GPUL e GALPÓN acusan ao Goberno non cumprir os seus propios acordos, que estabelecen que a Xunta adoptará o software libre.
Touriño e a Presidenta de Microsoft nunha recente xuntaza
A recente adxudicación da Xunta a El Corte Inglés de 1,4 millóns en licenzas de Microsoft caeu como unha xerra de auga fría no movemento galego a prol dos programas libres. Non sen motivos, pois o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), aprobado polo Consello de Goberno e o Parlamento como guía da política tecnolóxica, establece a “adopción de software libre por parte da Xunta de Galicia”.
Accións contraditorias
Dende o Grupo de Usuarios de Linux (GPUL) denuncian que con esta adxudicación “parece que a Xunta, ou polo menos a maior parte dela, non está pola labor de aplicar esa política”.
Cómpre lembrar que o polémico concurso é dunha consellaría, Presidencia, controlada polo PSdG; mentres que o PEGSI, aínda que debe aplicalo toda a Xunta, é unha iniciativa de Industria, nas mans do BNG.
Contra as recomendacións de Bruxelas
Tanto o GPUL como o Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPÓN) coinciden que a compra destas licenzas é contraditoria coa postura oficial do Goberno. “Se os programas usados na Xunta son privativos a información non é accesible para os cidadáns en formato estándar e polo tanto vai en contra do PEGSI e das recomendacións da Unión Europea”, explica Carlos Rodríguez, presidente de GALPON.
De “pouco xustificábel” cualifica esta adxudicación Emilio Padrón, voceiro do GPUL, pois “cun millón de euros e dous anos a Xunta tería abondo para migrar estes programas a software libre”.
Converter o gasto en inversión
O GPUL reclama “un cambio progresivo e constante” para que o Goberno aforre en licenzas e logre a “independencia tecnolóxica das multinacionais”, que son precisamente dous dos obxectivos fixados no PEGSI.
Dende GALPÓN explícase que o gasto de 1,4 millóns poderíase converter “nunha inversión se o pagamento fose para que desenvolvedores galegos melloren os programas segundo os desexos da Xunta”.
Certamente ademáis de GLUG e GALPON, como ven se dí enriba, eu engadiría tódalas asociacións e en xeral toda a comunidade a prol do software libre está en contra desta decisión contraria ó PEGSI.
E lóxico que o cambio sexa gradual, pero isto non é un cambio certamente é unha tomadura de pelo, xa digo que baixo meu punto de vista, para todos os esforzos que están a levarmos as asociacións.
En resumo, una boa bofetada por parte da decisión da Xunta e un gasto innecesario.
Este "Torito" muito falar de salvar a fenda dixital, muito falar de tecnoloxia e non se inteira de nada, meu rei.A chefa de 'mocosoft' en Spain logo de perder unha morea de ventas en licenzas, porque cada volta somos mais quen non precisamos 'windows' para viver, vai e mete-lle este gol ao presi, ao 'Torito'. Soa-vos iso de que sempre vai parar o lixo aos paises pobres e subdesenvoltos...pois iso!!!