Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TRADUCIRÁ MÁIS DE 8.000 TERMOS

O primeiro tradutor libre portugués-galego estará listo no outono

Imaxin Software traballa nun sistema gratuíto baseado no OpenTrad. Ademais, xa triplicou os termos que se poden traducir entre español e galego.

Redacción - 13:27 02/04/2007

Imaxin Software está a desenvolver EixOpenTrad, o primeiro tradutor automático e libre entre galego e portugués. Un dos socios da empresa compostelana, Diego Vázquez, adianta que o sistema "estará operativo a finais de setembro" e que, meses antes, un prototipo publicarase na rede. Nunha primeira fase, permitirá a tradución duns 8.500 termos entre as dúas linguas.

EixOpenTrad está baseado en Opentrad, ferramenta de tradución libre entre as linguas do Estado. A partir de Opentrad estanse a publicar continuamente novas aplicacións como, por exemplo, o popular Traducíndote, que traduce documentos en liña conservándolle o formato.

Galego-español
A Xunta indica que, ademais de permitir a tradución galego-portugués e portugués-galego, Imaxin xa aumentou a cantidade de palabras incluídas na conexión español-galego do OpenTrad. En concreto, o número de termos multiplicouse por tres, pasando de 8.500 a máis de 25.000. Esta ferramenta xa está dispoñíbel na web da empresa santiaguesa.

Canda Imaxin, Xavier Gómez Guinovart, do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo e Pablo Gamallo, da Universidade de Santiago de Compostela, colaboran no proxecto. A iniciativa conta cunha subvención da direción xeral de I+D+i de máis de 28.000 euros.


3.38/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: