Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREPARANDO AS CONTAS DA "DÉBEDA HISTÓRICA"

Promesa de 36 millóns máis para a sanidade galega que "aínda non resolven o problema"

A reivindicación expresada este luns polo vicepresidente da Xunta virou definición desde o concepto anteriormente manexado de "débeda histórica" para ser cualificado coma "défice estrutural acumulado", aínda que basicamente se trata da mesma reclamación. Coma exemplo desa compensación orzamentaria necesaria, Anxo Quintana citou os 36 millóns de euros extra que o goberno español ahegará para o financiamento sanitario que, así e todo, "non é a solución definitiva para a sanidade galega". Nese debate, Quintana subliñou que a Xunta negociará bilateralmente co Estado os investimentos necesarios para cubrir ese défice.

- 07:31 07/03/2006
Tags:

"O modelo de cooperación intelixente está dando os primeiros froitos, e sobre todo se o comparamos coa estratexia de confrontación estéril que practicaba o anterior goberno galego que serviu para dar máis titulares pero deu menos acordos e solucións". Así o asegurou o vicepresidente da Xunta, ao tempo que anunciaba a xuntanza para o próximo día 21 de marzo do pleno da Comisión Mixta de Transferencias, onde se deberían asinar co ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, os primeiros traspasos de competencias pendentes.

Anxo Quintana insistiu así nas vías abertas para a negociación, destacando especialmente a posibilidade da reactivación da chamada comisión bilateral de cooperación, ferramenta a xeito na súa opinión para encarreirar a negociación "de ti a ti" que co goberno español promove o BNG desde o bipartito. Nese sentido, Quintana propón que desde a Xunta se estableza un proceso de avaliación a nivel de todos os departamentos que permita cuantificar ese "défice estrutural acumulado" para pasar a reclamarllo directamente ao Estado.

De xeito concreto, Vicepresidencia anunciou que este mes comeza a traballar a comisión bilateral de cooperación en materia de seguridade marítima e o proceso de traspaso do Parque Nacional das Illas Atlánticas, así como das funcións e servizos en materia de asistencia sanitaria aos estudantes e a transferencia do Instituto Social da Mariña.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: