Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: eta

hai 2 dias /

ETA anuncia que non aceptará unha reforma estatutaria

Acusa ao PSOE e PNV de intentar un novo pacto autonómico para “desactivar a loita pola independencia”.


20/Abril/2008 /

Estoupa unha bomba de ETA diante dunha sede do PSOE

O artefacto, anunciado por unha chamada telefónica, explotou de madrugada, sen causar vítimas nin feridos.


10/Abril/2008 /

PNV e PSE xúntanse para exixir a condena da violencia en Arrasate

Os dous grupos municipais chegaron a un acordo en forma de moción, que será aprobada no caso de que a alcaldesa non asine o texto.


8/Marzo/2008 /

Centos de persoas amosan en Arrasate a súa repudia ante ETA

Arredor de medio milleiro de persoas concentráronse ás 12:00 horas diante do concello, acompañados por políticos e representantes dos gobernos español e vasco. Ao termo


2/Marzo/2008 /

Detidos dous presuntos membros de ETA en Biscaia

O Departamento de Interior Vasco sinala que son Oroitz Aldekoa e Agurne Salterain.


23/Febreiro/2008 /

ETA coloca unha bomba nun repetidor de televisión de Bilbao

O goberno vasco sospeita que o artefacto, que só causou danos materiais, era unha trampa contra os axentes da Ertzaintza.


6/Febreiro/2008 /

Garzón imputa "por colaboración" con ETA a tres membros de EHAK

O xuíz da Audiencia Nacional Española acusou tamén de asociación ilícita ao presidente do partido, Juan Carlos Ramos, e aos tesoureiros Jesús María Agirre e Sonia Jacinto.


11/Xaneiro/2008 /

O Tribunal Constitucional sostén que o artigo de De Juana incitaba á violencia

O alto tribunal rexeitou na sexta feira amparar a De Juana Chaos por un artigo publicado no diario Gara polo que foi condenado a 3 anos de prisión.


11/Xaneiro/2008 /

Trasladan a Igor Portu ao cárcere de Donostia

O presunto membro da ETA foi conducido á cadea de Martutene un día despois de ordenar o xuíz Grande-Marlaska o seu ingreso en prisión.


5/Xaneiro/2008 /

"O conflito de Euskal Herria con España e Francia só poderá superarse pola vía da negociación"

Belixerante ataque ao PSOE e chamadas á reflexión da esquerda "abertzale".


4/Xaneiro/2008 /

ETA culpa a Zapatero de estragar unha “verdadeira transición democrática” no Estado

A edición dixital do diario Gara adianta un extracto dunha entrevista con dirixentes de ETA.


17/Decembro/2007 /

Editoriais de Tempos Novos: Contra as barreiras

Remata o 2007 con preocupantes anuncios preelectorais. Para o PP, a patria está en perigo, e nada máis urxente que devolverlle ao Estado a autoridade e a musculatura orixinarias para salvala. Adiantamos os editorias do número de decembro da revista TEMPOS Novos.


16/Decembro/2007 /

A ETA estoura un artefacto en Sestao sen causar feridos

A explosión produciuse despois de que advertisen da súa colocación mediante unha chamada de teléfono.


15/Decembro/2007 /

A ETA anuncia que matará policías españois "sexa onde sexa"

Reivindica as mortes dos dous gardas civís en Capbretón. O goberno vasco afirma que "a violencia e as execucións sumarias non deciden o futuro" do pobo vasco.


5/Decembro/2007 /

A policía francesa detén dous membros de ETA presuntamente relacionados coa morte de dous gardas civís

Os axentes detiveron no departamento de Lozere un home e unha muller que viaxaban nun vehículo. Case á mesma hora morría o outro axente ferido no atentado do sábado.


2/Decembro/2007 /

Unanimidade na repulsa ao atentado de ETA

PPdeG, PSdeG e BNG amosan a súa condena pola morte dun garda civil en Francia e trasládanlle a súa solidariedade á familia.


1/Decembro/2007 /

Un garda civil morto e outro ferido grave nunha operación contra ETA

É a primeira morte que se produce dende o remate da tregua da banda.


9/Outubro/2007 /

Ibarretxe di que a ETA "non impedirá que os vascos fagan o seu camiño"

"Non estamos dispostos a permitir unha volta atrás, aos atentados contra a vida", afirma o presidente do goberno vasco.


9/Outubro/2007 /

Aralar reclámalle á ETA que "abandone as armas de inmediato"

O partido independentista vasco Aralar expresou a súa solidariedade co escolta ferido.