Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estudo da Universidade de Landau

A desaparición das abellas poderíase deber á telefonía móbil

As ondas de radio poderían interferir nos sistemas de orientación dos insectos para iren de volta ás colmeas.

Redacción - 11:49 16/04/2007
Unha abella

Unha abella

Un estudo da Universidade de Landau suxire que a misteriosa desaparición das abellas que está a afectar aos Estados Unidos e a Europa pódese deber á radiación da telefonía móbil. Segundo esa teoría, as ondas de radio interfiren nos sistemas de navegación dos insectos, o que fai que non poidan regresar ás súas colmeas.

O traballo descubriu que as abellas refusan volver á colonia cando se colocan teléfonos móbiles nas súas proximidades, o que podería dar unha pista sobre a posíbel causa do fenómeno.

A denominada desorde de colapso da colonia acontece cando os habitantes dunha colmea desaparecen de súpeto, ficando só raíñas, ovos e obreiras inmaduras. As abellas perdidas nunca se chegan a atopar, pero crese que morren lonxe dos seus fogares. O fenómeno comezou o pasado outono nos Estados Unidos e foise estendendo a Europa. O noso país tamén se está a ver afectado.


5/5 (12 votos)

Comentarios (6)

piorno #1 16/Abril/2007 piorno

Outros estudos alertam para a utilizaçom de transgénicos como possível causa do problema ou distúrbio do colapso das colónias (CCD, polas suas siglas em inglês), que está a dizimar o número destes insectos, muito mais nos EUA do que, ainda, na Europa.

Veja-se, por exemplo:

http://www.rel-uita.org/agricultura/transgenicos/abelhas.htm


«Se a abelha desaparecer da superfície do planeta, então ao homem restariam apenas quatro anos de vida. Com o fim das abelhas, acaba a polinização, acabam as plantas, acabam os animais, acaba o homem»

Albert Einstein

Barcelos #2 16/Abril/2007 Barcelos

As abellas son comos as vellas, como non saben utilizar o teléfono móbil van e pérdense polo monte. (A inquietante hora de Martin Landau, no Informal)..
A abella que pica allos come.

Barcelos #3 16/Abril/2007 Barcelos

E acabamse as picaduras e acabase a mel. Morreremos.

A2b2 #4 16/Abril/2007 A2b2

De ser isto certo, deberíase constituir unha Coordinadora de Abellas para demandar a Movistar, Vodafone e a Orange.

A2b2 #5 16/Abril/2007 A2b2

De ser isto certo, deberíase constituir unha Coordinadora de Abellas para demandar a Movistar, Vodafone e a Orange.

casdeiro #6 17/Abril/2007 casdeiro

Outro motivo máis para temer os resultados a longo prazo deste xigantesco experimento que están facendo connosco: http://www.casdeiro.info/res-retica/?s=microondas

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: