Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: mobil

20/Abril/2008 /

A publicidade, agora tamén vía móbil

Orange reducirá os prezos a quen acepte que se escoiten melodías publicitarias mentres sona o ton de espera.


14/Abril/2008 /

A televisión a través do móbil non acaba de arrancar

Era unha das grandes apostas da telefonía móbil nesta nova década. No entanto, a televisión a través do móbil non está a ter o éxito que se agardaba. Grandes compañías como a finesa Nokia xa empezan a dubidar do despegue definitivo desta nova tecnoloxía.


Eroski
9/Abril/2008 /

"Somos de onde estamos"

O pasado mes de xaneiro -xunto co seu socio en Galiza, Vegalsa- a empresa vasca asinou un acordo coa Xunta para ofrecer o galego nos móbiles.


18/Marzo/2008 /

A Comisión Europea aproba o DVB-H como formato para a televisión móbil

A transmisión de contidos audiovisuais de balde para os teléfonos está máis preto.


22/Marzo/2008 /

O móbil, para falar

Unha compañía india vai lanzar ao mercado o teléfono máis barato do mundo, caracterizado pola súa sinxeleza e robustez.


23/Febreiro/2008 /

As empresas comezan a apostar pola lingua nos seus últimos trebellos electrónicos

O modo "galego" comeza a aparecer nos aparatos coas últimas tecnoloxías. Nos móbiles, mais tamén nos MP3 e MP4.


2/Febreiro/2008 /

Canto vai tardar o bus? pregúntalle ao móbil

A Coruña ofrece información sobre noticias, actividades, festas e outros datos de interese a través do servizo de mensaxería curta dos teléfonos móbiles.


30/Xaneiro/2008 /

Eroski ofrecerá móbiles en galego

A empresa asinou un convenio con Industria para ofrecer a nosa lingua nos seus terminais, en menús e en aplicacións.


8/Xaneiro/2008 /

Sony vai transformar a súa consola PSP en teléfono móbil

Supón un novo exemplo da converxencia entre o teléfono e a consola de xogos portábeis.


23/Decembro/2007 /

Mírame aí no móbil se vai chover en Betanzos

Dende esta fin de semana xa é posíbel consultar as predicións de MeteoGalicia dende un teléfono móbil e dende unha PDA


5/Decembro/2007 /

Cd ou teléfono móbil?

Nos últimos tempos, as boas novas son raras dabondo na industria do disco para que as que chegan se celebren dignamente...


3/Decembro/2007 /

Os superventas xaponeses escritos nun móbil

A metade das 10 novelas máis vendidas este ano en Xapón foron escritas en teléfonos móbeis. Vendéronse uns 400.000 exemplares por termo medio


23/Novembro/2007 /

O catalán normalízase nos móbiles

Orange vén de presentar o portal de internet móbil Orange Cat, converténdose na primeira operadora de telefonía con contidos exclusivamente en catalán


21/Novembro/2007 /

R empezará a ofrecer telefonía móbil en decembro

A campaña da empresa galega de cable dirixirase, en principio, á súa clientela.


15/Novembro/2007 /

“Erramos”: O dono de Warner Music

O propietario da maior empresa de música recoñece que pagaron caro as súas reticencias a ofrecer contidos aos usuarios a través de operadores de móbil


7/Novembro/2007 /

Serxio Pazos péchase nun autobús cun móbil conectado á rede

A campaña, posta en marcha por unha compañía de telefonía, pretende demostrar que se pode vivir unha semana comunicándose só con internet móbil.


6/Novembro/2007 /

Google non sacará un teléfono, senón un sistema operativo para móbiles

Máis de trinta empresas xa se uniron á plataforma Open Handset Alliance impulsada pola empresa estadounidense.


3/Novembro/2007 /

Despois do iPhone, chega o Skypephone

Compañías líderes das novas tecnoloxías introdúcense no sector da telefonía móbil. Por se fose pouco, a seguinte vai ser Google.


23/Agosto/2007 /

Veciños dunha aldea andaluza votan pola instalación dunha antena

O referendo convocouno a alcaldesa de La Peza (Granada) entre unha poboación de 120 habitantes.


12/Agosto/2007 /

A Polo Ghit 2007! agora no teu móbil

É moi doado. Tan só tes que elixir a túa melodía favorita das dez finalistas e descargala na computadora. De aí ao teu celular ... e a disfrutar!