Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CONSELLARÍA ARGUMENTA QUE A MEDIDA APENAS LLE AFECTARÁ AO SECTOR DEBIDO ÁS POUCAS ZONAS PROTEXIDAS

Medio Ambiente propón paralizar a concesión de parques eólicos en zonas protexidas

"É imprescindíbel adoptar medidas na política de concesións de aproveitamentos de enerxía eólica que eviten situacións irreversíbeis que poñan en perigo valores naturais relevantes". Así o espuxo este xoves o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ao respecto da próxima revisión que a administración vai facer do plan eólico, anunciando unha "moratoria que palíe a escasa protección normativa que o actual plan lle outorga aos espazos naturais galegos". Os casos de Asturias, Estremadura, Navarra e Cataluña foron destacados pola consellaría como exemplo de posíbeis medidas a aplicar en Galiza.

- 07:48 03/02/2006
Tags:

A aplicación desta moratoria supón que non se admitirán a trámite novas solicitudes de instalación de parques eólicos nas zonas que abranguen a Rede Natura 2000, que inclúe 59 Lugares de Importancia Comunitaria e 14 Zonas de Especial Protección de Aves; o Parque Nacional Illas Atlánticas; 6 parques naturais; 5 humedais e 5 monumentos naturais.

Na análise presentada polo conselleiro Manuel Vázquez destácase a necesidade da "reflexión e debate social e político que ofrece a próxima revisión do Plan Eólico, que deberá definir con claridade as zonas de idoneidade medioambiental para a instalación de novos parque eólicos e as posibles medidas compensatorias para as zonas de exclusión".

Escaseza de protección de espazos
Paradoxalmente, as propias eivas na protección de espazos naturais en Galiza foron expostas como argumento no informe presentado no Consello da Xunta pola consellaría de Medio Ambiente. O documento recoñece que as zonas baixo algunha forma de protección "apenas cobren o 12% do territorio da comunidade autónoma", apuntando ao respecto que "só Melilla tén menos superficie protexida que Galiza".

Desde Medio Ambiente opinan que a exclusión dese 12% do territorio galego "non debe ser en ningún caso un factor limitador para o desenvolvemento desta fonte de enerxía "pola que o actual Goberno galego aposta de xeito firme e decidido sempre e cando o seu desenvolvemento sexa racional e baixo criterios de sustentabilidade".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: