cadenas de radio por mandato xudicial ( si, de esa xudicatura que seica tamén dimana de nos ) e que dá as concesións os amigos de turno por encima de calquera outra consideración ( aznar a telefónica e zapatero a polanco ), teñas os santos collóns de babosear horas do prime time en semellantes zarandaxas, ten bastante mérito. a mai que os pariu. eu xa fai tempo que pechei ollos e oídos a polanco ( seica non fun eu soio e lle está baixando bastante o chiringuito ), creo que o que me rebasou foron, concretamente, as informacións de ludmila vinogradoff antes e durante o golpe venezolano. e a familia latorre quiteille o pouco creto que lle tiña ca saída de bieito rubido. pero non esaxeremos, soio son periódicos, canles de televisión, cadeas de radio. soio valen o que a lexión de anunciadores quere pagar por elas. nin se comen nin se beben. e moito menos van a despertar en mín pasións que me leven o pranto, coma todas esas isabeles duráns que, no seu climaterio, alcanzan o paroxismo hormonal e histérico cando sinten que se desangra o seu concepto racial e clerical da democracia. pan e circo.
Xulio Ríos é director do IGADI e do Observatorio da Política Chinesa. Recentemente publicou Mercado y control político en China (La Catarata, 2007). Entre outras obras publicou La política exterior de China (Bellaterra, Barcelona 2005) e tamén Taiwán, el problema de China (La Catarata, 2006). Asesor de Casa Asia, reside en Pequín.