Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A GENERALITAT XA ASINOU UN ACORDO A PROL DO CATALÁN

Piden que a Xunta negocie coas operadoras de móbiles para garantir o uso do galego

A Mesa di que Política Lingüística se "desentende" e solicítalle á Conselleria de Industria que lidere o proceso.

Redacción - 18:10 09/04/2007
Os móbiles poderán ter menús na nosa lingua cun acordo como o catalán

Os móbiles poderán ter menús na nosa lingua cun acordo como o catalán

Hai unhas semanas, a Generalitat de Cataluña asinou un acordo cos principais fabricantes de móbiles e cos catro operadores de telefonía celular para normalizar o uso da lingua catalá, tanto na atención ao cliente coma nos menús dos terminais. Esa medida podería ter o seu reflexo no noso país se a Xunta fai o mesmo.

A Mesa lembra que xa leva varios anos reclamándolle ao Goberno un acordo semellante ao que acadou a Generalitat. Segundo a asociación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística incumpriu a súa obriga de facer esas xestións para garantir o uso da nosa lingua no eido da telefonía móbil.

Como dan “por perdida” a vía de Política Lingüística, avogan por que sexa a Consellería de Innovación e Industria a que lidere as negociacións cos fabricantes e cos operadores. Deste xeito, acadaríase un status de normalización da lingua semellante ao que xa ten o catalán.

No acordo da Generalitat, as empresas Nokia, Motorola, Grundig, Alcatel e Sony-Ericsson, que abranguen o 90% do mercado, comprometéronse a introducir nos terminais e nas súas guías a lingua catalá, e ás operadoras Movistar, Vodafone, Orange e Yoigo a facilitaren o troco dos aparellos con campañas publicitarias e a ofreceren a súa comunicación na lingua propia da comunidade.

Pola súa banda, o executivo catalán comprometeuse a apoiar institucionalmente as campañas das empresas de telefonía a prol do idioma e a facilitar asesoramento lingüístico. A Mesa confía a que un acordo semellante no noso país se materialice antes de rematar a primavera.


5/5 (3 votos)

Comentarios (2)

A2b2 #1 9/Abril/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como debe ser!

LOIS_DE_SILAN #2 20/Abril/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sería conveniente q a Mesa non xogase á pugna d atribucións en materia lingüística dentro do bipartito, e q lembre q as competencias en materia de lingua son da Comunidade Autónoma, con independencia d q nun momento determinado as teña atribuídas un departamento ou outro do bipartito. Supoño q os poderes autonómicos da área lingüística do castelán non asinaron convenios de ningún tipo coas operadoras de móbiles para q o servizo sexa prestado en castelán. Os poderes autonómicos das áreas lingüísticas d linguas españolas distintas do castelán tampouco deben asinar convenios d caráter económico con esas operadoras. O q si deben facer, caso de ser necesario (polo d agora semella q si) os poderes autonómicos con competencias nas respectivas linguas propias con esas operadoras é informalas dos dereitos lingüísticos q deben respectar para prestar os seus servizos, e advertilas das medidas d protección e defensa deses dereitos a q veñen obrigadas. E logo, se é o caso (polo de agora si é o caso) q esa información e advertencias se traduzan nas accións (xudiciais, adminstrativas, normativas, ...) apropiadas para garantir o normal exercicio dos dereaitos lingüísticos das comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá e dos seus membros. Esta conduta protectora é, obviamente, xeralizábel respecto d calquera persoas físicas ou xurídicas q presten os seus servizos nesas áreas lingüísticas distintas da do castelán. Crear esa cultura permite evitar a sectorización (hoxe móbiles, mañá informática, pasado máquinas d coser, ...) na intervención da protección dos dereitos lingüísticos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: