Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PRESIDENTE DA AUTORIDADE NACIONAL PALESTINA AGONIZA EN PARÍS

Palestina e Israel prepáranse para unha nova era sen Arafat

Mentres Arafat agoniza en París, Palestina e Israel prepáranse para a nova etapa que se abre coa ausencia do presidente da Autoridade Nacional Palestina e líder da OLP. Representantes de 13 movementos palestinos reúnense hoxe en Gaza para analizar a nova situación. O primeiro ministro da Autoridade Palestina, Abú Alá fíxose con novos poderes en materia de seguridade e financiamento para reforzar a súa posición no goberno. No outra banda do muro, en Israel, as forzas armadas están en alerta nos territorios ocupados. Segundo a televisión israelí, os mandos do exército israelí recomendaron aos políticos hebreos que aproveiten a desaparición de Arafat para achegarche á comunidade palestina a partir dun proxecto redactado en previsión do falecemento do "rais" titulado "Unha nova páxina".

  • Anteriores: Iaser Arafat, en estado crítico
  • Biografía de Iaser Arafat
  • Apartheid, un artigo de Camilo Nogueira sobre o conflicto palestino-israelí e a situación nos territorios ocupados
  • Última hora: Axencia de Prensa Palestina, Haaretz e Al Iasira

  • - 11:09 05/11/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)