Afunde o PPdeG, que ve como a ampla maioría da que gozara desde hai anos para agora no 47% do voto. Os socialistas apañan un escano e conseguen o empate a escanos (2-2).
0h010: Co 99,5% do reconto. Confírmase a erosión do voto ao PPdeG en Ourense. Do 55,27% de 2004 descende ao 48,07%.
22h20: Co 75% escrutado. O PPdeG cae case oito puntos. Fronte a ese descenso dos populares, o maior avance aparece para o PSdeG, que chimpa sete puntos porcentuais. O BNG sobe algo menos dun punto.
21h35: Co 33% escrutado, o PPdeG evidencia unha clara caída na porcentaxe de voto, do 58% de hai catro anos a só un 48%. Con eses datos e os seis puntos máis do PSdeG, chimpando ao 37% do total do voto, o reparto 3-1 dos escanos ourensáns, pasaría a un empate 2-2.
21h15: Co 17% do reconto. O PSdeG rabuña un escano do PPdeG en Ourense. Con só dez puntos por baixo do PPdeG, os socialistas apañan un escano e conseguen o empate a escanos (2-2).
20h30: Enquisa de Ipsos. O PP perdería outro chanzo de poder na provincia ao ceder un dos seus representantes en beenficio do PSdeG. O BNG non conseguiría o obxectivo de obter representación en Ourense.