ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Antonio Oca

Sorprendente discurso de Sarkozy

11:45 23/11/2009

Sen entrar a facer valoracións globais das politicas conservadoras e populistas do presidente da República Francesa, ou tal vez por iso, coido que merece a pena reflexionar sobre o contido do discurso “Un novo futuro para a nosa agricultura”, pronunciado o pasado 27 de outubro na pequena vila de Poligny ubicada na rexión do Franco Condado.

 O primeiro que compre dicir é que neste caso,  non son cantos de serea, xa que, para facer fronte a grande crise que están a pasar os agricultores franceses, pon á súa disposición 1650 millóns de €. (650 millóns a fondo perdido e 1.000 en préstamos a 10 anos con tres de carencia á un xuro do 1,5%  e que no caso de que o titular teña menos de 35 anos reducese ao 1%.) Este plano de apoio estatal entra en vigor este ano.

Resultan reconfortantes as verbas de Sarkozy para os que non damos creto que o mercado sexa capaz de resolver todos os problemas económicos coa única condición de que  se deixe actuar libremente, ou o que é o mesmo, sen ningunha norma que o regularice.

¿Como é posible esta herexía que racha con moitos dogmas da actual Política Agraria Comunitaria?. Pois segundo afirma vaino levar a cabo desde dentro da UE:

 “ Metendo a Francia no corazón do proxecto europeo, estaremos nas mellores condicións de propor unha nova regulación da Política Agraria Común (PAC) no 2013. Podedes contar coa miña determinación total nas futuras negociacións. Non vou ceder porque o que está en xogo é estratéxico para Francia, o seu futuro, a sua identidade, o seu poder económico e incluso a sua independencia nacional ” di Sarkozy.

¿Tan impotante é o sector agroalimentario na economía e na sociedade francesa?
“Esta crise afecta á primeira industria do noso país con unha facturación anual de 163 millóns de €., por diante do sector da automoción. Afecta a 1,6 millóns de activos e 3,6 millóns de xubilados. Ningún sector se salva, ninguha rexión se salva”.

Verdade que chama a atención o grande peso que o sector agroalimentar ten nun país tan desenvolvido como Francia. Sarkozy non fala da cantidade de alimentos producidos. Fala do valor dos alimentos despois de producirse o peche do ciclo produtivo: Produción – Industria de Transformación.

En Galiza non se produce este valor engadido nin no leite, nin na carne de Vacún, nin no sector forestal...
No caso do leite producimos o 40%  do que se produce en España e só representa o 18% do valor do leite e produtos lácteos. ¿Qué sucede? Que carecemos dunha industria láctea que valorice e diversifique a mellor materia prima, leite crú, que se produce no Estado. Contamos con catro Denomincións de Orixe(D.O.) de excelentes queixos: Tetilla, Arzua-Ulloa, San Simón (o queixo de vaca mais premiado) e Cebreiro. Ainda que pareza mentira, elaborase mais queixo de barra, con destino a marcas blancas das grandes distribuidoras de alimentos, que do conxunto das catro D.O.

 Galiza debe apostar non só pola cantidade de alimentos producidos senon tamén pola sua calidade e diferenciación no mercado. Seguir o exemplo da evolución do sector vitiviñícola nos últimos 25 anos, sería un bo camiño.

 Segundo Sarkozy: “A crise revela un déficit de regulación europea e mundial que é urxente abordar. No 2008 e 2009 o índice dos precios aos productores caeron nun 20%, mentras que aos consumidores só diminuiron nun 1%. Esta diferenza non ten precedentes.

 Unha persona de cada seis no mundo padece fame. A resposta a esta necesidade consistiría en aumentar no 70% a produción de agora ata o 2050, sempre preservando o Planeta.

O sector financieiro sufriu as consecuencias dramáticas da falta de regulación do mercado. Non podemos permitir que continúe esta tolemia que está a desfacer o tecido agroalimentario do noso país. Non é de recibo que unha presa de especuladores ameacen a seguridade alimentaria en Europa...

Apostamos por contratos equilibrados, regulamentados polo Estado, que protexan aos produtores fronte ás industrias e os distribuidores. Estes contratos serán propostos a todos os sectores a través de acordos interprofesionais OU POR DECRETO”.

No ano 2008, cando Francia presidia a U.E., abriuse un debate sobre os principais  piares da PAC para despois de 2013. As propostas tentaban mellorar a regulamentación dos mercados agrícolas, esta iniciativa foi apoiada por 24 países dos 27 que a integran a U.E. A inefable Helena Espinosa, ministra do Ministerio dos Tres Medios: Ambiente Rural y Marino sumouse tarde, mal e arrastro. Tendo estes socialdemocratas, ¿ que falta nos fan os neo-liberais? Coido que a socialdemocracia é outra cousa.

4,38/5 (13 votos)


Comentarios (10)

Raimundo #1 23/Novembro/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



laurinha #2 23/Novembro/2009 laurinha
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Caro Oca:

Nuito boa analise e excelente final, esta-se desfazendo aqui um sector chave e imos lamentá-lo em muito pouco tempo.
Gosto da segurança que exprimes ao falares destes assuntos que as urbanitas as vezes ficam longe, mas com mentes assim tam claras dna conselharia do rural, como se pudo dar essa fenda entre as labregas e labregos e conselharia, e como é que dealguns exdirectivos dessa conselharia msaem textos e analisis, aos que se lhe pode aplicar o que exprimias sobre a Herlena espinosa --- para que queremos os liberais? se ests fam bom isto.

Como na Inglaterra o Tory Blair, foi o melhor reprsentante do thacherismo

Geluka #3 23/Novembro/2009 Geluka
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Pois si, penso que ese é o problema: hai que ponher en valor o noso.
Traballando pola comarca do Carballinho, no concello do Irixo, tiven oportunidade de conhecer, na parroquia de Loureiro, a cooperativa co mesmo nome da aldea, Santa Mariña de Loureiro. Producen leite, iogurtes e queixo biolóxico, de máis está dicir o boísimos que están!. Puden ver e comprobar cos meus propios ollos o que significou esa pequena cooperativa para a xente da aldea de Loureiro. As mulleres contáronmo, "A cooperativa salvou á aldea. Tod@s @s veciñ@s viven dela: de vendelo leite á cooperativa ou mesmo de traballar nela". Nesta ocasión a iniciativa foi do cura da aldea, nun local infrautilizado como hai moitos no rural. Bendita iniciativa!, nunca mellor dito, e fermoso exemplo do que pode ser a Galiza si florecen e apoian iniciativas como estas. De non ser pola cooperativa, o lugar da parroquia de Loureiro estaría totalmente morto, sen poboación, sen gando, sen prados....imos deixar que ese sexa o futuro de Galiza??
Parabens unha vez máis polo artigo, interesante e moi necesaria reflexión.
Unha aperta.

xoca #4 24/Novembro/2009 xoca
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O maior problema é que o setor primário non se entera, pide ao Estado que regule o mercado e vota aos que están en contra da intervención do Estado. Que vaixe cristo e que o entenda, eu desde logo non entendo como podes amañar o desaguisado, e refirome a esquizofrenia que padece o setor primário.

semoncho #5 24/Novembro/2009 semoncho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Quando um viaja pola formosa campina francesa, na sua maior parte bem trabalhada, nom pode menos que pensar que a sociedade francesa (dirigida polas suas autoridades) sabe aproveitar os seus recursos naturais, sem estragá-los desajeitadamente e manter a sua segurança alimentária. Além do mais, as suas paisagens mantenhem um valor turístico inegável.

A comparaçom com o caso galego é muito dorosa para mim.

Illana #6 25/Novembro/2009 Illana
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Parabens Sr.Oca!Concordo coas suas reflexións e engado unha mais:sopoño que en algún momento alguen (administracións,sindicatos,universidades...)terá que dar un paso ó frente e axudar ós labregos deste país a sair do burato no que, aqueles ós que votan,os fundiron.E que xa non queda xente neste país coa sufiente credibilidade entre os labregos ?,Non hai ninguen que se queira sentar con vostede a falar de futuro?.

Nambuangongo #7 25/Novembro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Excelente, senhor Oca. Magnífico artigo, e já vão dois.

E muito boa a sua reflexão a nível mundial. O sector primário, por algo se chama primário.

Olhem senhores, até a França glamourosa do Sarkozy & Carla cuida a sua agricultura!!!!

Já são horas de terminar com essa estúpida ideia de que a agricultura é própria de países do terceiro mundo, e que nós para ser ricos temos que abandoná-la e trabalhar no sector serviços (e acima em precário). Também não semelha boa opção uma industrialização insustentável e anacrónica (e com a história demonstrando o seu fracasso) que alguns sectores pseudo-stalinistas do BNG perseguem.

Tem muito mais futuro sermos uma potência agrícola (e façamos as coisas bem: sustentabilidade) que uma potência eólica.

Frente do nefasto modelo económico depredador atual nas cacholas dos nossos politiquinhos, a agricultura na Galiza tem muita maior rentabilidade económica a meio-longo prazo(economia real vs. economia virtual), melhor distribuição social da riqueza gerada, e sem dúvida com outros muitos benefícios sociais que a economia financeira não valora.

Um grande saúdo.

Nambuangongo #8 25/Novembro/2009 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Se calhar o repto está no passar de sermos produtores de matéria prima , como boa colónia que somos, a sermos produtores de produtos elaborados, altamente competitivos.

Uma verdadeira indústria de transformação galega pode criar novos sectores económicos satélites da simples produção, dos quais não só se beneficiariam os agricultores e gandeiros, senão muitas outras pessoas nas vilas e cidades.

lute #9 26/Novembro/2009 lute
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu diria, mais bem que, se algum discurso e realmente sorprendente, e a ausencia de discurso dos socialistas espanhois na materia.

Eo que e mais grave ainda, sabemos pola experiencia compartida na administraçom dos ultimos anos, que a sua estrategia na UE se limitava a unir-se as maiorias no Conselho ainda que seja sacrificando alguns sectores como o lacteo.

Como ti bem apontas, para mais inri, forom sobrepassados polos conservadores e liberais em materia de ajudas de estado, subvençom e intervençom publica.

Com essa carta de apresentaçom, ao socialismo espanhol nom lhe da nem para ir mirando no espelho dos seus companheiros franceses. E bem sabemos no estado caotico em que se atopam no PS frances...

Em definitiva, parabens polo segundo artigo. Reto-te a escrever outro para dilucidar o erroneo debate na pratica entre conceitos que a alguns lhes parecem excluintes:

- Agricultura industrial versus agricultura ecologica.

- Empresario agricola versus agricultura familiar.

- Produçom industrial versus produçom artesanal de qualidade.

- Produçom para a exportaçom versus produçom reponsavel.

- ... etc

Nom e que tenha um teima particular co tema, simplesmente e para que algus comprendam porque quando eras Director Geral na Conselharia do Medio Rural se dizia exactamente o mesmo.

Maiormente, para argumentar que alguns, sorprendentemente, gente nom alhea aos problemas do pais, criticavam a mesma teoria porque, probavelmente, mesturam conceitos basicos como os citados e analisam as cousas, em geral, moi primariamente ao nom atinar a ver os matices da realidade.

Apertas. Ate a proxima.

galegoportuguesa #10 28/Novembro/2009 galegoportuguesa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os meus parabéns polo artigo, senhor Oca,
é uma mágoa que o grande labor que o BNG fixo em matéria de agricultura não se soubesse valorar.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



É Enxeñeiro Técnico Agrícola e axente de extensión agraria desde 1967. Foi director xeral de Producións, Industrias e Calidade Agroalimentaria (2005-2009). »



Anteriores...