Dende o sindicato cualifican de éxito a convocatoria e sinalan que están á espera de que Educación mova ficha
Anxo Louzao, responsábel da CIG-Ensino
O secretario da CIG-Ensino, Anxo Louzao, afirmaba a primeira hora da mañá deste xoves que a folga contra o novo horario escolar está a ser “un éxito”. Dende o sindicato nacionalista subliñan que algo máis dun 70% dos docentes de infantil e primaria (14.000 en todo o país) están a secundar o paro. Aínda que cualifican de uniforme o seguimento da protesta, especifican que nas provincias da Coruña e de Pontevedra a cifra chega até o 90%.
En declaracións a Vieiros, Louzao afirmaba que “esta folga deixa en evidencia ás organizacións que non secundaron a protesta e cremos que ten que haber unha mínima autocrítica. Sempre hai tempo para rectificar”. Tamén dixo agardar que haxa “sensibilidade democrática” na consellaría e que se recoñeza o fracaso da proposta do novo horario partido para os meses de xuño e setembro, “do contrario haberá máis mobilizacións”.
Non entendo esta folga, homoxeneizar o horario en todo o curso escolar non é motivo abondo para convocar unha folga, máis tendo en conta que os profesionais da docencia traballan un número de horas anuais moi inferior a calquer outro traballador, que empresa ou servizo atende só 1 hora á semana polas tardes? (…as titorías), pecha 3 meses no verán, todo o nadal, no antroido e en semana santa? ao meu entender esta folga é a proba inequívoca dunha enorme FALTA DE VOCACIÓN DE SERVIZO PÚBLICO, e que estamos diante dun sindicalismo que o único que defende é A CALIDADE DO EMPREGO DO PERSONAL DOCENTE, MAIS NON A CALIDADE DO ENSINO, como é compatíbel defender o ensino público e amosarse inflexíbeis a medidas coma esta? seica a mellora do ensino público consiste en traballar menos horas e cobrar máis polo que se ve. O que debería discutirse é a presenza do persoal docente nos centros de ensino alomenos 35 horas semanais e regular un mes de vacacións ao ano (cobran igual nas vacacións malia non traballar, non sí?). Ademáis, a participación de nais e pais nos Consellos Escolares amolalles, o último informe do Consello Escolar sobre a normalización lingüística foi demoledor, e foi por falta de vontade política, mais sobre todo por falta de vontade docente. Vaian á folga, están no seu dereito, mais non me veñan coa hipocrisía de que defenden a "calidade do ensino público".
Estou absolutamente de acordo con Vidual. Manda truco, os profesores de primaria e secundaria poñendo o berro no ceo polo seu horario laboral. ¡¡¡O MUNDO AO REVÉS!!!. O seguinte por vir será a folga de brazos caídos dalgunha asociación de mariñeiros, reivindicando o seu dereito a acadar peixe fresco ou que spiderman proteste porque non pode voar como superman. Non estaría de mais optimizar reivindicacións e centrar esforzos en mellorar a educación dos nosos fillos e fillas, que boa falta fai.
Vexo aquí que a xente equipara número de horas de clase con calidade do ensino. Entón por qué Galicia ten os peores resultados académicos cando é a Comunidade Autonóma con máis horas lectivas? Se queremos mellorar a calidade no ensino, teremos que mellorar moitas cousas. Eu non me queixo únicamente do horario que queren modificar, senón do aumento de ratios nas aulas, do baixo investimento en medios tecnolóxicos,(eu non teño nen diñeiro para tizas).A sociedade ten que esixir preparación aos mestres e non unha cantidade de horas que parece que fan da escola unha gardería. E por certo, todos os mestres que coñezo permanecen no centro entre 30 e 35 horas semanais. O traballo do mestre non é so dar aulas. E moitos mestres preparan cousas nos fin de semana (porque queirades ou non, a maioría dos docentes traballan principalmente porque lles gusta ensinar aos nenos e nenas).
Os mestres poida que traballen a maioría por vocación pero os proferoses de Secundaria, a maioría traballan porque non atoparon outro emprego de biólogos, químicos, matemáticos, filólogos, licenciados en filosofía e letras, etc...
A CIG é o sindicato dos traballadores e ten que defender os seus dereitos.
Para defender a calidade de ensino xa están os políticos e o Parlamento.
Non é ningunha paradoxa que a CIG defenda aos traballadores que lles votaron e busque o mellor para eles.
Sobre se é lexítima ou non a folga?. Igual que todas.
Que é un "coñazo"?
Máis "coñazo" é cando os transportistas saen ás estradas ou cando en Valga deixan sen tren a uns pasaxeiros que teñen que ir a diario de Vigo a Santiago. As inxustizas cométenas uns e páganas outros.
Eu considero que sería máis xusto protestar doutro xeito. Por exemplo: secuestrando aos responsables da nova Lei.
Posiblemente sería un delito, pero polo menos non se prexudicaría aos que non teñen a culpa.
Outro xeito de protestar é ignorar a nova Lei. Non facer puto caso.
non pretendin equiparar horas de ensino con calidade, mais é o profesorado o que centra o debate no horario con esta folga, non haberá cartos para xiz, mais por iso non se convocou esta folga, igual hai profesorado que traballa as 35 horas semanais, mais no cómputo anual traballan moitas menos horas que o resto da clase traballadora, e cobran igual, e montar unha folga por un par de horas máis dous meses ao ano pareceme unha vergoña, a proba inequivoca da falta de vocación de servizo público deste colectivo profesional, e o profesorado sempre a queixarse, mais non coñecín ainda folga ningunha do profesorado a prol do ensino en galego, nin de incrementar os medios materiais, en fin, AMNL pode acreditar as resistencias que hai no mundo do ensino para a normalización lingüistica, e estou certo de que se a administración quer adoptar medidas que melloren a calidade do ensino non vai atopar no profesorado un aliado, como tristemente está a amosar esta folga, todo por un par de horas, habían de traballar todo o ano e ter un mes de vacacións.
Pois se a administración non vai atopar no profesorado un aliado e dicta leis na súa contra, como espera que reaccionen?
Se cadra teñen que poñerse a dar clase os que votaron a lei.
eu non vexo por ningures unha lei en contra do profesorado, é o profesorado o que se pon en contra da nova regulación do horario, por qué? cal é a reivindicación logo? que é o que quer o profesorado? cales son as súas propostas?
Vidual, estás moi resentido co número de horas que traballamos os mestres... pero hai están as oposicións, así que non te desanimes... aínda estás a tempo, terás dous meses de vacacións, poderás cambiar a algún rapaz que se mexe na aula, xa sabes, por certo qué traballo estás a facer, levas todo o día colgado no vieiros, eu estou de folga, máis ti? unha aperta.
moi fina a túa ironía Antía, certo que estou currando e entrementres botolle unha ollada a vieiros, non entran nos meus plans as opos, e sí, o certo é que me cabrea bastante que montedes esta folga por un par de horas cando despois vexo como funciona o cole do meu fillo; e sinceiramente, agradecería unha resposta á miña pregunta: cal é a proposta do profesorado?
mira Antía, eu non son mestre nen teño fillos....maís menos laricar e mais traballar, eso tamén vai por ti Vidual. Os mestres estades en todo o voso dereito a laiarvos do que queirades... que nos tedes tizas, que si falta vontade política... pero manda guevos que vos queixedes das horas que traballades. SODES CARALLUDOS
Ola. Son un traballador,son mestre, estou en folga porque me queren facer traballar unha hora mais ao día durante os meses de xuño e setembro a cambio de nada (non sei se vos estariades dispostos).
Estou en folga porque eu no mes de xuño e setembro saía ás dúas e agora vou saír ás seis, como o resto do ano (si, despois das clases aída quedamos no centro). (non sei se vos estariades dispostos).
Estou en folga porque dou clase a nenos e nenas de infantil que cando chegan en setembro aínda teñen dous anos en algúns casos e van ter que estar lonxe da familia dende as nove ás cinco da tarde, sempre e cando non se apunten ao plan madruga e veñan ás sete e media da mañá. e non me parece xusto.
Estou en folga porque esta consellaría co apoio dos sindicatos agás a CIG, quitounos un dereito.
NON estou e folga para traballar menos, senón para que non recorten os meus dereitos laborais.
Por certo oxalá puidese "estar currando e entrementres botarlle unha ollada a vieiros" pero a intensidade do meu traballo non mo permite. Vidual ¿en que traballas que o teu si que é un chollo?
Por certo esquecíame de dicir que a última folga do ensino que houbo foi a dos profesores de plástica,música e tecnoloxía e precisamente foi para que lles aumentasen o horario nas súas areas.
son autónomo, e o meu é un traballo coma outro, e hoxe a intensidade do meu traballo permiteme mirar vieiros, como seguramente vos permita a vós o voso traballo algún día, ao remate ainda ides querer dar mágoa. Eu non vexo que vos quitaran ningún dereito por homoxeneizaren o horario, o que sí vexo é moito victimismo.
un saúdo
uy, uy, uy....Greve o teu e grave. Tanta reivindicación...nese tono....seguro que ti es un deses que mandan aos rapaces de cara á parede e con orellas de burro
Que ben viven os mestres, que non fan nada, que teñen moitas vacacións,o único que fan e termar dos cativos un par de horas e para casa, e iso cando non van de excursión ¡e aínda por riba gratis!...
Sen embargo hai xente que se adica a outros traballos.Que pouco espabilados non?, tendo ahí ese chollo?Parece mentira.
Paréceme que aquí hai moito resentido que de pequeno foi mal estudante e odia aos mestres desde entón. E antes si que tiñamos vacacións. Pero agora os nenos que se fodan.
Propoño un horario: De 9h a 14h e de 16h a 19h de luns a venres todos os meses. Vacacións en agosto.
Eliminamos as vacacións de Nadal e Semana Santa e pontes. Soldo 1.200 euros netos ao mes. Con 14 pagas. E ademais obrigatorio vivir no sitio onde che toque a escola.
¿Quen quere ser mestre?
ostrasss....estas definindo o chollo de bedel ou conserxe barcelos...
Exacto. Convertamos aos bedeles en mestres.
Eu teño fillos. Máis alá de algúns profes xeitosos, moitos dos que coñecín non gustan de dar clases. Están aburridos da súa profesión e o único que os move e o seu interese individual e corporativo. Se houbera de verdade unha boa inspección e tiveran que andar ao emllor cambiaban algunhas cousas. Polo demais creo que é unha proposta xusta desde un punto de vista social ampliar horario ao redor do verán. de todos xeitos os profes terían que estar alí traballando, para iso se lles paga a exclusiva, non?
Ola esquío:
Eu conozo moitos traballadores de todos os sectores. Mais alá de algúns xeitosos, moitos dos que coñecín non gustan do seu traballo.Están aburridos da súa profesión e o único que os move e o seu interese individual e corporativo. Se houbera de verdade unha boa inspección e tiveran que andar ao mellor cambiaban algunhas cousas. Polo demais creo que é unha proposta xusta desde un punto de vista social ampliar horario dos traballadores en xeral ao redor do verán e non reducilo como fan en moitisimos sectores. de todos xeitos terían que estar alí traballando, para iso se lles paga o salario, non?
¡Carallooooo! ¡Canto mestre hai aquí!