Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CUMIO INTERNACIONAL EN MÉXICO

O Foro Mundial non consegue que a auga sexa declarada "dereito fundamental"

Representantes dos gobernos de 140 países non foron quen de consensuar nos últimos días a declaración que establece, cando menos no papel que a auga é "un dereito humano fundamental". O debate do Foro Mundial da Auga pechouse finalmente cunha declaración de mínimos que fala da "importancia crítica da auga". Desde Ecoloxistas en Acción culpan ás empresas do sector do fracaso do encontro celebrado en México.

- 08:21 23/03/2006
Tags:

"O Banco Mundial e os países que se opuxeron á declaración do acceso á auga potábel coma un dereito fundamental, son responsábeis do fracaso do Foro Mundial da Auga. Por iso, debería tratarse esta proposta na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, onde as grandes empresas, cando menos teoricamente, non teñan acceso e capacidade de influencia". Así o pediron desde o colectivo Ecoloxistas en Acción, denunciando que non se cumprisen os obxetivos principais que se fixaran para este cumio internacional.

A declaración acordada ao peche do Foro apenas subliña a "necesidade de incluír a auga e o saneamento coma prioridades nos procesos estatais, en particular nas estratexias de desenvolvemento sustentábel e redución da pobreza", pero evita introducir as peticións para que se definise coma "dereito humano", ou coma propoñía a Unión Europea, "dereito fundamental".

Lembrámoslles que segundo as cifras da ONU, cada ano morren dous millóns de persoas por enfermidades vencelladas coa falta de acceso a auga potábel, o 90% cativos menores de cinco anos. Máis de mil millóns de persoas non teñen acceso a augas seguras e máis de 2.500 millóns non dispoñen de sistemas sanitarios básicos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: