Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÓNICAS DESDE ETIOPÍA 8

Transformando belicismo

O meu profesor de ahmárico explícame hoxe como dicir "traballo a prol do desenvolvemento", que literalmente significa "lanzar pedras" (contribuír). En ahmárico hai un dito ao respecto: "quen tira a primeira pedra non é covarde". María Reimóndez, de Implicadas no Desenvolvemento escribe para Vieiros desde Etiopía.

- 21:05 18/08/2006
Tags:

Triste profesión
En Addis é habitual ver brancos en todoterreos. Eu normalmente viaxo con Zufan na furgoneta colectiva, onde polo de agora só vin subir unha rapaza branca na parada da universidade. Dado que Gasha fica moi lonxe da oficina, Mershaye e mais eu imos no todoterreo de OPRIFS. Cada vez que o coche para achéganse nenas e nenos, persoas con discapacidade, a pedir. Eu nego coa cabeza unha e outra vez. "O problema é que a xente de fóra dálles diñeiro" di Mershaye. En Addis a mendicidade é case unha profesión infantil (e adulta). Cada vez que alguén dá unha moeda está apoiándoa. O malestar da conciencia sen responsabilidade provoca os seus propios monstros. Mershaye case di as miñas palabras: "As cousas hai que facelas doutra maneira". Levan máis tempo, se cadra son máis complexas, poñen en dúbida o noso mundo, a nosa identidade e non nos dan esa sensación afrodisíaca de ser boas, pero a experiencia demostra unha e outra vez que son a única vía. Por iso sempre a mesma recomendación se alguén me pide consello nas viaxes a Etiopía, á India, a outros países: non deamos nunca esmola. Se queremos contribuír fagámolo a través das organizacións e sobre todo sendo máis responsables aí, do outro lado. Iso, perdoando o consello non solicitado.

Transformando belicismo
O meu profesor de ahmárico explícame hoxe como dicir "traballo a prol do desenvolvemento", que literalmente significa "lanzar pedras" (contribuír). En ahmárico hai un dito ao respecto: "quen tira a primeira pedra non é covarde". É un dito que vén das loitas corpo a corpo, e eu non apoio a violencia nin sequera con pedras e moito menos ese masculino concepto do valor como a capacidade para agredir primeiro, pero como a lingua é nosa e está viva, os ditos están aí para ser transformados. Se cadra no canto de arrebolalas hai que poñelas. Poñer as pedras no camiño. Na obra, esa da que falaba Castelao. Aquí sinto cada día o necesarias que son todas as pedras, cada quen que poña a que teña.




Anteriores:


0/5 (0 votos)