Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O pistoleiro está entre os mortos

Trinta e un universitarios asasinados a tiros nun campus estadounidense

Novo episodio de violencia indiscriminada, desta vez os dramáticos feitos aconteceron nunha escola universitaria de Blacksburg.

Redacción - 18:56 16/04/2007
Nun primeiro momento, a policía buscou a un segundo sospeitoso

Nun primeiro momento, a policía buscou a un segundo sospeitoso

Canto menos trinta e unha persoas foron asasinadas a tiros este luns nunha universidade estadounidense. Segundo informa a canle de televisión CNN, o Instituto Politécnico de Virxinia, en Blacksburg (a uns 400 quilómetros de Washington), foi escenario dun masacre provocado por un individuo armado, que se encontra entre os mortos.

A policía investiga se o pistoleiro foi abatido polos seus axentes ou se el mesmo se suicidou. Aínda que nun primeiro momento, a policía barallaba a idea da participación dun segundo sospeitoso as informacións oficiais descartan esta posibilidade.

Cando se tivo constancia do suceso, a universidade cancelou as clases e comunicoulles aos estudantes que permanecesen pechados e fechados nas súas habitacións, lonxe das fiestras. O tiroteo inicial produciuse ao redor das 7.30 horas (hora local, 13.30 horas en Galiza).

Os primeiros disparos tiveron lugar nunha residencia do campus, a West Ambler Johnston Hall, na que habitan 900 estudantes. Poucas horas despois un novo tiroteo rexistrouse noutra zona do Politécnico, chamada Norris Hall.

Máis información na CNN.


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

Eloy #1 18/Abril/2007 Eloy

A tódolos familiares dos falecidos no Campus da Universidade Virxinia Tech...

"¿Qué país pode preservar as súas liberdades se os seus gobernantes non son advertidos de vez en cando de que o seu pobo conserva o espírito de resistencia? Deixade que teñan armas"(Thomas Jefferson en 1787)

Onte, as aulas universitarias dos Estados Unidos volveron a mancharse de sangue. Un estudante surcoreano de 23 anos, mata nun campus universitario de Virxinia a máis dunha treintena de persoas. O asasino levaba nas súas mans dúas pistolas...
Os Estados Unidos,"un país libre", como sempre escoitamos na maioría das películas americanas...Ata que punto esa liberdade é comprensible? Ata que punto debemos asumir que nos Estados Unidos,un país en teoría moi moderno,manteña vixente a famosa "Segunda Enmenda"? Esta di literalmente:"Unha ben regulada milicia é necesaria pra seguridade dun Estado libre,o dereito do pobo a ter e posuír armas non debe ser violado".
Nun país,no que existen máis de 65 millóns de armas en circulación,non debe estranarnos a magnitude dos feitos.Ou non é certo que o 40 por cento dos norteamericanos durme cunha pistola baixo a almofada?Por qué este medo?Por qué esta desconfianza?
O presidente dos E.E.U.U,declaraba onte públicamente:"É imposible entender tanta violencia neste momento".Debemos preguntarlle ao señor George Bush o por qué da súa actitude expansionista polo mundo,porque seguramente lle respondería esa "dúbida existencial".Sendo os E.E.U.U o país máis poderoso e influente do mundo,non nos debe estranar que sexa tamén un dos máis odiados;ou iso debe pensar o presidente cada vez que solta unha bomba en Irak.
Esta(por chamala dalgunha forma)"carga de conciencia" dos altos dignatarios do país,tradúcese nunha política de "alerta continua" da que adolecen hoxe en día a maioría dos norteamericanos.Ademáis,se a isto lle engadimos a facilidade coa que un cidadán estadounidense pode adquirir un arma,temos como resultado episodios violentos como o acontecido onte en Virxinia.
Se hai algo certo, é que o medo crea desconfianza,e cun arma na man,isto tradúcese en feitos.
Mentres unha maioría dos estadounidenses(un 70%) opina que os controis para adquirir un arma deben ser máis estrictos, unha minoría conservadora,na que se atopa o propio John Wayne,opina que a posesión indiscriminada de armas é un dereito e un deber dos norteamericanos.
Wayne LaPierre, vicepresidente executivo da A.N.R(Asociación Nacional do Rifle),firmaba onte un artigo na súa páxina web titulado "Qué desastre será a seguinte excusa pra suspender a Segunda Enmenda?".En fin,sobran os comentarios...
Se ben estas palabras non cobran agora o sentido que realmente merecen,o que si é seguro é que co tempo a historia xulgará aos culpables dos seus desastres, e George Bush será probablemente nomeado,coma un dos peores presidentes dos Estados Unidos.
Mentres o país siga gastando máis diñeiro en armamento que na propia educación dos seus cidadáns,seguiran ocorrendo desastres deste tipo.Deberían haberlle preguntado moito antes a Cho Seung-hui,autor da matanza,que lle estaba pasando pola súa cabeza, antes de que este transmitirá os seus odios e frustracións en dúas pistolas que acabaron coa vida de tantos inocentes.
Tras varios debates no Congreso no que os demócratas se pronunciarán a favor dunha maior restricción na adquisición de armas,o feito quedará probablemente no olvido.
O país necesita a renovación duns ideais que están na maioría dos casos obsoletos para o tempo no que vivimos.Pode que a Segunda Enmenda nacera cuns obxetivos, que para o tempo no que se creou, era necesaria.Sen embargo,as sociedades avanzan,e o certo é que nos Estados Unidos todavía perviven demasiados rasgos arcaicos que a condicionan.A idea de liberdade ou de "Estado libre", que permanece desde o século XVII,segue alimentando hoxe en día un patriotismo crecente, que pode ser considerado coma un dos máis importantes emblemas de identidade da sociedade estadounidense.
Cantos episodios como o de Virxinia ou o de Columbine debemos presenciar para que se produza un cambio importante no país?

Barcelos #2 20/Abril/2007 Barcelos

Por que impresiona máis unha matanza en USA que centos de matanzas en Irak? Porque é un país "civilizado" (salvaxemente civilizado). Con tanto asasino solto aínda terán máis medo a vivir desarmados. A carioca que se morde a cola.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: