Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: consello-da-xunta

30/Abril/2008 /

A Xunta aproba unha lei que deixa sen impostos o 90% das herdanzas

O Goberno tamén lle deu luz verde á Oferta Pública de Emprego para 2008.


Hospital
24/Abril/2008 /

Touriño recoñece que hai “disfuncións” en determinados hospitais

Asegura que a Consellaría de Sanidade está traballando para evitar que se sigan a adiar durante meses as citas con especialistas públicos.


Castiñeiros / Flickr da Aula de Silvicultura da Universidade de Vigo
10/Abril/2008 /

A Xunta aproba un plan para salvar os soutos

Un convenio coa Deputación de Pontevedra permitirá que a Estación Fitopatolóxica de Areeiro cree métodos para loitar contra as pragas do castiñeiro.


Consello da Xunta
10/Abril/2008 /

Sanidade introduce a vacina contra o virus do papiloma humano

Ademais, o Goberno aprobou un programa que levará 130 alumnos Erasmus por institutos do país como auxiliares de conversa en inglés e en francés.


4/Abril/2008 /

Feijoo tamén afasta do apoio á lingua no ámbito da Lei de Comercio

O popular enfrontouse a socialistas e nacionalistas, ao tempo que preguntaba se a nova norma vai esixir que os rótulos das tendas vaian en galego.


3/Abril/2008 /

Traballo destina 650.000 euros a cursos de prevención de riscos laborais

O acordo inclúe cursos de prevención de nivel básico, superior e mais xornadas e seminarios.


27/Marzo/2008 /

Galiza será a terceira comunidade en contar cunha lei da paisaxe

O proxecto de lei regula as ferramentas precisas para delimitar e conservar as diferentes zonas do territorio, que haberá que ter en conta tamén nos estudos de impacto ambiental.


13/Marzo/2008 /

O Programa de Vivenda en Aluguer duplica as axudas co novo decreto

Na xuntanza desta semana aprobouse unha modificación que incorpora novas vantaxes tanto para propietarios como para inquilinos.


13/Marzo/2008 /

Industria inviste 240.000 euros en tres oficinas universitarias de software libre

Os centros estarán coordinados co Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.


6/Marzo/2008 /

Apróbase a estrutura da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

O órgano encargado de velar pola legalidade da construción nas zonas protexidas contará con órganos administrativos centrais e provinciais.


6/Marzo/2008 /

A Xunta anuncia 150 millóns en obras a tres días das eleccións xerais

Touriño asegura que se intenta combater a desaceleración económica e dixo que as inauguracións quedaron na época do PPdeG.


6/Marzo/2008 /

Touriño corrixe á conselleira de Pesca: o Plan Acuícola "non está pechado"

Afirma que se tentarán compatibilizar o respecto ao medio e a creación de emprego, mentres contradí a Pesca, que asegurara que o texto xa estaba rematado.


6/Marzo/2008 /

Un centro de referencia coordinará o impulso ao software libre no país

O Goberno aprobou este xoves un investimento de 675.000 euros a prol das ferramentas e estándares abertos.


28/Febreiro/2008 /

A Xunta valorará o galego para conceder axudas a prol do emprego

Subvencionará con 10 millóns de euros a organización de actividades de información, orientación e busca de traballo.


28/Febreiro/2008 /

Xoán Xosé Álvarez será o novo director do Inega

Anteriormente ocupaba o cargo de director do departamento de Enerxía e Planificación Enerxética.


21/Febreiro/2008 /

O Consello Galego de Relacións Laborais muda para activar as políticas de emprego

O Goberno tamén aprobou varias liñas de axudas do Igape e un plan para promover a igualdade das mulleres no mundo laboral.


14/Febreiro/2008 /

Novas medidas para garantir a construción de vivenda protexida

O proxecto fixa porcentaxes mínimas segundo o tamaño do concello e prazos máximos de remate das edificacións.


7/Febreiro/2008 /

Crean a rede galega de centros de día de Alzheimer

Tamén se han crear instalacións especializadas no tratamento da enfermidade nos centros que xa hai. Hoxe en día hai en Galiza preto de 50 mil persoas con esta e outras demencias.


7/Febreiro/2008 /

A Xunta destina 30 millóns á integración social dos inmigrantes

O programa pretende facilitarlles aos estranxeiros o acceso aos servizos públicos, promover a súa integración laboral e mellorar a convivencia cidadá.


31/Xaneiro/2008 /

A Xunta vai apoiar a candidatura de Vigo á Universiada 2013

O concello xa comezou a preparalo todo, por se lles toca ser a sede da olimpiada universitaria no verán de dentro de cinco anos.