Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OTEGI ANUNCIOU QUE TRES VOTOS DE SA SERÁN A FAVOR DO PLAN

O parlamento vasco aproba o Plan Ibarretxe

O Plan Ibarretxe aprobouse esta tarde no parlamento vasco. Tres dos seis deputados de Sozialista Abertzaleak votaron a favor do plan do goberno vasco abre a vía para a súa aprobación. Arnaldo Otegi (SA) afirmou que lle dran "os 3 votos ao plan Ibarretxe para dicir si á autodeterminación e si á consulta popular". De feito, os 36 votos dos tres partidos do goberno (PNB, EA e EB) máis os 3 de SA conforman a maioría máis un voto precisa para que o novo estatuto para Euscadi proposto por Ibarretxe supere o trámite parlamentario. O Plan Ibarretxe xa conseguira hai dez días o apoio maioritario da Comisión de Institucións e Interior do parlamento vasco, grazas á abstención de SA.

  • Máis información en EiTB, Deia, Gara

  • - 19:02 30/12/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)