Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


09:00 07/03/2007

2013. Galiza elixe Presidenta

Por que Galiza non ten unha muller presidenta?

Até 2005 houbo 25 mulleres no Parlamento de Galicia. Nesta lexislatura a cifra mesmo minguou a 24 deputadas. O feito de que unha muller, Dores Villarino, fose escollida para presidir a institución, non oculta o déficit de representación nos escanos.

Á fin, trátase dun exemplo significativo dos obstáculos para o acceso das mulleres ao liderado político. Do mesmo xeito, o número de alcaldesas ou mesmo de concelleiras é claramente inferior e na Xunta, aínda que o actual goberno estabelecese a paridade en canto a conselleiras e conselleiros, por baixo destes, os altos cargos son maioría de homes.

E cando van ter as universidades unha reitora? Será o Valedor do Pobo unha muller algún día? Por que non hai mulleres dirixindo as grandes empresas? Por que as mulleres cobran menos? Por que son presionadas para deixar o traballo cando están preñadas?

As preguntas son moitas. E as respostas?

Comentarios (19)

otuchinho #1 8/Marzo/2007 otuchinho

Con Fraga travestido ... Un saúdo Vieiros e parabéns polo novo idem.

JohnLocke #2 8/Marzo/2007 JohnLocke

Se as mulheres som maioria tamem tenhem que governar! Parabéns, Vieiros polo redesenho.

fraipericoisuborrico #3 8/Marzo/2007 fraipericoisuborrico

Ana María Ríos for president!!! e Yolanda Castaño for vicepresident!!! (do bienestar e bla, bla, non se nos vaia enfandar palmou coas denominacións)

sampedo #4 8/Marzo/2007 sampedo

Se a presidentabel é esa q sae na foto ten o meu voto xa! Con mulleres así si que facía eu país. Galiza ceibe, poder copular!

lourixe #5 8/Marzo/2007 lourixe

2013? Non hai eleccións xa no 2009? :-P

Cesare #6 8/Marzo/2007 Cesare

Vaia, parece que vos tomades en serio a candidatura de Ánxela Bugallo. Vou correndo a mercar o dominio anxela2013.org.

Creo que daría unha boisima presidenta, por certo.

Gaias #7 8/Marzo/2007 Gaias

Ogalla.

kas84 #8 9/Marzo/2007 kas84

Ogallá,

Gustaríame que Ánxela Bugallo fose a presidenta de Galiza!

Na miña opinión, a súa consellaría é a que mellor o está facendo.

Anxo #9 9/Marzo/2007 Anxo

A min non me importaría, sempre e cando este capacitada, que habela hainas, pero estaría a sociedade preparada para elo?, so hai que ver o que pasa coa vicepresidenta Fernández de la Vega, é moi boa (o meu entender, é máis, creo que é ela quen manda), en cambio só se fala dela de por como vai vestida, e parvadas desas que o fin e o cabo e o que farán si sae unha presidenta, tera un camiño dificil e terá que loitar contra moitas estupideces e terá polo tanto que saber lidiar con eso e mailo seu cargo. Sorte para quen se presente.

tacher #10 9/Marzo/2007 tacher

¿Ánxela Bugallo? A próxima presidenta será Corina Porro. Al tiempo.

galeguzo #11 10/Marzo/2007 galeguzo

Onde di "E cando van ter as universidades unha rectora?", deveria dizer "E cando van ter as universidades unha REITORA?"

pablo #12 11/Marzo/2007 pablo

Tamén me gusta a Bugallo, Quin fóra, Ánxela presidenta xa no 2009!!

Isaura #13 14/Marzo/2007 Isaura

Deus nos ceibe dunha "Fraguesa" (v.g.: Ana Botella), por moi muller que fose ("A mi me gustan las mujeres muy mujeres", dicía Asnar).

Coido que chegou o momento de basear a recuperación da nosa dignidade na cualidade e non na cantidade.
Prefiro a certos homes, antes ca cen mulleres coma algunha que eu sei.

arale #14 26/Marzo/2007 arale

Mi madriña!!! Ánxela Bugallo presidenta???? Pégome un tiro, de verdade. Anda que non haberá mulleres galegas preparadas abondo para ese cargo...

Barcelos #15 30/Marzo/2007 Barcelos

A min tampouco me importaría sempre que non fose unha persoa "decapitada" como Carmen Fraga.

pinchorla #16 14/Maio/2007 pinchorla

O que me estrana a mín é que xa non tiveramos unha Presidenta.
Coido que as mulleres son máis "capaces" que os homes en todolos eidos da vida.
As mulleres son a alegría,a calma, a audacia, a intelixencia, traballadoras a eito,teñen máis peso que os homes nas suas opinións,por onde pasan deixan a súa "pegada"

Xeonllo #17 14/Maio/2007 Xeonllo

A min non me estraña que non tivesemos aínda unha presidenta, porque vivimos na sociedade na que vivimos. ¿Seica temos moitos homes no servicio doméstico ou moitas mulleres mecánicas? A cousa vai cambiando, mais con lentitude. E de momento, ningunha muller cura.

As mulleres non son nin máis nin menos capaces que os homes. O sexo non ten nada que ver con iso. É como dicir que os homes son máis capaces. Non é así. Todos somos iguais e as diferencias son dos individuos, non dos sexos.

Opino que o primeiro que temos que facer para eliminar os tópicos e prexuizos tradicionais sobre o sexo é desprendérmonos dos esquemas mentais preconcebidos e utilizados durante séculos, que no fondo seguen vixentes tamén nas posturas supostamente feministas.

Por certo, ¿por que dicir "presidenta" e non "presidente" cando falamos dunha muller, se non existe a palabra "presidento"? Eu penso que partir da base de que o xénero non marcado gramaticalmente ten que ser masculino xa é unha discriminación contra as mulleres.

Barcelos #18 15/Maio/2007 Barcelos

Podes estar seguro de que se houbese algún home preñado tamén estaría presionado para abandonar o traballo.

Manel #19 21/Agosto/2007 Manel

4000 PERSOAS TAMÉN É NOTICIA

4000 persoas maniféstanse no oriente ourensán a pasada fin de semana demandando o trazado da a A-76.
Zapatero estará na Fonsagrada o sábado segudo informan todos os xornais o día de hoxe. Lamentamos que estas dúas noticias se vexan escurecidas en Vieiros pola elección da canción do verán.

Como nacionalista e de esquerdas lamento que este " presunto" xornal vaia camiño de converterse nun planfleto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: