Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cre que o modelo actual e propio dunha "república bananera"

Quintana, a prol de limitar o voto emigrante ás xerais

O voceiro nacional do BNG asegura sentirse “contento” de que este debate “saia á luz pública” xa que é un “clamor” en Galiza.

Redacción - 12:22 22/04/2007
Jorquera tamén apoia a proposta de Blanco

Jorquera tamén apoia a proposta de Blanco

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, pediulle este sábado ao secretario de Organización do PSOE, José Blanco, que se comece a traballar “de inmediato” para que nas próximas eleccións xerais poida estar modificado o modelo de votación dos emigrantes, xa que considera o actual como propio dunha “república bananera”.

No acto de presentación da candidatura de Santiago Domínguez á alcaldía de Vigo, Quintana referiuse á proposta de Blanco de limitar o voto exterior ás eleccións xerais. Nesta liña, aposta por un cambio no “fondo e a forma” do actual sistema de dereito a voto e que permita desenvolver un modelo “democrático transparente, universal e secreto”.

O líder nacionalista asegurou que, dentro do respecto polos colectivos da diáspora, "o que non se entende é que o neto dun emigrante que non naceu nin vive nin ten intención de volver a Galiza poida elixir o alcalde do pobo do seu tatarabuelo".

Quintana acusou tamén o Partido Popular por non preocuparse de dotar de servizos e dereitos a este colectivo durante os seus anos de goberno, malia “si estar preocupado en utilizalo como mercadoría electoral”. Ao mesmo tempo, cargou contra os populares por manter unha lei que "é un auténtico escándalo antidemocrático" e da que considerou que falta ao respecto aos propios emigrantes.

Jorquera lamenta a reacción de Touriño

En relación a este tema, o coordinador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera, asegurou en declaracións aos medios de comunicación que a proposta de José Blanco “vai na boa dirección” e que “agora é o momento de pasar das palabras aos feitos”. Porén, o nacionalista lamentou a “decepcionante” reacción do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, sobre a proposta do seu líder a nivel estatal.

Jorquera cre que “para o BNG, a situación á que se chegou en Galiza co voto dos emigrantes é tan escandalosa que está ameazada a credibilidade da democracia, polo que se require realizar reformas legais claras e contundentes”.


4,67/5 (6 votos)

Comentarios (6)

Pedrel #1 22/Abril/2007 Pedrel

O nacionalismo galego de esquerdas mantivo a súa identidade principal na diáspora. Centos de emigrantes participaron na actividade política e societaria rexeitando a dictadura franquista.
Asimade, mantiveron un forte sentimento independentista.
Sen falar da cultura, eidos no que os fillos e netos de galegos participaron activamente (ver Seoane, nado na diáspora, Abraira, Palmás, Loi

Pedrel #2 22/Abril/2007 Pedrel

O nacionalismo galego de esquerdas mantivo a súa identidade principal na diáspora. Centos de emigrantes participaron na actividade política e societaria rexeitando a dictadura franquista.
Asimade, mantiveron un forte sentimento independentista.
Sen falar da cultura, eidos no que os fillos e netos de galegos participaron activamente (ver Seoane, nado na diáspora, Abraira, Palmás, Lois Pérez Leira, etc.
Dicer "non o voto emigrante" por non saber nada deles ou por non ocuparse dunha parte importante da nosa identidade galega non é nacionalismo, nin galeguismo nin un c....
Podedes dicer "soamente voto nas xerais" se conseguides maiores cotas de independenza ou autodeterminazón. Os emigrantes da diáspora gostaban dicer "Viva Galiza ceive" ou "Morra a porca".
¿Sabedes algo sobre iso? Mellor calade

A2b2 #3 22/Abril/2007 A2b2

No BNG non houbo a valentía de propoñer que os emigrantes e fillos de emigrantes debín votar no seu pais de residencia e non en Galicia. Agora súmanse ao carro do PSOE. Que pasa! ¿había medo a perder votos?. Sodes uns cobardes oportunistas, pois só propoñiades modificar o sistema de votación.

PcGr #4 23/Abril/2007 PcGr

Baixo o meu punto non chega que colectivos cun grao de parentesco determinado teñan dereito ao voto. Tal vez é necesario limitar este dereito en base a estudos estatísticos, de obrigada revisión, dos vencellos destes colectivos co país. Ben é certo que unha intervención deste tipo, se non queda ben regulada, daría lugar a manipulacións por parte do partido ocupe o goberno do Estado.
O que si que hai que asegurar é que o voto sexa transparente, universal, secreto e que a xente non se vexa manipulada por influenzas económico-caciquís, mediáticas, etc.
Non é cuestión de ter medo a perder votos. É impotencia ao ver que outros gañan votos ilexitimamente, aproveitándose dunha Lei Eleitoral obsoleta.

Pedrel #5 23/Abril/2007 Pedrel

Ben. Si estades dacordo que "hai que asegurar é que o voto sexa transparente, universal, secreto e que a xente non se vexa manipulada por influenzas económico-caciquís, mediáticas, etc." non é custión de limitar o voto ás eleccións xerais.
Axiña haberá centos de miles de inmigrantes de colombia, ecuador, marrocos ou tantos outros países, SEN NENGÚN COÑECEMENTO DA REALIDADE DO SEU MUNICIPIO DE RESIDENCIA que votarán por ser residentes.
¿Pensades que é mellor ter domeñado un concello por xente doutras culturas que por centos da nosa propria?
Si pensades eliminar o voto é que non coñecedes a realidade da emigración. ¿Esquecedes a súa contribución á cultura, á economía, á política e a vida da Galiza? Pois, pensade ben....

Barcelos #6 23/Abril/2007 Barcelos

Certo. Hai que limitar. Que vote un só e a Quintana e ninguén máis.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: