ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Paulo Meraio Belasco

Con premeditación e aleivosía

11:39 05/06/2009

Somos galegos de forma natural, biolóxica e cultural, humana. Porque non se nace só ser humano, sobre todo nácese madrileño, irlandés, galego... Nácese dun parentesco e dunha identidade, o nacemento incorpora unha identidade natural e cultural; marcada mesmo no noso nome e apelidos. Facemos parte dun grupo e dunha comunidade, neste lugar, e desde sempre, o galego é o noso idioma propio e a nosa marca cultural, o galego brota de Galiza como a auga dunha fonte, isto é a realidade.

Tamén podemos sermos persoas galegas por radicación, por unha estancia prolongada, ou por vontade de integración neste lugar. Integrarse é un acto de respecto e de amabilidade para quen nos acolle, é algo case que obrigado. Con todo, existen persoas que, sen sabelo, van contra o natural e contra o cultural e adoptan unha posición política e politizada á hora de falar: néganse a falar galego, a aprendelo, incluso desexan firmemente que morra. Adoptan en exclusiva, e con exclusión, a lingua de fóra, a do poder exercido, a única que é de obrigado coñecemento legal, a lingua da imposición política. Todos os galegos e galegas que guían a súa vida en castelán fano por motivos políticos, consciente ou inconscientemente. Estes motivos derivan de que ben eles, seus pais ou seus avós, foron socialmente obrigados á muda, para así teren acceso a ámbitos e actividades que, doutro xeito, lles estaban coutadas por falaren galego. Adoptaron para si propios a visión que o colonizador (o de fóra, o outro que obriga) ten de nós, e chegaron ao paradigma do colonizado servil e fiel: modificar a súa identidade natural para adoptar a identidade política que o colonizador lle impón: “ti non es como pensas, es como eu che digo, a túa natureza é outra”.

España é un mosaico de lugares con identidade, de nacións, mais sucede que os lugares están xerarquizados e a xerarquía exércese en forma de poder mediante a imposición do concreto. Escoller unha identidade, natural ou política, significa aspirar a colocarse a un mesmo máis arriba ou máis abaixo nesa xerarquía, máis cerca ou máis lonxe do poder, significa tamén renunciar á identidade natural ou manterse nela. España leva centos de anos na loucura de intentar reducir a “una” as nacións que a compoñen, negando a realidade obxectiva e exercendo esa xerarquía desde o poder do Estado. Estes lugares con identidade, estas nacións, están conectadas por fluxos de interacción xerárquica e sucede que cando, desde o centro, se nega a existencia e o respecto tolerante polo diferente, as nacións tenden a romper esa conexión que as afoga; o centralismo excluínte produce tensións entre o centrífugo e o centrípeto e así, o que é o reclamo que as nacións fan para seren respectadas en igualdade polo Estado, polo poder de fóra, acaba por converterse no “problema dos nacionalismos”, que na realidade é o problema entre o nacionalismo español excluínte e irrespectuoso e a demanda das nacións, dos lugares con identidade, de estarmos integrados en igualdade e con respecto no Estado. O Partido Popular, ao que pertence o noso presidente (marcado como galego nos seus apelidos), encarna a negación do Nós e o enxalzamento do outro.

En Galiza o goberno de Fraga puxo a andar unha política lingüística de grande éxito: logrou que a lingua natural, o noso mais evidente e forte signo de identidade, caese do 60% de uso vehicular a menos do 20%; mexaban por nós e moitos pensaban que orballaba, moitos seguen a pensar que orballou, mesmo que foron días de espléndidas raiolas de sol que caían do ceo. É sabido que o Partido Popular está controlado polos sectores máis intransixentes da dereita europea, aquí a extrema dereita está dentro do núcleo ideolóxico do Partido Popular, controlándoo, estes sectores, fillos do franquismo falanxista, aínda están empeñados en construír a idea da España única e excluínte, onde nada cabe se non se achega ao paradigma do que eles entenden como español, esa especie de madrileño-andaluz. Levan moito tempo traballando para eliminar a diferencia, para extinguir as outras identidades de España, as outras culturas, as outras naturezas (Etnocidio: Extinción deliberada dun pobo, cultura ou grupo étnico).

Antes de Feijóo estabamos na paz, polo menos na paz lingüística. Alguén desde o PP de Madrid (ou desde a FAES que é onde argallan e conspiran) deu a orde de guerra e comezou a batalla contra nós, contra a nosa identidade. A guerra para ser aceptada debe estar xustificada. Debían inventar un problema, confrontar o galego co castelán, converter a mentira en verdade e despois, heroicamente, solucionar o problema para librarnos da imposición, da terríbel carga de ser nós mesmos.

Para chegaren a este obxectivo, para inventar un contexto que o xustifique, acoden a varias estratexias estudadas. En Galiza, recentemente, quitaron na súa prensa (El Mundo, ese xornal que se regala, La Voz de Galicia, ese xornal que se vende) casos nos que individuos dicían sentirse imposibilitados para que os seus fillos fosen educados en castelán, eran casos de persoas escollidas, de ideolóxica concreta, próxima ao Opus Dei e á extrema dereita, que serviron para apelar ás emocións de outros pais e xerar neles empatía, foi a semente reiterada da creación do conflito. Despois o PP necesitaba crear un grupo de presión para validar esas accións concretas (daquela carentes de veracidade) encamiñadas á extinción do galego, da identidade; accións que responden a motivos e obxectivos inconfesables e socialmente incorrectos e, por tanto, non poden ser proferidos. Unha vez sementado o problema da imposición nos xornais era preciso que alguén reclamase a solución dese novo “problema” e, ao tempo, reforzar a súa existencia. Así naceu este grupo de presión que lle chaman Galicia Bilingüe, apelando ás emocións individuais e ás conexións empáticas entre pais; apelando ao dereito individual dos pais para decidir o que é mellor para os seus fillos; iso foi para o que se manifestaron en Santiago, para iso e para moito máis.

O PP sabe que, abertamente, non pode opoñer ao natural e cultural máis nada que o dereito individual. Contra o Nós están este e máis aquela e aqueloutro, cadaquén a reclamar o seu; iso converte a Galicia Bilingüe nun simple agregado de individuos, unha camarilla conspiradora que manipula a realidade para xerar unha imaxe positiva de alteridade e, desde a manipulación organizada, forzar alternativas sociais baseadas na asimilación incondicional de postulados. Nada importa que se xunten dous para lle dar preeminencia ao dereito do individuo por riba do respecto colectivo e que, ao seren dous eles mesmos sexan un grupo, que como grupo sexan infinitamente minoritario. Apelar ao dereito individual é unha burla, un acto de traizón á democracia que, así, ao se xustificar no falso dereito individual, queda de feito anulada, sometida ao poder dun individuo ou dun agregado intrigante de individuos. Porén este agregado de individualidades antidemocráticas é imprescindíbel para lograr eses fins e, por iso, o PP e os seus medios falan del e o tratan como se de verdade fose un grupo significativo e como se de verdade defendese intereses lexítimos dun colectivo socialmente representativo; cousa que non farían se este agregado solicitase outros dereitos individuais como o do uso da violencia, ou o dereito ao uso libre do propio corpo (suicidio, automutilación, fornicación pública...)

Para lograren os seus obxectivos necesitaban enganar a xente. Como o que se reclama é (era) algo inexistente (responde a unha falsa demanda) debían de converter unha mentira (coidadosamente escollida) en verdade e, para isto, foi preciso (segue a ser) crear un contexto de verdade capaz de converter a mentira en verdade, o irreal en real; a creación dese contexto comezou, como vimos, nos xornais e seguiu despois con Galicia Bilingüe e a súa manifestación, apoiada por políticos do PP e difundida polos medios de comunicación moi acordemente cos intereses dos protestantes, ese agregado de individuos no que traballan xente activa do PP e da FAES. Para escenificar a veracidade do engano foi necesario que a esta manifestación acudisen persoas do PP, mais non o partido abertamente, para crear deste xeito unha presunción plausíbel de reclamación apolítica que outorgase veracidade á idea de imposición (toda imposición implica violencia) e porque daquela o contexto de veracidade estaba en proceso de fabricación e non era aínda funcionante. Tamén era imprescindíbel que houbese violencia contra os manifestantes, contra os que buscan o mellor para os seus fillos, contra os que se lles impón o galego. E a violencia chegou, como era previsíbel. As accións violentas que transmitiron os medios fixeron que o falso contexto da verdade de imposición lingüística ficase perfecto, rematado, quedaba así libre de connotacións etnocidas e antigalegas. O que se reclamaba era veraz e xusto.

Despois disto o contexto de verdade foi creado con éxito tal que agora a xente cre que o BNG, ou o goberno progresista, fixo unha lei en virtude da que todas as materias ían ser impartidas en galego, agás a lingua castelá; a xente cre, obxectivamente, unha mentira. A quen lle contan a verdade, que só se fixo un decreto que desenvolvía unha lei dun goberno de Fraga, e que o decreto case non muda nada con respecto ao anterior, e que ese decreto novo establece a igualdade ao 50% para cada lingua, esta verdade, a xente, simplemente non a cre, ou desconfía de quen lla conta. Para moitas persoas a verdade é mentira e a mentira do PP é a verdade.

Creada xa a verdade desde a mentira agora o goberno de Feijóo ten as portas abertas (incluso pode facer ver que é razoábel) para retirar o apoio real, activo, ao galego. Desde o exercicio do poder que emana da administración autonómica persegue un feito estratéxico de grande importancia neste proceso etnocida: que todo o poder implícito do Estado se exerza sobre os nenos e nenas para e que estes infravaloren o galego, que o perciban como inútil, asociado á violencia, á política e ao atraso; para que a identidade galega morra e se substitúa por outra. Para isto case abonda con que se retiren as medidas correctoras encamiñadas á revalorización do galego, desequilibrio introducido pola imposición do castelán durante séculos. Saben que o castelán todo o mundo o coñece porque que é obrigatorio por lei sabelo, entanto que o porvir do galego depende en grande medida da escola e de como se transmite este como valor identitario.

O que Feijóo argalla e executa non é só unha guerra de segregación contra a galego, senón sobre todo contra a Galiza expontanea e respectuosa, contra a nosa cultura e identidade. El, e outros con el, renegan desta identidade natural e prefiren unha identidade non só política, tamén politizada, excluínte e destrutiva de Nós, dos galegos, profundamente allea; convertese así nun presidente falso, un presidente que non goberna para Nós, para os galegos, goberna para outros. Falso presidente tamén porque usa a falsidade como argumento, porque di unha cousa e pensa outra, porque usa a manipulación premeditada, o engano e a traizón aleivosa, para satisfacer a eses outros que negan a realidade e queren facer da negación a realización dun pesadelo.

4,36/5 (33 votos)


Comentarios (33)

Concha-Rousia #1 5/Xuño/2009 Concha-Rousia
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Parabéns ! Excelente texto, impecável tese e desenrolo...

Gostaria de pôr em destaque algumas frases que me parece que devemos repetir e repetir a nós próprias e próprios para que ajudem a descolonizar as nossas mentes ocupadas:

- O galego brota de Galiza como a auga dunha fonte
- Levan moito tempo traballando para eliminar a diferencia, (Etnocidio).
- O colonizador lle impón: “ti non es como pensas, es como eu che digo, a túa natureza é outra”, etc...

A verdade é que somos um povo ao que se nos nega o direito a cultivar a nossa identidade... algum dia a história porá algum nome a esta crueldade que sobre nós se exerce... Mas por enquanto a história demora... nas nossas mãos está em romper o silêncio, em não ser cúmplices, e menos colaboracionistas... Eu seriamente creio que o povo que é capaz de contar a sua história, mesmo que nesta altura seja trágica, essa história o acabará por resgatar...

De novo parabéns polo teu texto, um grande prazer poder-te ler por cá... Um abraço

suso #2 5/Xuño/2009 suso
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Magnífico artigo, uma análise certeira do que se está a passar.
A Galiza tem sido tradicionalmente o exemplo vivo de que as identidades não-castelhano-andaluzas podem ser destruidas; isto é: "en Cataluña y en el Pais Vasco de momento nos están dando por culo, pero mirad, camaradas, es solo cuestión de convertir a los vascos y catalanes en mierdecillas como son esos infelices gallegos y tendremos la partida ganada..." Ora, esso quebrou-se com o ascenso do bi-partido ao governo; a perda da Galiza foi um trauma para as hostes do nacionalismo espanhol, igual que a recente "reconquista" de Euskadi foi um triunfo sensacional para eles. Por isso argalharam o sinisttro plano que tão ajeitadamente descreve Meraio no artigo. Ora, o preço dessa conspiração é, como ele diz, a guerra linguística, que eles acham vão ganhar fácilmente. Na nossa mão está demostrar-lhes que estão muito, muito enganados, e fazer que se arrependam de ter iniciado as hostilidades (falo sempre em sentido figurado, é claro). Ou demostrar ao mundo que eles têm razão, que somos "unos mierdecillas", que moramos felizes no pais-da-chuva-de-pis.

EVAZSOU #3 5/Xuño/2009 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Infelizmente na Galiza a gente só entendeu o bom que tinha e o que lhe habitava o fundo da alma quando emigrou ou quando lhe caeu tal desgraça por riba que teve que esquecer o aprendido e recorrer ao fundo galego, normalmente, mais aberto, flexível e resistente.

Não é apenas a língua, mas na língua nas suas formas e jeitos, ditos e contos é onde se transmitiu isso tudo negado.

Isso tudo negado que floresce especialmente quando se nos trata de asovalhar e nos fazer de menos. Esta do PP é uma guerra idiota e asovalhadora. Bem que a gente reage. Bem que o coletivo se escuta.

abretedeorellas #4 5/Xuño/2009 abretedeorellas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

parabéns polo artigo

Sr_J #5 5/Xuño/2009 Sr_J
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Impecável artigo. Eu, como Concha, também gostaria de pôr em destaque umas frases, este parágrafo concretamente:

"Tamén era imprescindíbel que houbese violencia contra os manifestantes, contra os que buscan o mellor para os seus fillos, contra os que se lles impón o galego. E a violencia chegou, como era previsíbel. As accións violentas que transmitiron os medios fixeron que o falso contexto da verdade de imposición lingüística ficase perfecto, rematado, quedaba así libre de connotacións etnocidas e antigalegas."

Mui bem explicado. Essa imagem de violência pudo-se ter evitado, privando aos manifestantes dum dos ingredientes imprescindíveis para a sua receita. Agora já foi, oxalá aprendamos para o futuro.

Raimundo #6 5/Xuño/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Raimundo #7 5/Xuño/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Soberanista #8 5/Xuño/2009 Soberanista
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Excelente artigo, desentranha toda a patranha da Espanha.

Como vimos em saber, o agravamento do conflito foi importado desde as cabeças pensantes, mediáticas e políticas do epicentro nacionalista espanhol: Madrid. E mais em concreto tivemos a duvidosa honra de ter sido atacados pela única direita de Europa Ocidental que provém duma ditadura. Sim, claro, refiro-me ao PP.

Uma terra que já criam em propriedade exclusiva, a nossa, foi-lhes arrebatada pelo seu rival ideológico (por dizer algo) o PSOE, e pelo seu rival ideológico e identitário, o BNG. Por dizer algo...
As alarmas acenderam-se. "Ya nos llega con los catalanes y vascongados como para que se nos abra un problema en Galicia".
Haveria que preparar uma estratégia a nível "nacional", e FAES nom foi criada em vã pelo senhor Aznar. A basta imprensa espanholista rápido entendeu as ordens, e El Mundo à cabeça começou a sua peculiar cruzada publicando uma série de reportagens em primeira pessoa de pais e mais dos territórios "bilingues", onde se apresentava a figura duns pais desesperados, em analogia à pior das perseguiçons políticas.
Todos recordaremos aquela série de reportes próprios da novela fantástica, intitulados "Víctimas de la Inmersión Lingüística".
http://clasica.xornal.com/arti...
http://clasica.xornal.com/arti...

Reportes nos que se falava de senhoras que contratavam a uma pessoa para que traduzisse (do galego RAG ao espanhol) os conteúdos de matérias como matemáticas ou física, alegando que a ajuda era necessária para que seu filho entendera as citadas matérias.
Como bem intitula Xornal, falamos de "surrealismo linguístico".

Mas estes casos ilhados que ninguém conhecia ou podia imaginar, deveriam ter a culminaçom numa plataforma real que dera realismo a esta situaçom tão desesperante. Assim é como Galicia Bilingüe aparecia em cena. A sua labor, admitamo-lo, foi (extra)ordinária.
Com bem poucos fanáticos encherom foros, cartas ao director, programas de televisons locais, de rádio... e logo já de jornais, televisons estatais etc., numa intensa campanha propagandística (goebbeliana) na que se repetia uma e outra vez "el gallego se impone". Incluso, do dia à noite, lançaram um auto-carro que percorreu incansável toda Galiza, recolhendo umas supostas 90.000 sinaturas que ainda hoje desconhecemos.
"El gallego se impone" nas cartas ao director de La Voz de Galicia, "El gallego se impone" se lês os comentários de qualquer jornal digital, se escuitas a rádio, se entras num fórum galego qualquer... Incluso se sais à rua e vês o GabiBus e o GabiBoneco.
Em todos os lados se escuita aquilo de "se impone el gallego", menos onde se tinha, supostamente, que escuitar: nas escolas.

Uma vez lançada a intensa campanha intoxicadora e uma vez chegada a específicos e crescentes sectores sociais, era hora de passar a uma terceira fase: a política.
Foi quando GB desafia o universo inteiro chamando a manifestar-se na mesmíssima praça da Quintã, que afinal ficou em Quinta-ná.
O PP, numa manobra que já nessa altura ninguém creu como inocente, enviou a alguns dos seus quadros para solidificar a ideia duma suposta imposiçom do galego, garantindo logo, na sua vitória eleitoral, uma justificaçom para actuar como estam actuando.
Apesar da impressionante difusom mediática, pois penso que ninguém ficou sem saber quando e a quê hora ia ser a manife, a mesma resultou um rotundo fracasso, falando em ridícula cifra de 3.000 pessoas, as quais aproximadamente a metade eram de fora do nosso País.
Porém, o fiasco de assistência foi desviado intencionadamente destacando a tensom vivida entre manifestantes e contra-manifestantes onde, trabuca-se aqui o senhor Meraio, a única agressom foi a dum membro de La Falange, vindo de Outeiro de Rei, a um jovem contra-manifestante que recebeu numerosas pancadas no chão. O olho morado foi consequência de uma legítima defensa do jovem galego ante um ataque do velho falangista.

E assim estamos, com eles outra vez no poder, fazendo caso duma organizaçom que reuniu apenas 3.000 pessoas (fronte aos 40.000 do 17 de Maio). Mas claro, quando essa organizaçom representa as tuas ideias, tanto dá o resto.

Gaias #9 6/Xuño/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Parabens polo artigo!
Realmente isto é o que esta acontecendo en Galiza, o uso da mentira para crear un "problema" inexistente e logo poder erradicar o galego do ensino e vida publica, o fomento do autoodio,etc. Unha verdadeira campaña por parte da extrema dereita madrileña e medios de comunicacion afins contra a nosa lingua e identidade.
Queren galegos con autoodio, sumisos, acomplexados,etc para ter unha Galiza sen identidade, que non reclame os seus dereitos e que se deixe colonizar mellor por España.

O-OLHO-CRITICO #10 6/Xuño/2009 O-OLHO-CRITICO
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Moi bom artigo, tanto que o imprimím para poder conserva-lo.

arzaya #11 6/Xuño/2009 arzaya
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O peor dos tiranos é que nos fai actuar de forma diferente á que queremos. Eu respeito moitísimo aos galegos que falan español, por decisión propia ou por imposición. O que tirei en limpo desta polémica é que o único futuro para unha Galiza normal, onde se poida vivir en igualdade e respeito entre todos e con igualdade xurídica) á a independencia. Danme igual as consecuencias, pero eu quero para os que veñan despois un escenario de plena liberdade. Non me sinto español en absoluto (aínda que empregue o ñ), e bastaron só tres meses para confirmalo. Espero que a maior parte dos galegos que votan nacionalista cheguen a esta conclusión, un 20% de independentismo iguálanos a Cataluña e Euskadi e nos irmana a eles. Non me considero radical en absoluto, e son máis ben de centro. A partir de agora debemos pensar máis libremente. Galiza (nós) non ten (temos) nada que perder.

arzaya #12 6/Xuño/2009 arzaya
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

E agradezo no fondo, ao PP, facerme ver con claridade todo isto

arzaya #13 6/Xuño/2009 arzaya
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Tomemos nota do que dixo Glora Lago, o ideal é Finlandia. Independencia e igualdade de escolla para os castelán-falantes.

OBSERVADOR #14 6/Xuño/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Eu queria comentar no artigo da Concha, mas como vejo que Vieiros está por me levar a contrária (pois eu já tenho dito que os artigos dos reintegracionistas são os que mais debates provocam), agora resulta que não se pode comentar no artigo da académica Rousia.

Não duvido de que ela quereria que seu artigo fosse comentado...

AGIL #15 7/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Já se pode comentar. E eu comentaria este artigo do Meraio, se não fosse contraditório, radicalmente contraditório.
Com efeito, no fim do texto diz (acho que como conclusão): «O que Feijóo argalla e executa non é só unha guerra de segregación contra a galego, senón sobre todo contra a Galiza expontanea e respectuosa, contra a nosa cultura e identidade.»
Mas eu vejo que o "galego" que usa o Meraio "segrega" o Galego e o envolve no cstelhano, de modo que impede ver a "cultura" e "identidade" da Galiza.
Eu, se não tivesse vivido nesta Terra anos e anos, diria ao ver o texto que a Galiza tem "cultura" e "identidade" já deturpada pela espaÑola, como as são as asturianas ou as aragonesas, quase extintas.
Opino humildemente. E que me desculpem os que não pensem assim, mas sim lhes pediria que abram um pouco os olhos e advertam que pouco podem protestar contra o Feijó e os seus amigos, quando eles (os que assim não pensam) estão a seguir os ditados, os mandatos dos Feijós dominantes desde há tempo na Terra, tanto sobre a língua quanto sobre a cultura e, afinal, sobre a identidade galega.

AGIL #16 7/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Leio acima que o autor, Paulo Meraio Belasco, «[f]oi nado no Bierzo, aló polo ano 1965. Em Compostela, onde reside, licenciou-se em Geografia e História coa especialidade de Arqueologia e actualmente é estudante de Antropologia Social e Cultural. Tem publicado relatos breves e umha colecçom de etopeias na editora Arcos on Line titulada “18 Etopeias. Retratos com paisagem”. Na ano 2008 resultou ganhador do concurso literário “A rosa de cen follas”.»
Assim escrito e o artigo escrito assado...: sinceramente, não entendo quase nada... E menos quando se apela à cultura e à identidade. E desculpe-se-me, de novo, o meu ignorante atrevimento.

Abril #17 7/Xuño/2009 Abril
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A violência defensiva dos manifestantes foi contra a policia espanhola: NOM HOUBO ATAQUES AOS MANIFESTANTES ANTI-GALEGO.

Umha cousa é o que digam os meios espanholistas do acontecido e outra o que pasou. Recomendo ver o video de GZvideos para conhecer o acontecido:
http://gzvideos.info/defender-...
Como sempre co tema da língua e os meios espanholistas: "Difama que algo queda".

Por outra banda, prefiro que o genocidio lingüístico e cultural practicado polo espanholismo na Galiza sexa trágico, com luita na rua e com dignidade, que a morte lenta à que nos tinha sometido o fraguismo.

Abril #18 7/Xuño/2009 Abril
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Prefiro que o genocidio lingüístico e cultural practicado polo espanholismo na Galiza sexa trágico, com luita na rua e com dignidade, que a morte lenta à que nos tinha sometido o fraguismo E O BIPARTITO COAS SUAS LEIS CONTINUISTAS COMO TODO O MUNDO XA ADMITE A ESTAS ALTURAS

loladecosta #19 8/Xuño/2009 loladecosta
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

parabens.Un excelente artigo que que só di verdades

Raimundo #20 8/Xuño/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Despois do fin se semán, volvo a leer o artículo, volvo a asombrarme do pouco aprendido delas. O victimismo rampante segue. Volvo a comentar...

- “Somos galegos de forma natural, biolóxica e cultural, humana. Porque non se nace só ser humano, sobre todo nácese madrileño, irlandés, galego”..... ¡Home! Entón non se nace ser humano... haiche algunha diferencia entre “ser humano” e “ser galego”... ¿cal será? ay, mi madriña...

“o galego é o noso idioma propio e a nosa marca cultural, o galego brota de Galiza como a auga dunha fonte, isto é a realidade”.... Excepto en Ferrol, donde é o castelán o que brota coma a auga na fonte, logo os ferroláns ¿non somos galegos?

“Integrarse é un acto de respecto e de amabilidade para quen nos acolle, é algo case que obrigado”… e Castelao ¿integrouse en Arxentina? ¿Obligarono?

“Todos os galegos e galegas que guían a súa vida en castelán fano por motivos políticos, consciente ou inconscientemente.”... Ou porqué é a súa lingua materna... e falano por iso... incoscientemente... nas cidades...

“modificar a súa identidade natural para adoptar a identidade política que o colonizador lle impón: “ti non es como pensas, es como eu che digo, a túa natureza é outra”... ¡Home! Os ricos impoñen a súa lingua...

Ouseña, hoxe en Cataluña, os inmigrantes galegos, andaluces, arxentinos, teñen que adoptar a identidade politica que oricachónb lle impón, igual que os señoritos das cidades impuxeron a súa identidade aos campesiños galegos... mira ti, que avance.

“O Partido Popular, ao que pertence o noso presidente (marcado como galego nos seus apelidos), encarna a negación do Nós e o enxalzamento do outro.”... entón, os votantes do PP non pertecen ao “NOS”, ouseña, ¿son galegos de segunda división? ¿En caso de que Galicia se independice, terán que facer un xuramento de galeguidade, e pasar un exame de galego para tere a cidadanía galega?... ay, mi madriña... a voltas co Volk, con Nós...

Ese NÓS... e feixismo... dende logo... a estas alturas...

Raimundo #21 8/Xuño/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



AGIL #22 8/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Raimundo, mundo, mundo, que te atrpalhas: Quem nos mete a "TODOS los espaÑoles" no seu saco é o Rajoy e o Asnar. Feijó e os seus amigos, para além, metem-nos aos galegos TODOS no seu saco. Por favor, dá a entender que és pessoa humana e razoa um pouco.

Raimundo #23 8/Xuño/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#22 agil, por favor, nacemos homes o mulleres, europeos, españois, galegos, ferroláns, galegofalantes ou castelánfalantes, ricos ou pobres, de cidade ou mariñeiros, tontos ou listos, altos ou baixos, sanos ou cun unha enfermidade crónica, chistosos ou serios, guapos ou feos, cantarins ou non...

Pero nacemos cos mismos dereitos, a non sere discriminados pola raza, pola lingua, polo orixe, pola fealdade física, pola enfermidade, pola pobreza... por nada... sexas de donde sexas... vivas onde vivas... teñas o NÓS que teñas...

Os dereitos humáns dos ferroláns, dos galegos, dos españois... todos iguais... todos libres (E as veces, fraternos... inda menos)

xxl #24 9/Xuño/2009 xxl
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

AGIL#22 di en resposta (por certo,chea de condescendcia-o que en lingua inglesa se chama 'patronising) a Raimundo: 'dá a entender que és pessoa humana'
Pessoa humana? Acaso vostede conhece algunha pessoa can ou coello?? Desde logo, merece un posto de honra no diccionario de lugares comuns!!
A ignoracia non ten medo!

prometeo #25 9/Xuño/2009 prometeo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#24 Ao que tiña algo que dicir e se rexistrou para eso.

"A ignoracia non ten medo!"

A parte de que ignorancia escríbese con dúas "ns" (é un erro que podemos cometer todos ao utilizar o teclado e non revisar o escrito).

A frase máis correcta, por tratarse dun aforismo, é: "a ignorancia é moi atrevida"

Polo demais, estou completamente dacordo co texto de Paulo.

Raimundo #26 9/Xuño/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#24 xxl, e #25 prometeo, "persoa humana", can, iñorancia atrevida...

Non falamos de adxetivos, de frases... falamos do que dí o articulista, e dí: "O PP sabe que, abertamente, non pode opoñer ao natural e cultural máis nada que o dereito individual"...

Ou seña, o articulista deixa os dereitos humanos, os da ONU, 2os individuais, os democrátiocos... ao PP ¡menudo regalo!

E o dereito natual, o dereito feixista baseado na raza, no "NÓS", na familia, no que seña... pra os demócratas...

O Feijoo9 a de estarche a morrer coa risa...¡Pra él os dereitos humanos, os individuais! e pra nos os feixistas... dende logo...

(e sí, teño que correxir os comentarios, porque saenme moitos erros)

jujolor #27 9/Xuño/2009 jujolor
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

sempre en galiza
nom poderan cos galegos e o galego

AGIL #28 9/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Em (#24) xxl maieutiza-me com espírito filosófico profundo:

«AGIL#22 di en resposta (por certo,chea de condescendENcia - o que en lingua inglesa se chama 'patronising -) a Raimundo [penso que reclamo dele]: 'dá a entender que és pessoa humana'.
»Pessoa humana? Acaso vostede conhece algunha pessoa can ou coello?? Desde logo, merece un posto de honra no diccionario de lugares comuns!!»

