Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A COMPOSICIÓN FAI REFERENCIAS VELADAS AO CONFLITO CON IRÁN E PALESTINA

Eurovisión ameaza con vetar a canción do "terror" israelí

"Push the Buttom" (Preme o botón), a canción seleccionada por Israel para participar en Eurovisión ten moitas papeletas para ser vetada pola organización do certame, debido as súas insinuacións a un hipotético ataque nuclear iraní.

Redacción - 11:49 02/03/2007
"Push the buttom", dos Teapacks está a crear polémica

"Push the buttom", dos Teapacks está a crear polémica

Non é a primeira vez que a presencia de Israel no festival de Eurovision chega cargada de polémica. Se no certame do 1998 a participación -e vitoria- da transexual Dana provocara numerosos titulares na prensa de todo o mundo, na edición deste ano, a canción "Push the Button" (Preme o botón) do grupo Teapacks podería ser vetada pola organización debido ao seu "inapropiado" contido político.

A letra da composición musical -en inglés, francés e hebreo-, malia non facer referencia explícita a ningún país ou goberno, fai diversas referencias ao perigo que supón a ameaza nuclear de Irán e os ataques dos militantes radicais palestinos. Nunha das estrofas de "Push the Buttom", os Teapacks din: O mundo está cheo de terror / Se alguén comete un erro / "El" vainos facer estourar para que un vello reinado chegue / Existen algúns dirixentes tolos que o agochan e quérennos facer parvos / Coa maligna "tecnoloxía-de boa vontade" para facermos sufrir.

Arte para a controversia
Kjell Ekholm, un dos organizadores do certame, que este ano ten lugar en Helsinki, sinalou que "é evidente que este tipo de mensaxes non é apropiado para o concurso". O líder e cantante da banda, Kobi Oz, dixo ao respecto que eles non traballan "para gustar a todo o mundo". "A auténtica arte provoca debate e a reacción da xente", comentou.

Poden escoitar a canción e obter máis información sobre o grupo no seu MySpace


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: