Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


03:53 08/03/2007

O teu Vieiros, como o ves?

Unha vez máis, gustaríanos contar neste camiño cara ao novo Vieiros coa vosa opinión sobre o Vieiros "beta" que agora vos presentamos. Recomendacións, inquedanzas, posíbeis e probábeis erros... Agardamos as vosas críticas e propostas e, se cadra, quen sabe, algún parabén.

Comentarios (43)

kas84 #1 8/Marzo/2007 kas84

Ola,

Quero usar as noticias en RSS de vieiros para unha web de Mondoñedo que levamos un amigo e mais eu.

Non sei por qué, non reconoce ben os tiles, supoño que tampouco as eñes e ese tipo de letras.

Podedeslle botar unha ollada en www.mindoniense.com arriba a dereita, no onde pon Novas - Vieiros.

Espero que se poda solucionar,

Un saúdo e noraboa pola nova web!

Pablo Caselas

miguelpenas #2 8/Marzo/2007 miguelpenas

Parabéns ao novo Vieiros.

Ainda nom tivem tempo para mirar muito, mas semelha um bom trabalho.

Eu também tenho problemas com o RSS, nom podo adicionar à barra de favoritos do Firefox.

Obrigado e um abraço

Miguel R. Penas

casdeiro #3 8/Marzo/2007 casdeiro

A edición do perfil de usuario non me chuta. Eu uso Mozilla 1.7.1. Quero subir un GIF e ao enviar sácame unha páxina en branco en http://www.vieiros.com/usuarios/editar

casdeiro #4 8/Marzo/2007 casdeiro

..e efectivamente, eu tamén comprobei que pasa algo raro co RSS, o Mozilla non lle recoñece o formateado.

andresmilleiro #5 8/Marzo/2007 andresmilleiro

O RSS xeral de Vieiros o Google Reader detéctamo ben...¿e o blogue da redacción semella non ter RSS ou é impresión miña? Tentei meterlle a dire dese blogue a ver se autodetectaba o RSS e nada, así que non sei.

Outra cousa, os avatares nos comentarios das novas poderíades facelos un pouco máis grandes :P

Anxo #6 8/Marzo/2007 Anxo

Ola, noraboa a o novo Vieiros, espero que teña tanto o máis exito que o logrado co anterior. Noraboa pola estrea a todos os que facedes e facemos Vieiros. Sorte na nova andadura.

Lito #7 8/Marzo/2007 Lito

Parece ser que o problema cos RSS ven polo charset da web.

Os arquivos de RSS están en UTF-8 mentras que esa web (www.mindoniense.com) ten o seu charset en ISO-8859-1...

Miraremos de amañalo o antes posible ;)

Saudiños.

Lito #8 8/Marzo/2007 Lito

Parece ser que algunha xente tivo problemas no rexistro.

Se non conseguides darvos de alta, remitídenos un correo e revisaremos o voso caso.

Moitos usuarios están rexistrados pero fáltalle revisar o seu correo electrónico e activarse.

Celso #9 8/Marzo/2007 Celso

Olá,

Tive que registar-me para poder opinar sobre se deveria um registar-se para poder opinar!

Quisera manifestar a minha opinião sobre esta versão beta: positiva sobre alguns aspectos de formato, mas, sobretudo, negativa sobre as dificuldades de participação aberta. Ter que registar-se para deixar comentários em "Opinión", por exemplo, converte Vieiros em mais um lugar convencional, o de uma "comunidade" fechada com um "público fiel" leitor de um jornal. Isto vai botar muita gente para trás. Perde-se imediatez, dinamismo e variedade.

Além, na secção de opiniões anteriores, não encontro todos os artigos. Onde está o artigo de Concha Rousia, "Aprenda inglês em 15 Minutos", por exemplo, e todos os outros dela? Por que alguns textos de opinião permitem comentários e outros não? Onde estão os comentários anteriores dos leitores e leitoras? E todos os artigos anteriores de todos os autores e autoras, tivessem "secção fixa" com título ou não?

