Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
23 GRANDES INCENDIOS O SÁBADO, 17 O DOMINGO

Xosé M. Barreiro culpa dos incendios ao pastoreo, a caza, o urbanismo e os pirómanos

Os incendios forestais asolaron Galiza durante toda a fin de semana. O domingo, un lume en Bande obrigou a curtar a N-540 (Ourense-Portugal) durante tres horas, así como a C-533 (O Bolo), e producíronse unha vintena de grandes incendios. O conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro atribuíulle os incendios a problemas relacionadas "cos usos do monte", coma o pastoreo e a caza, a "problemas urbanísticos" e aos pirómanos. A ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, en troques, relacionou os incendios da provincia de Ourense "sen dúbida" coa reconversión de determinados terreos forestais en viñedos. Mentres, Adega e Adena denunciaron a falta de previsión e a falta de medios.

- 21:59 01/08/2004
Tags:

A ministra anunciou para o outono unha rolda de contactos coas autonomías para facer "unha aposta común" na loita contra o lume.
O conselleiro Xosé Manuel Barreiro asegurou que un 40% dos incendios se producen á noite, "o que constata o seu carácter intencionado", que o conselleiro fixou nun 90%.

Entre os incendios do domingo, seguían activos pero controlados os de Carballeda de Avia, O Carballiño e Ribas de Sil. En cambio, prendeu de novo o lume no Saviñao, Bóveda, Pantón, O Bolo, Forcarei, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Paderne, San Xoán de Río, Pereiro de Aguiar, Celanova, A Mezquita e Maceda. O sábado producíronse 23 grandes incendios, e ata 150 entre pequenos e xermolos, segundo fontes da propia Consellaría.


0/5 (0 votos)