Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CIDADE ALEMANA DE COLONIA

Condóns reivindicativos na primeira macroxuntanza con Bieito XVI

Máis de 400 mil mozos de todo o mundo están xa inscritos no encontro do novo Papa coa mocidade esta semana en Colonia. As xerarquías vaticanas confían que tanta hormona moza reunida non sucumba ás tentacións e denunciaron a "provocación" das autoridades locais, que pretendían o reparto de condóns entre as iniciativas de apoio ao evento. Grupos progresistas coma Somos Igrexa ou Católicos pola libre elección anunciaron a súa intención de levar ao debate estes días a necesidade de que o Vaticano autorice o preservativo coma instrumento para evitar o VIH.

- 08:22 17/08/2005
Tags:

"Será un festival de fe, alegría, irmandade e fraternidade", agoirou o Papa Beito XVI, que este xoves chega a Colonia para asistir aos actos desta Xornada Mundial da Xuventude, organizada polos católicos alemáns.

Cen millóns de euros vai custar esta reunión e preto da metade dos cartos sairán dos petos dos propios peregrinos que se achegarán a Colonia pagando pola asistencia ao evento ata 170 euros, no caso de que a organización lles forneza o aloxamento. A Igrexa Católica alemana paga un 30% do resto e outra parte vai a conta de patrocinios e administracións.

Voces críticas que desde dentro da propia Igrexa Católica tentarán estimular o debate en temas coma a marxinación da muller na Igrexa ou a prohibición do preservativo para os fieis malia a gravidade do andazo da SIDA. Por outro lado, contámoslles que Zona de libre relixión é a proposta conxunta de actividades que levan á cidade diversos grupos de todo o mundo en defensa do ateismo. Os actos inclúen varias conferencias sobre os aspectos máis polémicos arredor do catolicismo oficial e a que pretende ser cerimonia multitudinaria de apostasía, bautizada "Festa de abandono da Igrexa Católica".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: