Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO MARCO DA REFORMA DA LEI DE FUNCIÓN PÚBLICA

A Xunta quere reducir á metade os postos de libre designación

Até máis do 60% do total de actuais postos de libre designación, arredor de 1.300 prazas, desaparecerán a medio prazo, sendo reducidas nunha primeira etapa e segundo explicou o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, a 450 postos. A diferenza será cuberta a través de concursos públicos. Romeu explicou que se trata de eliminar "as prácticas discrecionais" herdadas da anterior administración.

- 07:01 30/05/2006
Tags:

"Este goberno desde a súa chegada, en colaboración coas organizacións sindicais, está sometendo a concurso todas as vacantes existentes, nun proceso que paseniñamente vainos permitir reducir a temporalidade", indicou Xosé Luís Méndez Romeu, ao fío dos 800 postos que pasarán a ser cubertos por concurso e que até o de agora eran prazas de libre designación.

Méndez Romeu laiouse da "herdanza do goberno anterior" e a falta de vontade para resolver un probelma "ata o último pleno que estiveron en exercicio, cun intento de decretazo", recordando o intento dos populares de deixar amarrados á Xunta a estes cargos introducidos a dedo na administración galega. Relatou o conselleiro que esta mesma semana rematarán os traballos de reforma da Lei da Función Pública de Galicia que na súa opinión "vai darlle cumprimento aos compromisos electorais do goberno, fundamentalmente a redución dos postos de traballo de libre designación, o desenvolvemento da carreira administrativa, un maior compromiso para o acceso das persoas con discapacidade á administración e unha resolución moderna de problemas enquistados hai moitos anos que intentaron ser resoltos con medidas expeditivas no pasado mes de xullo".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: