Representantes de Batasuna rexistran unha nova formación co nome de Abertzale Sozialista Batasuna, que use "exclusivamente as vías políticas democráticas".
Membros de Batasuna presentaron esta terza feira ante o rexistro do Ministerio do Interior toda a documentación necesaria para a inscrición dun novo partido. O nome desta nova formación abertzale sería o de Abertzale Sozialista Batasuna.
Segundo o recolle o diario Gara, o partido aposta nos seus estatutos por utilizar "exclusivamente as vías políticas democráticas" co fin de conseguir "a independencia e o socialismo".
Acto en Barakaldo
Estaba previsto que o vindeiro sábado a esquerda abertzale desenvolvese un acto no Bilbao Exhibition Centre de Barakaldo (Biscaia). Durante a presentación da convocatoria á prensa, o pasado 25 de marzo, o membro de Batasuna Tasio Erkizia anunciou que no evento se detallarían as "liñas mestras da nosa actuación en concellos e xuntas xerais".
As actividades políticas de Batasuna foron suspendidas polo xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón nun auto do 26 de agosto de 2002. Posteriormente, a Sala Especial do Tribunal Supremo ilegalizou e disolveu a formación, tras considerar que a formación era parte da organización ETA.
Comunicado de ETA en andamento
O líder de Batasuna, Arnaldo Otegi, confirmou en varias ocasións a súa intención de concorrer nas eleccións municipais do próximo 27 de maio, aínda que sen matizar a fórmula: baixo unha nova marca, a través de agrupacións electorais ou participando nas listas do Partido Comunista das Terras Vascas (EHAK, nas súas siglas en éuscaro).
O goberno español declarou en diversas ocasións que só aceptará a participación da esquerda abertzale nos comicios cun rexeitamento expreso da violencia. Porén, a inscrición deste novo partido podería ser un paso previo á hipotética publicación dun comunicado de ETA anunciando o abandono das armas.
Valoracións políticas diversas
Ao respecto, o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, avanzaba na noite do martes que o ministerio atopa "indicios de ilegalidade" na nova formación, e que xa lle remitiu informe ao fiscal xeral do Estado. "Se é un partido ilegal non pode ser nin partido nin presentarse ás eleccións", dixo. Desde o PP, Mariano Rajoy xa solicitou directamente que se ilegalice ao partido.
As voces máis optimistas chegaron desde outros partidos. O voceiro da executiva do PNV, Íñigo Urkullu, opinou que a inscrición do novo partido é un chanzo "inexcusábel" da esquerda abertzale para ir ás municipais. Desde IU apostan pola constatación dunha "maduración" das conviccións democráticas do contorno de Batasuna. Por Aralar, o seu vicecoordenador, Jon Abril, dixo agardar que o partido non sexa ilegalizado e que poida ser votado polos cidadáns o próximo mes de maio, reflexionando que contribuirá á "normalización política" de Euskadi.
resulta cando menos chamativo que os que rexentan a titularidade do exercito, da policía nacional, da local e de toda esa maquinaria mortífera e violenta que historicamente sementou ( e sementa ) as terres de españa de mortos, obliguen a un fato de vascos a pronunciarse en contra do uso da mesma.
cando menos, a clase política en xeral, tería que seguir o mesmo camiño e, en vez de xurar ou prometer cargos bicando no crucifixo ou pondo a palma na constitución, debería vestirse de john lenon e cantar o give peace a chance. logo, da mesma forma que rouban e esquilman dende o máis pequeno concello até a piscina do senado, non sería de estranar velos apoiando intervencións humanitarias, como se dí ahora, en afganistan, libano ou haití con penosas víctimas colaterales con nome de neno ou muller preñada.
ah, bendita democracia borbónica, queridísima lei de aznar, loable xustiza de garzón... que o demo nos leve.
Esperemos que os xuíces non tomen titulares coma este coma proba de que ASB=Batasuna, senón... :-(
Os partidos que eu saiba non poden rexistrar outros partidos: son as persoas. Que coincidan coas de Batasuna non pode ser empregado para asegurar que é Batasuna que rexistra o partido. A ver se temos un chisco máis de rigor informando... para ben de todos! ;-)
Esperemos que os xuíces non tomen titulares coma este coma proba de que ASB=Batasuna, senón... :-(
Os partidos que eu saiba non poden rexistrar outros partidos: son as persoas. Que coincidan coas de Batasuna non pode ser empregado para asegurar que é Batasuna que rexistra o partido. A ver se temos un chisco máis de rigor informando... para ben de todos! ;-)
ai, carallo, deume un erro de PHP e pensei que non se mandara... :-( perdón polo envío duplicado.
Confiemos em que, por fim, a esquerda abertzale poda estar representada nas instituiçons, ainda que tenho as minhas dúvidas.
¿E por que coño non lles deixan participar dunha vez e mandan a tomar por saco aos do PP? Toda participación é positiva, aínda que non baixen a cabeza pedindo perdón polo pasado. Non me parece correcto facer humillar á xente se queremos que se inserten na democracia
Eu o que non entendo é porque teñen que cambear de nome. Se algunha persoa delinque terá que ir o trullo. Tanto de HB como do PP. Daquela porque non é ilegal o Partido que nos envió a unha guerra de exterminio do pobo irakí, con unha sarta de mentiras como a desculpa das armas de destrucción masiva? EEUU sí que ten armas e mais persoas de destrucción masiva. O bushhhhh. Ainda que tamén o invaden... os inmigrantes.