COM.- Felizmente escreve "vostede" com "v", pelo qual entendo que não liga essa palavra com "bosta". Obrigado!
A expressão "pessoa humana" é avondo utilizada, redundantemente, ao que parece. Mas não tão redundantemente, se atendemos aos razoamentos de gentes que afirmam, com toda a seguranaça, que o feto é humano, mas não pessoa... ainda; embora alguns chegam a admitir que também o é, pessoa e humana.
Outros, esses mesmos, dirão que há pessoas divinas, no sentido próprio, pessoas cuja essência é a divindade (defina-se como se definir), ou em sentido figurado... O senhor mesmo poderia ser uma pessoa divina, como evidencia o seu "esprit de finesse".
Por isso permita que lhe ceda o posto honofífico que me oferece: Acho-o bastante mais digno do que eu (ou ca mim, diga como quiser).
...
Acrescenta e fina: «A ignoraNcia non ten medo!»
COM.- Com efeito, é tanta a ignorância que nos invade e em que estamos mergulhadas as pessoas humanas que, como "mecanismo de defesa" (frase feita!), melhor é não termos medo ou não o demostrarmos...
Só as pessoas divinas não são ignorantes... Ou ignorantes de todo...

AGIL #29 9/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Em (#23) Raimundo amostra que não entendeu o que eu dissera:

Quis dizer que, justamente porque somos iguais, ninguém, nem Rajoy nem Feijó, tem de usurpar a minha pessoa (humana!) e meter-me no seu saco e falar por mim. Por isso me ofendem quando dizem "Todos los españoles..." ou "Todos los gallegos...". Que digam "Los españoles que nos siguen" ou "que nos obedecen como perrillos falderos...". Mas eu não sou desses e menos dos "españoles" segundo os entendem Feijó ou Rajoy.

Raimundo #30 9/Xuño/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#29 agil, o que di o Feijoo9 e que "a maioría dos galegos (perritos falderos, o palleiros, tanto me da) votaronme por catro anos"... e neses 4 anos fago o que me peta, porque teño a maioría, a absoluta...

E se quero fago enquisas... e os perritos falderos, os cans de caza, os palleiros... teñenla que cubrire, porque sinon, sae o que queren os falderos... e punto.

mceleiro #31 9/Xuño/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E como lhe chamamos a isso?

Despotismo democrático? Despotismo das pessoas humanas? Despotismo iletrado?

O despotismo só produz escravos. Escravos humanos iletrados.

O autor fala da identidade. A identidade produz conhecimento. Do próprio e do alheio. A identidade induz à procura desse conhecimento.

O discurso que diz uma identidade = nacionalismo mau, ser um escravo desarraigado = não-nacionalismo bom, estamos a vê-lo continuamente.

Raimundo, tu es um exemplo.

AGIL #32 9/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se o que diz Raimundo em (#30) é o que diz Feijó, Feijó (e os seus amigos) são ditadores que se colocam por cima não só das leis que o seu partido promoveu e promulgou, mas mesmo por cima das leis do reino, a começar pela "constitución inmaculada".

E esse fazer por cima contra a legalidade chama-se ditadura, mais ou menos contaminada de fascismo (não penso que Feijó tenha tentações comunistas).

E, enquanto o Feijó e os seu partido não deem um golpe de estado mais vencedor do que foi o de 1981, terá de respeitar E CUMPRIR a legalidade vigorada no reino bourbónico, do qual a CAG em que ele governa com os seus amigos faz parte (não imagino um Feijó independentista do reino de espaÑa).

Raimundo #33 9/Xuño/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#31 mceleiro, e #32 agil, eso o que se chama é "a parvada do Quim e o Touriño" que perderon as elección por 10.000 votiños, e sinon foran tan parvos, e tiveran un poiquiño mais de sentidiño, o Feijoo9 non andaría con enquisas...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Foi nado no Bierzo, aló polo ano 1965. Em Compostela, onde reside, licenciou-se em Geografia e História coa especialidade de Arqueologia e actualmente é estudante de Antropologia Social e Cultural. Tem publicado relatos breves e umha colecçom de etopeias na editora Arcos on Line titulada “18 Etopeias. Retratos com paisagem”. Na ano 2008 resultou ganhador do concurso literário “A rosa de cen follas”. »



Anteriores...