Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR DEBÁTESE NA CÁMARA

Os ríos galegos protagonizan este martes o debate parlamentario

"É necesario, oportuno e de grande interese ambiental e social, a elaboración dunha nova lei que concrete e efectivice os obxectivos xerais indicados na Lei de Protección Ambiental de Galiza e na Directiva Marco da Auga, e estableza os mecanismos e metas adicionais no eido da protección, conservación e restauración dos nosos ríos". Velaí a reivindicación básica que este martes chega ao Parlamento de Galiza, onde aos deputados lles corresponde a toma en consideración da Iniciativa Popular en Defensa dos Ríos, que recolleou 39 mil sinaturas de apoio en todo o país. Daniel López Vispo, secretario xeral de Adega será o representante da plataforma de colectivos promotores da iniciativa.

- 07:32 21/02/2006
Tags:

Alén dos principios xerais que a lexislación vixente xa establece a prol do respecto aos nosos ríos, a realidade práctica veu dando exemplo de que "a deterioración dos nosos ríos e de todos os valores naturais, paisaxísticos e socio-culturais relacionados cos mesmos é cada vez mais avanzada".

Así o critican desde a Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos, que este martes 21 de febreiro chega ao Parlamento galego logo dunha longa traxectoria denunciando que nin sequera se acadou o respecto básico por eses principios xenéricos e, alén diso láianse do seu "carácter xeneralista" e de que non se establecesen deica agora "obxectivos claros e específicos en relación cos ríos". Critican especialmente que "a figura de pacto ambiental tivo unha escasa realización, polo demáis sesgada e sen fundamentarse na participación cidadá" e constatan "a grave violación do espirito da normativa de avaliación do impacto ambiental, o que deixa indefensa a poboación local afectada e hipoteca o direito cidadá de acceso á información e á participación na toma de decisións en materia ambiental".

As 43 organizacións e colectivos que integran esta plataforma de reivindicación pediranlle por todo isto aos grupos da cámara o seu voto a prol da tramitación dun novo marco lexislativo que corrixa a situación. Nese sentido, gaban a boa disposición que cara a ese traballo xa manifestaron os representantes dos grupos parlamentarios e a promesa desde a consellaría de Medio Ambiente de permitirlle á comisión promotora a colaboración durante o seu trámite.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: