Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
UN GOLPE MILITAR, CIVIL E MEDIATICO COA COMPLICIDADE DO GOBERNO DE AZNAR

A cinco anos do golpe de Estado en Venezuela

A canle estatal Venezolana de Televisión (VTV), Catia TV, Radio Perola, e outros medios comunitarios foron allanados durante o golpe de Estado, o que fixo que outro tipo de comunicación, como a do megáfono, activásese ante o silencio mediático. Millóns de venezolanos ante a neglixente actitude dos medios privados ás rúas e pediron a gritos o regreso do presidente lexítimo e constitucional de Venezuela, Hugo Chávez.

Xurxo Martínez Crespo - 19:08 11/04/2007
Tags:

Abriuse unha toma de conciencia con respecto ao nivel de manipulación dos medios", concluíu Eliane Pereira, integrante do Comité de Usuarios de Medios de Comunicación (Cumeco)

O vendedor de verduras deixou de vender a pataca, o tomate, e a cebola polo seu megáfono e empezou a convocar á xente ao pazo presidencial de Miraflores para rescatar a democracia, aquel 12 de abril polas rúas do bairro de Catia. "Así como o vendedor, os taxistas, os motoristas, e a comunidade en xeral de distintas zonas de Caracas, boca a boca e até por mensaxiños de textos, comunicáronse por unha causa en común: rescatar a legalidade constitucional", narrou o actual presidente da televisora comunitaria Catia TV, Ricardo Márquez.

A canle estatal Venezolana de Televisión (Vtv), Catia Tv, Radio Perola e outros medios comunitarios foron allanados durante o golpe de Estado, o que fixo que outro tipo de comunicación, como a do megáfono, ocupupara ese lugar ante o silencio mediático.

Incluso o xornalista opositor ao Goberno de Chávez, Ibsen Martínez, nun artigo no xornal caraqueño El Nacional o día 20 de abril de 2002, denunciou "a incalificábel censura noticiosa e de opinión, maliciosamente imposta aos venezuelanos durante horas moi graves da vida nacional, contra os mellores intereses do público" que, ao seu xuízo, caracterizou á prensa venezolana durante o transcurso do golpe de Estado.

Radio Caracas Televisión e o golpe de Estado

En Radio Caracas Televisión (Rctv) censuraban as reaccións de veciños de zonas populares e de funcionarios do Estado, ante o que desde un principio cualificouse como o secuestro do presidente da República, Hugo Chávez Frías.

"Non se cubriron as protestas pacíficas dos chavistas en Forte Tiuna, tampouco outros disturbios. A liña era transmitir a idea de que todo estaba tranquilo en Caracas. E non era certo", manifestou Martínez nunha entrevista publicada en Tal cual, en abril de 2002, ao director de información do servizo de noticias da cenle El Observador (Rctv), Andrés Izarra, actual presidente da canle latinoamericano Telesur.

As ordes dos directivos da canle eran transmitir que no país non estaba pasando nada anormal e que todo estaba en orde, como resume o xornalista Leo Campos, ex traballador de Rctv, no libro Del 11 al 13, de José Roberto Duque.

Pero os venezolanos esixían a verdade, ?reclamaron a liberdade do Presidente e denunciaron que o que estaba sucedendo era un golpe de Estado?, expresou o Presidente da comunitaria Catia TV, Ricardo Márquez.

A actitude dos televidentes

Bárbara Vesci, médico televidente, decidiu denunciar a actitude dos medios de comunicación durante o 11, 12 e 13 de abril de 2002, nun documento cunhas 3 mil firmas que está actualmente na Comisión Nacional de Telecomunicacións (Conatel).

"Os moderadores e xornalistas entrevistaban só á xente que daba e chamaba a un golpe de Estado, feito que expresaba a participación destas empresas no mesmo. Esta e outras actitudes leváronnos a organizarnos posteriormente e formar o Comité de Usuarios de Medios de Comunicación (Cumeco) nese mes do 2002", comentou Vesci.

Na súa versión, a médica di que o día venres 12 de abril os medios privados daban a impresión de que non pasaba ren, que simplemente caeu un presidente e que todos estaban conformes. Con todo, saíu da súa casa e ao pasar preto do Forte Tiuna observou a un grupo de persoas aglutinándose. "A xente estaba saíndo ás rúas a reclamar pola verdade e pola restitución da democracia", expresou.

Os teléfonos, móbiles, os cables e informacións das axencias de noticias, entre outras opcións, tiñan á súa disposición os medios de comunicación venezuelanos para dar a coñecer aos televidentes e radioescoitas o que acontecía nas rúas durante o 12 e 13 de abril.

"E os teléfonos?"-perguntouse Vesci- Como se comunican os xornalistas cando non poden dar persoalmente cunha fonte?. No entanto, desde a división das pantallas que mostraban ao presidente da República e imaxes dun grupo de manifestantes en Puente Llaguno, "notábase unha clara intención deses medios de participar no golpe, suxerindo que o Goberno estaba dando a orde de matar á xente, foi a súa estratexia para lograr enardecer ao televidente", aclarou Vesci.

A actitude mediática deses días de abril elevou a actitude crítica do público que é usuario da televisión, escoita a radio ou le un xornal. Para moitos foi un espertar que permitiu ás persoas organizarse para defender os dereitos da información veraz dos televidentes.


3,67/5 (3 votos)


Comentarios (1)

COUTOVEN #1 20/Abril/2007 COUTOVEN

Mire, si en el 11 de Abril de hace 5 años hubo un “GOLPE DE ESTADO” que fue lo que realizo Chávez un 4 de febrero de hace ya varios años y que seguramente sus lectores no han sido informados. Que de paso, Chavez hace apología del mismo con desfiles militares. SEÑOR, ESO SI FUE UN GOLPE DE ESTADO BIEN SANGRIENTO.
Lo primero que tiene que hacer usted es respetar la ley. El Tribunal Supremo de Justicia de Venezuela (EN SALA PLENA) Sentencio (guste ó no) Que lo ocurrido el 11 de Abril fue UN VACIÓ DE PODER. Pura y simplemente por lo siguiente. El militar de mas alto rango del país el General de tres Soles Lucas Rincón Romero le dijo a la nación lo siguiente: “En vista de los graves hechos ocurridos, al señor presidente se le solicito la renuncia y el ACEPTO” Si tiene o tienen duda los lectores entren a esta dirección y saquen sus propias conclusiones http://www.youtube.com/watch?v=X7FZxqTjrtw.
Me dirá usted que esto es mentira y que a estas alturas por razones misteriosas no se ha llamado a declarar ante tribunales a este general que por el contrario fue premiado con un cargo ministerial y diplomático (será que ese es el costo de su silencio).
Por otra parte, ¿por qué razón? No se menciona que junto con el gobierno de España y USA fue el Embajador de Cuba uno de los primeros en reconocer a Carmona Estanga como presidente (le participo que el video también esta disponible en la red, yotube).
Señor, el periodismo tiene que ser objetivo, si bien hay mucho que criticar a las televisoras privadas en Venezuela no es menos cierto que la conducta de VTV es inmoral (por cierto hay mucha diferencia entre el estilo de tona de este canal por parte de la gente del 11 de abril y lo la forma sangrienta como Yesi Chacon entre otros utilizo en su momento).
Es muy criticable que se pretenda informar a la comunidad Gallega en España sin brindarle todos los elementos de juicio, mucho más en el caso que un gallego murió en esos lamentables momentos.
Quien le habla es hijo, nieto y bisnieto de Gallegos y tiene más de 40 años viviendo en este país, mi familia escapo a Venezuela por la persecución Franquista y es muy triste que un Fascista como Chávez se cobije en un manto de bondad socialista a fuerza de dilapidar los recursos de la nación comprando conciencias.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: