viábel, recomendábel e útil, porque saber de onde saen os cartos e a onde van a parar é fundamnetal, o que lhe dás ao país velo redabilizado na túa empresa
Concordo con Sara_Mago. É a única esperanza... polo menos a única que eu teño. Ter unha clase empresarial vizosa e comprometida significaría ter un país que cre en si e que avanza e que tamén grazas a iso aumenta a súa confianza nas forzas propias. Os partidos e as institucións teñen unha importancia fundamental para despertar conciencia nacional entre os nosos conveciños, pero imaxinade o efecto multiplicador de empresas e empresarios apostando polo idioma, pola cultura, polo símbolos e defendo os seus intereses como parte doutros colectivos. Agardemos por un día no que un gran empresario ou empresaria pense algo así como "para o que nos serve España, mellor sós". Estaríamos nas dez de últimas
Estaría moi ben que fose viabel, pero pareceme moi complicado que exista unha patronal galega sen haber partido de dereitas nacionalista como pasa en Euskadi ou Catalunya. Ogallá dure moitos anos esta asociación pero que sexa porque realmente hai apoios e non que se manteña de xeito artificial por uns poucos.
É viable, necesaria e imprescindible para a mellora da dignidade do pobo galego.
Podería ser viable unha clase empresarial galeguista, mais historicamente nunca foi así, e é francamente difícil.
A clase empresarial sempre foi españolista e viviu de costas ao idioma galego, ao que consideraron sempre inferior. Esa é a razón pola que nas cidades galegas o idioma de prestixio e de uso case exclusivo é o castelán. Os empresarios, normalmente, son votantes ou militantes do PP, non nos enganemos.
Por outra parte, non vexo ao nacionalismo maioritario con atractivo dabondo como para atraer moitas simpatías dos galegos. O seus militantes participan da desfeita xeral que se fai co galego, xa non son como antes, que se preocupaban pola dignidade lingüística do galego, procurando falalo ben.
O caso de Santiago Domínguez Olveira é típico disto que estou a dicir, mais representativo de moitísimos. Demasiados. ¿E qué dicirmos do Quintana? Unha auténtica mágoa. Para min, o líder do BNG debería ser Camilo Nogueira ou alguén similar.
Un ambiente xeral de pulo do galego, que tería que vir das forzas nacionalistas, crearía unha mentalidade diferente, unha maior conciencia no pobo, e nese contexto tal vez houbese unhas condicións máis propicias para que unha parte da clase empresarial cambiase de actitude.
Acho, Xeonllo (e outros) que estas errado. Essa burguesia "nacionalista" nom nasceu porque houvesse partidos politicos "nacionalistas", foi a burguesia a que criou os partidos politicos para defender os seus interesses.
O capital ordena, a politica obedece.
Na Galiza temos un empresariado, salvo honrosas excepcons, colonizado e capado, a resultas disso, temos umha classe politica colonizada e capada e umhas classes populates idem.
Sara_Mago:
Eu non digo que a burguesía nacionalista sexa creada por partidos nacionalistas, non. Sei que os partidos responden aos intereses previamente existentes, mais tamén digo que tal vez os partidos galeguistas puideran influir nun espertar da conciencia nacional de certa burguesía que non se atreve a romper cun estado que ten a súa orixe en Castela, digo que se podería tirar algo desa burguesía para que mudase algo as súas actitudes, aínda que tamén digo que me parece difícil e que a realidade é que ata hoxe non é así.
A realidade actual é que o galeguismo é de esquerdas porque a burguesía galega non cre que o nacionalismo responda aos seus intereses, cousa que non ocorre coa burguesía vasca ou catalana, aínda que en realidade parece que os pobos que máis defenden a súa propia identidade son os que máis progresan e son máis prósperos.
Muitas combinações interessantes: galeguismo empresarial de esquerdas, galeguismo empresarial de centrodereita. Eu já conformava com algo mais de galeguismo, assim em geral, na sociedade
Que a ninguén se lle ocorra dicir que os señores José Luís Méndez, Amancio Ortega, Manuel Jove, Manuel Fernández de Sousa, Fernández Gayoso,Santiago Rey... son empresarios que pensan en clave de país.
Mais ben pensan en ser caciques e ademais conségueno.
Pereira dí que poden facer país. Eu diría que "deben" facelo, mais non é sinxelo investir con medo e tampouco é doado, tendo en conta que os partidos que governan son de ámbito españolista agás o BNG, que agardo non se contaxie cos pactos acadados. Tampouco, que saiba, non hai nada que agasalle ás empresas que "fan país". Penso que lles interesa máis a globalización.
4000 PERSOAS TAMÉN É NOTICIA
4000 persoas maniféstanse no oriente ourensán a pasada fin de semana demandando o trazado da a A-76.
Zapatero estará na Fonsagrada o sábado segudo informan todos os xornais o día de hoxe. Lamentamos que estas dúas noticias se vexan escurecidas en Vieiros pola elección da canción do verán.
Como nacionalista e de esquerdas lamento que este " presunto" xornal vaia camiño de converterse nun planfleto.
A clave de pais seria, digo eu, que o empresario pensara en fabricar no pais e non na china, vietnam, indonesia, banglades e outros paises onde facen un pantalon ca sua marca que e Galega, e depois vendeno polas tendas do mundo adiante con un 600% de beneficio, canto deso vai a para a anosa comunidade e unha boa ???
Pode ser viabel sempre e cando se faga un proxeto con capacidade local para o desarrollo e implementacion, se axuda a comunidade no seu futuro desarrollo economico enton sin seria viabel, penso eu.
Deica logo
Anxo Otero
Halliburton Corporation
Dubai
Emiratos Arabes Unidos
Relacionado co tema, queremos dar a coñecer galempresa.com