Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CIG asegura que a porcentaxe superou o 70%

Educación di que só un 37% dos profesores secundaron a folga contra o novo horario

Logo do paro, a consellaría destaca a "baixa incidencia" e o sindicato advirte de novas mobilizacións.

Redacción - 16:18 03/05/2007
Tags: ensino folga

O distanciamento entre a CIG-Ensino e o consellaría que dirixe Laura Sánchez Piñón é cada vez máis evidente. Logo da primeira xornada de folga pola ampliación do horario lectivo aos meses de xuño e setembro, as dúas partes dan cifras radicalmente distintas sobre o grao de participación do profesorado. Mentres dende o sindicato nacionalista falan dunha porcentaxe superior ao 70% o departamento de titularidade socialista reduce esta a pouco máis dun 37%.

Segundo unha nota oficial da consellaría, “os datos de participación na folga poñen de manifesto un seguimento irregular entre o profesorado do corpo de mestres”. O departamento da Xunta entende que o acordo asinado cos restantes sindicatos representa a maioría do profesorado. A visión da CIG é substancialmente diferente.


Ligazóns

4,5/5 (2 votos)


Comentarios (14)

Barcelos #1 3/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aquí non se trata de ver quen gana. Se o 37% ou o 73%. Os mesmos números ao revés. Trátase de arranxar o horario escolar.
Unha vergonza polas dúas partes:
* Facer unha lei sen contar co colectivo paréceme sangrante.
* Ir por libre como fai a CIG paréceme insolidario.

Cesare #2 3/Maio/2007 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pero quen é o colectivo? os nenos e nenas, os pais e nais e a sociedade en xeral que busca a mellor educación prós rapaces, ou o profesorado?

Cesare #3 3/Maio/2007 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Despois de ler todos os comentarios anteriores, chámame especial atención os deses que din defender os seus dereitos. Pois claro. Uns señores que teñen dous meses de vacacións mínimo, que poden permanecer todo o máximo 35 horas semanais nos centros, que non poden ser despedidos agás en caso de procesamento criminal, que non son avaliados no seu rendemento nin unha soa vez ao longo de 40 anos de vida profesional, podían decatarse de que son uns privilexiados. Por suposto, tamén os pilotos de iberia fan folga. E tamén son xente moi aprezada pola sociedade.
Non estou falando de calidade do ensino. Se falásemos de calidade do ensino e de por que Galiza está á cola quizais teriamos que tomar algunhas medidas máis drásticas, e non relear por dúas horas en xuño.

fuco-lois #4 3/Maio/2007 fuco-lois
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cesare, se tanto chollo é ser ensinante.Xa sabes, facultades hai abondo (como cogumelos), e oposicións todos os ano. ¿Animo!

Barcelos #5 3/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cesare. Todos os comentarios anteriores son un. O meu. A non ser que contes tamén o teu.
Estás seguro que os pais buscan a mellor educación para os fillos ou buscan o horario de guardería que lles convén?
Moitos pais pensarán que aprender galego é unha perda de tempo como pensaron no seu día co latín e eliminárono.
Para min o primeiro colectivo son os profesores. Están en contacto coa realidade e ven o fracaso do ensino. Xa que logo, son os que máis poden aportar para aumentar a calidade.
Non é o único colectivo pero sí o máis importante.

xoca #6 4/Maio/2007 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non vexo os critérios pedagoxicos da medida por algures, so se fai fincapé no critério de gardeiria a que nos ten acostumados a administración educativa, o que fai con esta medida a sra. conselleira é procurar gañar votos é unha medida eleitoralista, o costa da formación dos meniños aos que sobmete a un castigo, non me importa o que pasa cos profesionais que cobran, o duro é ver como van a aturar os meniños polas tardes de calor en especialmente en xuño (non esquecer que temos unha hora diferente a que nos corresponde ao uso horário) os meniños terán que soportar a aula na hora de máis calor a non ser que climaticen os centros educativos.

marisol #7 4/Maio/2007 marisol
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É unha exaxeración demagóxica dicir que con esta medida se pretende convertir os coles en garderías, é unha exaxeración convocar unha folga por este motivo, ou pretender desviar o debate presentando aos críticos como resentidos que quererían ser mestres, esta folga revela a cativa idea que teñen do ensino público unha parte dos ensinantes, mais sí vocación dos ensinantes e servirse a sí mesmos do sistema. E non vexo a perda de dereitos por ningures por traballar unha hora máis, tendo en conta todos os meses de vacacións do profesorado, por iso, manter esta postura inflexíbel é un desprezo ao resto da clase traballadora e unha soberbia difícil de entender. Por último, non utilicen aos rapaces como coartada dicindo que homoxeneizar o horario é unha medida cruel para o alumnado. E sorprendeme abondo que un sindicato coma a CIG entre nesta estratexia que o único que fai é desacreditar a profesión, o ensino público e ao propio sindicalismo.

greve #8 4/Maio/2007 greve
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E espectacular a falla de solidariedade entre os traballadores. Se eu vexo que outro traballador ten mellores condicións laborais ca min vou pedir que llas rebaixen.
Por suposto que non quero millorar eu. Non. Quero que empeore o outro.
E se protesta porque lle fan traballar trinta horas mais no ano a cambio de nada. Que se foda.
A ningun traballador se lle ocorre protestar por semellante cousa, sobre todo sabendo que todos temos outros traballadores cerca que teñen peores condicións laborais que nós, que traballan mais horas, que teñen menos vacacións, ou ningunha, que cobran menos, que estan sen asegurar...

Barcelos #9 4/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Neste mundo todos crémonos que o traballo do outro é mellor que o noso.
Mellor non falar dos futbolistas de élite.
Estou de acordo en que certas folgas adoitan prexudicar ao inocente, por iso creo que os traballadores que se sentan prexudicados polos seus xefes deben de buscar unha forma de protesta que só prexudique aos seus xefes e se ademais a súa protesta beneficia aos demais mellor.
Exemplo.- Que estás encabuxado co prezo do leite. En lugar de cortar as estradas e foder ao veciño que non ten a culpa, regálalle o leite a ese veciño e fódese o teu xefe.

Buscádelle unha forma de protesta aos mestres que non prexudique a alumnos e pais e se amole aos seus xefes.

Barcelos #10 4/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Traballas nun Banco e estás en desacordo en como che explotan os xefes?
Regálalle as comisións da hipóteca ese mes e verás que contentos se poñen os clientes e como se cabrean os teus xefes.

Barcelos #11 4/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Traballas de camareiro e explótache o patrón?
Caña para todos gratis.

suygara #12 4/Maio/2007 suygara
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero en que país vivimos!, que lle pasa a xente?. É que agora xa non debemos loitar contra as imposicións gratuitas?, eu que pensaba que xa deixaramos atrás o feixismo!, pois non, resulta que agora calquer conselleiro/a pode sacar da manga calquera cousa que se lle ocorra sen consensuala co colectivo afectado e o debandito colectivo... a calar e a achantar con todo.
E resulta que os insolidarios e egoistas, somos os mestres.

Barcelos #13 4/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tes razón. Suspende ao fillo do Conselleiro. Ou mellor aínda, mándalle que che traia unha nota asinada cen veces polo seu pai que diga. O meu pai é un burro.

Barcelos #14 4/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Oh. Non podes. O fillo do Conselleiro vai a unha escola privada.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: