Logo dunha xuntanza este martes co presidente da Xunta, o presidente de ENCE, Xosé Luis Méndez, tamén presidente de Caixa Galicia, e o vicepresidente de Georgia Pacific, decidiron a súa "renuncia" ao proxecto de construcción dunha factoría que peche o ciclo productivo do papel en Pontevedra. Dende a cidade, o alcalde respóndelles este mércores que "o goberno municipal non se prega diante de intereses privados por moi poderosos que sexan" e insistiu en que está aberto a falar sobre outra ubicación para a factoría que cumpra "as condicións ambientais e legais" que debe ter á beira do "modelo de cidade sustentábel" que escolleron os cidadáns.