Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA MUNDIAL

A auga: recurso estratéxico para o novo século

Dous millóns de persoas calcula a ONU que morren cada ano por enfermidades vencelladas coa falta de acceso a auga potábel, o 90% cativos menores de cinco anos. Máis de mil millóns de persoas non teñen acceso a augas seguras e máis de 2.500 millóns non dispoñen de sistemas sanitarios básicos. "A auga, fonte de vida", é lema este ano da campaña das Nacións Unidas na conmemoración que vén celebrándose cada 22 de marzo dende 1993 e que desta volta quere abrir o bautizado "decenio internacional da auga".

- 08:00 22/03/2005
Tags:

A importancia da auga para garantir a saúde e o benestar dos cidadáns, e como factor clave para o desenvolvemento económico das comunidades vén sendo destacado dende o organismo internacional, que quere destacar cara a meta simbólica do 2015, a importancia da auga no fornecemento das condicións máis axeitadas para a consecución dos chamados obxectivos de desenvolvemento do milenio. Informes da propia ONU ou do Banco Mundial teñen subliñado especialmente a importancia crecente da auga coma recurso estratéxico e agoirado que as guerras deste século terán unha das súas causas na loita polo su control.

"Trátase a auga coma se fose un artigo gratuito e infinito, pero incluso cando o subministro e abondo, córrense cada vez maiores riscos pola contaminación e a crecente demanda", advertira o secretario xeral da ONU, Kofi Annan, no seu discurso de hai dous anos por estas datas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)