Espero que Vieiros arranje tudo isto e volte a disponibilizar todos os textos de todos os colaboradores e colaboradoras, com todos os comentários de todos leitores e todos os debates. VIEIROS É UM LONGO DOCUMENTO DE UMA PARTE IMPORTANTE DO DEBATE PÚLBICO DESTE PAÍS, e deveria continuar a sê-lo. Vieiros não pode fazer desaparecer tudo isto, como já fez desaparecer os antigos foros anónimos. Para ler uma opinião (de política, cultura, língua, sociedade) e ficar forçada e passivamente de boca fechada já existem os jornais convencionais.

Na sua forma actual, Vieiros não convida à participação. Nem ao envio de colaborações.

Saúde,

Celso Alvarez Cáccamo

rifenhinha #10 8/Marzo/2007 rifenhinha

Pois eu, se digo a verdade, ainda ando perdida. Terei que me afazer pouco a pouco a fedelhar neste novo invento.
Assim, a simples vista, semelha um bom trabalho, mas algo difícil de transitar para mim, nos primeiros dias, seguramente.
Já iremos vendo.

ictioscopio #11 8/Marzo/2007 ictioscopio

pois eu quería "parabenizar" a todo o equipo de Vieiros, redacción, deseñadores, maquetadores... e en especial aos programadores, que parece que non están, pero están.

OBSERVADOR #12 8/Marzo/2007 OBSERVADOR

Sem dúvida, o registro obrigatório não melhora a qualidade do serviço, não há mais que ver o que acontece com os antigos foros: todos cheios de spam e deixados de lado apesar do registro obrigatório.

Erasmo #13 9/Marzo/2007 Erasmo

Ver o que se dí ver... non vexo moito... porque levo media hora buscando o OPEN VIEIROS para deixar unha noticia/comentario e NON O ATOPO POR NINGURES...?

Supoño que aínda estará pendente de se 'implementar' como se dí agora... pero como falabades del no artigo de apertura ando algo despitado de máis...!

TODO SE ANDARÁ...

xurxo #14 9/Marzo/2007 xurxo

Clara, ben estructurada, posta ao día: na miña opinión, o deseño de maior calidade, con diferencia, de todos os sitios informativos galegos (e a un nivel moi bo entre os do estado). Parabéns!

fvlano_am #15 9/Marzo/2007 fvlano_am

Fedellei mais por aqui e ainda no me aclaro moito...pero weno espero aclararme mais

FranciscodoRomualdo #16 9/Marzo/2007 FranciscodoRomualdo

Dende a Ribeira Sacra Grazas polo voso traballo!.
Levo con vós, como páxina de inicio, vai xa para seis anos.
Que cómo vexo o novo VIEIROS?
¡Pois ver, ver, o que se dí ver, nono vexo moi ben!.
Non, non é para censurarvos nin por facer unha broma, é que son minusválido visual.

Veredes, o vello Vieiros liase ben pois as letras estaban en negro, agora coa cor na que aparecen cóstame moitisimo ler a portada. Supoño que para a maioria esto non ten importancia pero para os que vemos pouco faísenos case imposible lela dun xeito doado.
Si é certo que, cando se vai á noticia, esta aparece nunha cor e formato moi axeitados e moi intelexibles.
Pídovos, en nome dos minusválidos visuais que estudiedes a posibilidade de modificar a cor das letras da portada.

Un saúdo ribeirao

Francisco do Romualdo

lourixe #17 10/Marzo/2007 lourixe

Non vexo críticas de libros no novo canal Mais Alá. Se tedes intención de as poñer, como lectora suxeriría que as referenciásedes polo título da obra comentada e non polo do artículo, para facilitar as pescudas. Graciñas.

Bernardo #18 11/Marzo/2007 Bernardo

Parabéns, amigas e amigos de Vieiros!
Sinto orgulho ao ver como se foi transformando esta janela aberta ao mundo. Hai já muito tempo que érades para mim umha publicaçom de referência, mas o início desta nova etapa é um estímulo para animar mais gente a que descubra esta fonte informativa rigorosa.
Parabéns a toda a equipa por contar entre vós com Berto Yáñez, umha pessoa com extraordinária capacidade criativa, trabalhadora e imensamente boa.
Ao vosso dispor,
Bernardo Penabade

Lidor #19 11/Marzo/2007 Lidor

Pois eu o único que digo é que as fotos d@s que opinan son tan grandes que dan algo de medo. E non todo o mundo é ghopo...

Polo demais: parabéns, forza e viva a lingua galega ceibe e socialista!

Vieiros=información.

casdeiro #20 12/Marzo/2007 casdeiro

Sego sen poder modificar o meu perfil!!! >:-( Ségueme deixando nunha páxina baleira.

forza4 #21 12/Marzo/2007 forza4

Para kas84: decirche que o problema que tes é referente ao código dos caracteres da páxina, respecto da de vieiros.

Se usas mozilla firefox só tes que ir a "Codificación de caracteres" e elexir "Unicode". Así verás ben os caracteres de vieiros, e mal os da páxina. Se a codificación é iso-8859-1 (a do teclado "Español/Galego/Portugués"), entón verás ben o demáis, e mal o de vieiros.

O unicode, pese a non ter (aínda) estándar ISO, é un estándar máis internacional e que permite a visualización sen problemas de moitos idiomas, dende o castelán ata o ruso ou o árabe, pasando polo israelí.

Unha aperta,

Forza4.

dorfun #22 12/Marzo/2007 dorfun

...agardaba un vieiros así dende fai tempo... magoa que ó mellor xa chegue un pouco "desfasado"... pero cando menos chegou... e agardo que con espírito de "recreación"...

selva_de_esmelle #23 12/Marzo/2007 selva_de_esmelle

Eu tamén quero parabenizarvos, unha preguntiña, desapareceu a sección de post destacados do blogomillo?
Saúdos.

Erasmo #24 13/Marzo/2007 Erasmo

PRECISAMOS DO OPEN VIEIROS CON URXENCIA...
http://meneame.net/story/nuevo-pelotazo-urbanistico-vigo
Antes das eleccións municipais por favor...!

maceirax #25 13/Marzo/2007 maceirax

Teño problemas para incluir no lateral dun blog un feed de novas filtrado por temas. Interésame especialmente que só recolla as novas de Galiza. Como teño que facer?

Manel #26 14/Marzo/2007 Manel

Gústame.

casdeiro #27 15/Marzo/2007 casdeiro

Coido que outro problema da nova maqueta ao ser visualizada a 800x600 é que practicamente máis da metade da páxina que se ve ao entrar (é dicir, sen comezar a facer scroll) fica ocupada pola publi superior e mais pola cabeceira, é dicir, por información non relevante. É bastante molesto ter que comezar a facer scroll para ver aínda que sexan as primeiras novas. Eu aproveitaría mellor o espazo por arriba... isto sempre que non teñades optado por sacrificarnos aos pobriños que aínda estamos atados a monitores CRT de 14 ou 15 pulgadas ;-)

orwell #28 16/Marzo/2007 orwell

En xeral, gústame o novo estilo de Vieiros, aínda que semella que agora hai que darlle máis ó rato para le-las novas.
Por outra banda, non dou encontrado a páxina correspondente a "opinión" anterior ós últimos días. Sería bo poder seguir tendo a nómina de autores e seguir consultando tódolos seus artigos sen problema coma antes.

Anxo #29 19/Marzo/2007 Anxo

Unha nova suxerencia para poder chamar máis á participación, creo que sería bo, na páxina principal saber cantos estamos conectados sen ter que ir o chat. Tamén penso que debaixo de cada nova poderíase poñer o número de comentarios que leva sen ter que entrar dentro da noticia. E xa sei que estades en probas pero vai lenta de máis a páxina, ou mo parece a min?.

xesta #30 19/Marzo/2007 xesta

Que pasa co foro? ese foro onde os temas ponnos o propio vieiros son ridículos, prefiro os foros de formato tradicional onde cada quen abre os temas que queira, vai quedar iso en conversas? escondido baixo outro nome?

Hai algo aqui que non entendo.

xesta #31 19/Marzo/2007 xesta

O chat tampouco funciona, quizais teria que estar claramente separado.

maraghota #32 23/Marzo/2007 maraghota

Parece que hai algum problema com os estilos (que nom carrega a folha CSS, suponho). No meu navegador (Camino) vem-se os textos sem formato. Uso Mac OS X, mas já comprovei que nos outros navegadores (Firefox, Shiira e Safari) funciona bem. Obrigado.

luciscanoura #33 24/Marzo/2007 luciscanoura

gustariame reivindicar desde aqui maior presenza feminina no apartado de opinión de vieiros...as mulleres tamén temos algo que dicir sobre o que pasa no mundo.

arale #34 26/Marzo/2007 arale

Como facía no foro anterior, volvo chamar a atención de Vieiros no que respecta á corrección lingüística (no que se refire aos contidos e deseños, que considero moi bos): un xornal coma este non pode ter erros de lingua tan "graves" dentro do nivel no que se move. Poño exemplos destes días:

-complementos directos con preposición (castelanismo)
-*elexir por elixir
-*gubernamental por gobernamental
-*suxerencia por suxestión

Sei que son un raiado co tema da lingua, pero houbo un tempo no que daba gusto ler este xornal pola incrible corrección lingüística que o caracterizaba (algo que por desgraza non acontece a miúdo). A ver se volven eses tempos!!

arale #35 26/Marzo/2007 arale

Gustaríame engadir tamén que é unha auténtica mágoa que o espazo correspondente aos foros quede agora en preguntas tan parviñas (con todos os meus respectos) como as que se presentan agora. De verdade, unha gran perda, era un lugar de intercambio de opinións e de información interesantísimo. Podédesnos informar sobre como vai quedar este espazo? Graciñas

arale #36 27/Marzo/2007 arale

RALENTIZAR????

franssen #37 27/Marzo/2007 franssen

eu creo que sería moi práctico que nas noticias houbese links directos con páxinas externas para acceder máis rapidamente á información relacionada. por exemplo, se a noticia trata sobre os incendios, que haxa un link coa páxina de medio rural e do concello implicado.
creo que iso tamén o faciades antes...
saúdos

Barcelos #38 30/Marzo/2007 Barcelos

Como diría Clemente, o seleccionador nacionalista de Barakaldo, "véxoo cos ollos. Coma se non o vou a ver".

Barcelos #39 31/Marzo/2007 Barcelos

Tedes que fichar a Arale en Vieros pra poder falar como dios manda. Aiga cultura caralho. ¿Que es isto de cambear as is polas es o las es polas is? ¿O las os polas us? ¿Será castelanismo? ¿Ou será romanismo? ¡dios!¿deus? Eu que sei. Son do pobo é non son estudiado.

A2b2 #40 7/Abril/2007 A2b2

Vótolle en falta unha sección de humor e outra de xogos

jaime34 #41 9/Abril/2007 jaime34

Estou contigo Barcelos, o rollo do emprego correcto da lingua ás veces dame a risa.
Creo por exemplo que sería mais importante comernos o coco para que a xuventude poidese atopar traballo de calidade no país sin ter que fuxir. Cando solventemos ese pequeno problema fagamos enton que todos falen correctamente.

xesta #42 17/Abril/2007 xesta

Xa funciona o foro ese que teñen escondido en conversas

Manel #43 21/Agosto/2007 Manel

4000 PERSOAS TAMÉN É NOTICIA

4000 persoas maniféstanse no oriente ourensán a pasada fin de semana demandando o trazado da a A-76.
Zapatero estará na Fonsagrada o sábado segudo informan todos os xornais o día de hoxe. Lamentamos que estas dúas noticias se vexan escurecidas en Vieiros pola elección da canción do verán.

Como nacionalista e de esquerdas lamento que este " presunto" xornal vaia camiño de converterse nun planfleto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: