Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A maior taxa de mortalidade por impacto de bala

Hai armas de fogo en máis dun terzo dos fogares dos EUA

O peor masacre nun centro educativo na historia dos EUA tivo lugar este luns na Universidade Virxinia Tech, con 33 persoas mortas. Diariamente morren 81 persoas por disparos.

Redacción - 14:23 18/04/2007

Os EUA teñen a taxa máis alta de mortalidade por balas no mundo industrializado. Malia seren investidos miles de millóns de dólares do orzamento para o Departamento de Seguridade Interna, o control das armas nas mans da cidadanía (preto de 200 millóns) é practicamente nulo. A maioría dos estados non lles esixe unha licenza aos propietarios das armas, e moitas son vendidas en feiras sen verificación do historial criminal do comprador.

Segundo cifras oficiais do Centro de Control de Enfermidades, nos últimos cinco anos (as cifras máis recentes son de 2004), máis de 148.000 persoas morreron por impacto de bala. 14.500 son menores de idade. Unha persoa é asasinada cada 18 minutos, segundo a organización Brady Campaign to Prevent Gun Violence. Hai armas de fogo no 39% dos fogares. Véndense entre tres e catro millóns delas cada ano, sen ter en conta as que se venden en mercados secundarios (entre un e tres millóns). Se concretamos no ámbito dos menores de idade, as armas mataron a un cada tres horas: case 3.000 nenos e adolescentes morreron por mor das armas nun ano, unha taxe que multiplica por 12 o total doutros 25 países industrializados.

Roger Hayes, presidente da xunta directiva de New Yorkers Against Gun Violence (NYAGV), declarou que "o Congreso acaba de pedir un minuto de silencio... apropiado para unha traxedia tan devastadora... Pero tamén queremos un momento de ruído. Queremos que o Congreso se posicione, que tome medidas para promover leis e deixen de temer aos cabildeiros das armas". De feito, un día antes do masacre de Virxinia, tiña lugar a Convención Anual da Asociación Nacional do Rifle (ANR) en Missouri, que publicitaba no seu programa: “A reunión da ANR proporciona unha atmosfera segura e divertida da que pode gozar toda a familia”. Nesta programación incluíanse seminarios como “Rexeita ser unha vítima” ou “Dispara por diversión” e para potenciar aptitudes. Mesmo o gobernador de Missouri, Matt Blunt, aproveitou a ocasión para ratificar unha lei que garante aos cidadáns que non se lles confiscarán as armas nin sequera en casos de urxencia, como o do Katrina (dúas asociacións denunciaran a requisa de pistolas tralo furacán).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: